Actualidade Parlamentaria do Parlamento de Galicia
Noticias do Parlamento de Galicia
2018-08-21T06:49:27Z http://www.parlamentodegalicia.gal/sitios/web/Contenidogal/rss/AnunciosRss.aspx Copyright (c) Parlamento de Galicia Sharepoint generator Parlamento de Galicia webmaster@parlamentodegalicia.gal Santalices asina a acta do Xurado dos Premios Rebulir da Cultura Galega na súa condición de presidente de honra

 
Santiago, 30 de xullo de 2018.- O titular do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, na súa condición de presidente de honra do Xurado dos Premios Rebulir da Cultura Galega, asinou este mediodía en Santiago a acta do xurado encargado de conceder estes galardóns logo da reunión celebrada esta mañá en Ourense. O fallo do xurado farase público esta tarde.
 
A sinatura da acta tivo lugar no transcurso dunha reunión do presidente do Parlamento con Alexandre Sotelino Losada, profesor da USC,  director artístico/académico do Festival Internacional Rebulir (FIR) e secretario do Xurado dos Premios Rebulir.
 
O Xurado dos Premios Rebulir da Cultura Galega está presidido por  Sandra González Sousa (presidenta da AC. Rebulir) mentres que actúa como secretario Alexandre Sotelino Losada (profesor da Universidade  de Santiago de Compostela e director artístico/académico do FIR). Tamén integran o xurado, como vogais, Juan Carlos Rodríguez Matías (alcalde do Concello de Ramirás), Rosendo L. Fernández Fernández (vicepresidente da Deputación  de Ourense), Anxo M. Lorenzo Suárez (secretario xeral de Cultura da Xunta de  Galicia), Susana Durán González (directora administrativa do FIR), e  Xosé M. Cid Fernández (profesor da Universidade de Vigo).
 
Os Premios Rebulir da Cultura Galega naceron no ano 2012 como recoñecemento a persoas e colectivos  que contribúan á difusión e posta en valor da cultura galega nas súas diferentes manifestacións. A entrega ten lugar cada ano na gala central do Festival Internacional Rebulir, que se celebra en Ramirás (Ourense) O galardón consta de tres categorías: Música galega, Patrimonio oral inmaterial e Premio homenaxe.

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-07-30T13:32:00Z 2018-07-30T13:33:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2718/
Os Premios de Publicidade en Galego incorporan, na súa XXV edición, un premio extraordinario para centros educativos

 
• O presidente do Parlamento, o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta e o presidente do Foro Enrique Peinador ultimaron os detalles da convocatoria nunha reunión celebrada este mediodía
 
• Os premios teñen como obxectivo promover a publicidade en lingua galega e contan con cinco categorías: radio, televisión, internet, prensa escrita e unha extraordinaria para alumnado de centros educativos
 
Santiago, 30 de xullo de 2018.- Os Premios de Publicidade en Galego, que en 2018 acadan a súa XXV edición, incorporarán este ano unha categoría extraordinaria que recoñecerá proxectos elaborados por alumnado de centros educativos e que se sumará ás catro que se viñan recoñecendo ata o de agora: radio, televisión, internet e prensa escrita.
 
As bases da convocatoria da XXV edición dos Premios de Publicidade en Galego foron aprobadas nunha reunión celebrada este mediodía no Parlamento de Galicia coa participación do titular da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira; o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García Gómez; e o presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González Martínez.
 
Estes premios recoñecen accións publicitarias difundidas ou transmitidas integramente en galego entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017. O prazo de inscrición na convocatoria estará aberto para o 11 de outubro de 2018 e os premios entregaranse no mes de novembro deste ano.
 
Nas categorías de radio, televisión, Internet e prensa escrita establécense dúas modalidades de premio: para a empresa anunciante e para a axencia de publicidade autora do anuncio. 
 
O premio extraordinario busca recoñecer os traballos realizados polo alumnado dos centros educativos especializados nalgunha das áreas de coñecemento que teñan que ver coa publicidade durante o curso 2017-2018. Estes centros deberán formalizar tamén a folla de inscrición.
Ata o ano 2016 os Premios de Publicidade en Galego viñan sendo convocados polo Consello Asesor de RTVE-G e da Corporación da RTVG, agora disolto. Desde 2017, son convocados pola Secretaría  Xeral de Política Lingüística da Xunta, coa colaboración do Parlamento de Galicia e do Foro Enrique Peinador.
 
