Na súa condición de primeira institución da Comunidade Autónoma, o Parlamento de Galicia e os 75 deputados e deputadas que o integran deben gozar sempre da máxima visibilidade social e da maior accesibilidade posible.

Ese é o obxectivo desde directorio -modesto na forma pero ambicioso no fondo- que xorde con vocación de ser útil para cantos, dun ou doutro xeito, teñen relación ou necesitan contactar cos seus representantes no lexislativo galego.

Ben sexa a través da edición en papel, ou da súa versión electrónica, esta publicación pretende contribuír a abrir as portas da Cámara e a facilitar un maior contacto dos cidadáns cos seus representantes na Cámara autonómica.

Benvidos todos e todas ao Parlamento de Galicia, a túa casa.

Interior Parlamento

© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408