Martín Fernández Prado
Lugo  1966

Doutor arquitecto en Urbanismo. É profesor de Urbanismo na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña. Máster de Arquitectura en Urbanismo pola Universidade de Harvard.

Foi director Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia (2003-2005). Foi tenente de alcalde de Medio Ambiente,Territorio e Infraestruturas no Concello da Coruña (2011-2015). Na actualidade é concelleiro na cidade da Coruña desde 2011. Coordinador de territorio-infraestruturas do PPdeG desde 2006 ata 2016. Membro das distintas direccións do PP da Coruña e da cidade da Coruña no período do 2005 ata a actualidade. Presidente da Comisión de Urbanismo do PP da cidade da Coruña do 2005 ao 2011.

Na X Lexislatura no Parlamento de Galicia é presidente da Comisión non permanente sobre Seguridade Viaria e voceiro do GPP na Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, e na área de Universidades.


Contacto:
Partido Popular
Foto de MartínFernández Prado
Circunscrición de A Coruña

Asistencias ós órganos parlamentarios

Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Ser.

  • Vogal na reunión do martes, 03 de outubro de 2017, ás 16:00
  • Vogal na reunión do xoves, 19 de outubro de 2017, ás 10:31

Pleno do Parlamento

  • Deputado na reunión do martes, 26 de setembro de 2017, ás 10:00
  • Deputado na reunión do mércores, 27 de setembro de 2017, ás 10:00
  • Deputado na reunión do mércores, 04 de outubro de 2017, ás 10:00
  • Deputado na reunión do venres, 06 de outubro de 2017, ás 11:00
  • Deputado na reunión do martes, 17 de outubro de 2017, ás 10:00
  • Deputado na reunión do mércores, 18 de outubro de 2017, ás 10:00

Mesa da cnp de estudo sobre a seguridade viaria en Galicia

  • Presidente na reunión do luns, 25 de setembro de 2017, ás 11:30
  • Presidente na reunión do luns, 09 de outubro de 2017, ás 11:30

Comisión non permanente de estudo sobre a seguridade viaria en Galicia

  • Presidente na reunión do xoves, 28 de setembro de 2017, ás 10:35
  • Presidente na reunión do xoves, 19 de outubro de 2017, ás 16:05

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408