Gañadores da pasada edición
 
Na pasada edición dos Premios de Publicidade en Galego resultaron gañadores, na categoría de televisión, o traballo “Imposible sen ti”, da axencia Tex 45 Producións SLU, por encargo de Abanca Corporación Bancaria, SA. O premio da categoría de radio foi para o anuncio “Medo a quedar sen datos”, da axencia Bap&Conde, para R Cable e Telecomunicacións Galicia, SA. Na categoría Internet resultou galardoado o anuncio “A túa compra, os teus temazos”, da axencia Nasas, axencia creativa de márketing online, elaborado por encargo de Gadisa Retail, SLU. O xurado declarou deserto o premio á categoría de prensa escrita porque o traballo presentado non se axustaba ás bases da convocatoria.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicacion do Parlamento de Galicia.
 

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-07-30T12:53:00Z 2018-07-30T14:03:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2717/
Santalices pide “consenso” e “fórmulas imaxinativas” para “preservar a viabilidade do Estado de Benestar”

 
• O presidente do Parlamento de Galicia exerceu como delegado rexio na Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago, unha tradición que cumpre 375 anos
 
• Sinala a crise demográfica como un dos grandes desafíos do momento e reclama “condicións axeitadas para que criar e educar aos fillos deixe de ser unha ousadía para os seus proxenitores”
 
• Avoga por unha “política migratoria consensuada, blindada fronte a bandazos tacticistas ou brotes xenófobos”
 
• “Que España atope un camiño de concordia, no que todas as sensibilidades teñan acomodo dentro do respecto á lei, onde a diversidade ideolóxica, cultural, lingüística, histórica, económica ou de xénero sexan sempre factores de enriquecemento e xamais de ruptura ou enfrontamento entre
iguais”
 
• Lamenta os casos de corrupción  e apunta que “con independencia dos feitos que deben xulgar os tribunais, resulta imprescindible que todos pidamos desculpas -con responsabilidade ou sen ela- polos erros cometidos e seguir reforzando os mecanismos de prevención”
 
Santiago, 25 de xullo de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, presentou hoxe, en representación do Rei Felipe VI, a Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago, unha tradición que cumpre 375 anos.
 
Durante a súa intervención, pronunciada no transcurso cunha cerimonia litúrxica celebrada na Catedral de Santiago, o oferente reclamou “consenso” e “fórmulas imaxinativas” aos dirixentes políticos para afrontar desafíos como a preservación do Estado de benestar ou a crise demográfica.
 
“Preservar a viabilidade do Estado de benestar- que se manifesta través da sanidade, a educación, os servizos sociais, a atención as persoas en situación de vulnerabilidade, o sistema público de pensións e tantas outras prestacións- constitúe unha obriga moral que a todos concerne”, dixo Santalices. “Trátase dunha meta difícil, pero alcanzable”, engadiu.
 
Conciliación como prioridade
 
Respecto á crise demográfica, “que compromete o noso futuro”, o delegado rexio considerou que “crear as condicións adecuadas  para que criar e educar aos fillos deixe de ser unha ousadía para os seus proxenitores é unha necesidade imperiosa; facilitar a conciliación debería ser unha prioridade en calquera contorno laboral”. Porque “sen nenos non hai futuro”.
 
O presidente do Parlamento referise á crise migratoria como outro dos retos actuais. Apuntou que Europa “bota de menos unha política migratoria consensuada, blindada fronte a bandazos tacticistas ou brotes xenófobos; medidas ambiciosas que contemplen aos migrantes como persoas, que busquen a integración e fuxan dos guetos, que aposten pola educación que inmunice fronte a hipotéticas e indesexables radicalizacións”.
 
Nunha invocación ateigada de contido social, Santalices Vieira tivo presentes ás familias, ás persoas migrantes, ás afectadas pola crise, ás persoas con adiccións ou ás que padecen algunha doenza. “Aliviar o padecemento físico e psicolóxico do enfermo –agregou- e ofrecer coidados paliativos  a quen o necesite ao final da vida eríxese nunha obriga moral fronte á que non resultan admisibles os atallos”.
 
Mandato ético fronte aos incendios
 
O delegado rexio falou tamén da ameaza que supoñen os incendios  forestais e apuntou que “facer canto estea ao noso alcance para previlos, cumprir o ordenamento xurídico e manter unha actitude vixiante fronte  a este tipo de delincuencia constitúe un mandato ético inescusable para todas as persoas de boa vontade”.
 
Reiterou Santalices a condena social fronte á violencia de xénero, un drama que ao seu xuízo, require “un enfoque global, máis aló dos recursos institucionais; un enfoque que conte coa implicación de particulares e institucións, que comece no fogar e na escola, e corrixa condutas inapropiadas que en ocasións se desencadean a partir de patróns observados na propia rede”.
 
Honrar a memoria das vítimas
 
Na Ofrenda ao Apóstolo, o presidente do Parlamento lembrou ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois, ás vítimas do terrorismo e de calquera outra forma de violencia. “Perpetuemos e honremos a súa memoria, a memoria de todas as vítimas”, dixo.
 
Para Galicia, Santalices pediu “seguir transitando por sendas de entendemento, estabilidade e crecemento económico que a todos estenda os seus efectos positivos”.
 
O delegado  rexio tivo presente na súa invocación á xuventude, “para  que se impregne de valores humanos e, unha vez concluída a etapa formativa, atope un futuro laboral estable que lle permita formar unha familia e construír unha sociedade mellor”; e tamén aos maiores “para que logo dunha vida de traballo e sacrificio, pidan desfrutar do seu outono vital con plenitude e serenidade, nun contorno de respecto, cariño e recoñecemento ao seu legado”.
 
O oferente fixo votos “por cada un dos españois e galegos -tamén cantos exercemos responsabilidades públicas- para que nos esforcemos por actuar con rectitude e honestidade, na procura dunha sociedade máis xusta, harmoniosa e inclusiva”.
 
Para o rei Felipe VI, o presidente do Parlamento  desexou “que continúe exercendo as súas responsabilidades con acerto, moderación e eficacia, ao servizo dunha España que sexa fogar común para todos os seus habitantes”.
España como espazo de concordia
 
Nesta liña, sinalou que “queremos unha España que sexa quen de atopar un camiño de concordia, no que todas as sensibilidades teñan acomodo dentro do respecto á lei, onde a diversidade ideolóxica, cultural, lingüística, histórica, económica ou de xénero sexan sempre factores de enriquecemento e xamais de ruptura ou enfrontamento entre iguais”.
 
“Unha España –agregou Santalices- na que todas e todos gocemos dos mesmos dereitos e teñamos acceso a prestacións e servizos públicos similares, con independencia da idade ou lugar de residencia”.
 
Pedir desculpas
 
O presidente do Parlamento de Galicia fixo tamén referencia aos casos  de corrupción que afectan á credibilidade das institucións.  “Con independencia dos feitos que deben xulgar os tribunais, resulta imprescindible que todos pidamos desculpas –con responsabilidade ou sen ela- polos erros cometidos e seguir reforzando os mecanismos de prevención para impedir que accións deste tipo podan repetirse no futuro”.
 
Recordou Santalices que canda a festividade litúrxica do Apóstolo Santiago, desde hai 99 anos se celebra o Día da Patria Galega e, en datas máis recentes, o Día de Galicia; “unha festa patriótica, patrimonio de todos, ao igual que esta solemne cerimonia relixiosa”. O presidente do Parlamento rematou a súa invocación desexando “que estas e calquera outra celebración sexan sempre fonte de unión no esencial para sermos mellores”.
 
Rematada a cerimonia na Catedral, o presidente do Parlamento dirixiuse ao Pazo de Raxoi,  onde asinou no libro de ouro da cidade e asistiu á recepción ofrecida polo
Concello de Santiago na honra do delegado rexio.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-07-25T13:08:00Z 2018-07-25T13:10:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2716/
A presidenta do Consello da Cultura Galega efectúa unha visita institucional ao Parlamento de Galicia

 
 
Santiago, 24 de xullo de 2018.- A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez Blanco, efectuou esta mañá unha visita institucional ao Parlamento de Galicia, onde foi recibida polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
A visita enmárcase na rolda de contactos que a presidenta do Consello da Cultura Galega está a efectuar logo de tomar posesión.
 
O presidente do Parlamento reiterou a súa felicitación a Rosario Álvarez, fixo votos por unha xestión exitosa á fronte do Consello da Cultura Galega e brindoulle a colaboración institucional do Lexislativo Galego.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-07-24T10:53:00Z 2018-07-24T10:55:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2715/
O Consello de Contas entrega no Parlamento a memoria anual do ano 2017 e os informes de fiscalización referidos ao ano 2016

 
 * O Consello de Contas de Galicia presentou a súa Memoria correspondente ao ano 2017 e 10 informes de fiscalización
 * Estes informes engádense aos presentados en febreiro deste ano, de forma que ata a data téñense presentados un total de 28
¨* A Conta Xeral da Comunidade Autónoma reflicte razoablemente a actividade económico-financeira desenvolvida no exercicio 2016
 * O 95% das entidades locais remitiron as  súas contas ao Consello de Contas de Galicia
 * O gasto por habitante dos concellos galegos foi de case 795 euros, por baixo da media nacional que se sitúa en 951 euros

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2018.- O conselleiro maior do Consello de Contas, José Antonio Redondo, entregou esta mañá ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, a memoria e as contas correspondentes ao ano 2017 e os seguintes informes de fiscalización,  que se atopan na páxina web do Consello de Contas:
 
- O Informe de fiscalización da Conta Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, exercicio 2016, que inclúe a Declaración definitiva sobre o seu exame e comprobación
- O Informe económico – financeiro das entidades instrumentais autonómicas, exercicio 2016
- O Informe de fiscalización da Conta Xeral do Servizo Galego de Saúde, exercicio 2016
- O Informe de fiscalización da Conta Xeral das Entidades Locais de Galicia, exercicio 2016
- O Informe de fiscalización de Fondos europeos, exercicio 2016
- O Informe de seguimento de recomendacións ás fundacións sanitarias públicas (Medicina Xenómica, Ingo e Fegas)
- O Informe de fiscalización do procedemento de xestión do inventario de bens do Sergas, exercicios 2015-2016
- O Informe de fiscalización do gasto en atención residencial a persoas maiores e dependentes
- O Informe de fiscalización da tesouraría da Administración Xeral, exercicios 2014-2016
- O Informe de fiscalización selectiva sobre a farmacia hospitalaria, exercicios 2014-2016
 
Esta remisión engádese á realizada o 9 de febrerio deste
ano, na que se presentaran os seguintes informes:
 
- O informe de fiscalización dos Fondos de Compensación Interterritorial
- Os informes de fiscalización dos Concellos de O Barco de Valdeorras, de Oleiros, de Santiago de Compostela e de Marín.
- O informe de fiscalización sobre a estabilidade orzamentaria das Corporacións Locais de Galicia.
- Os informes de fiscalización das resolucións e acordos contrarios aos reparos e dos acordos adoptados con omisión do trámite de fiscalización previa dos Concellos de Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense e Pontevedra, e das catro Deputacións Provinciais.
- O informe global de fiscalización das resolucións e acordos contrarios aos reparos e dos acordos adoptados con omisión do trámite de fiscalización previa.
 
No que vai de ano, o Consello de Contas de Galicia remitiu ao  Parlamento un total de 28 informes.
 
Declaración definitiva da Conta Xeral da Comunidade
Autónoma 2016
 
O informe de fiscalización da Conta Xeral da Comunidade Autónoma correspondente ao exercicio 2016 contén por primeira vez a opinión sobre a representatividade xeral dos estados contables da Administración xeral, o Sergas e as demais entidades instrumentais autonómicas.
 
Segundo a dita opinión, o Pleno do Consello de Contas declara que a Conta Xeral reflicte razoablemente a actividade económico-financeira desenvolvida no exercicio 2016, presentando determinadas deficiencias e limitacións que se sinalan nos respectivos informes de fiscalización.
 
Rendición das entidades locais
 
Do total de entidades locais de Galicia, o 95% remitiron as súas contas ao Consello, considerándose rendidas sen defectos o 93%. Das contas rendidas, as correspondentes a 76 entidades foron remitidas fóra de prazo.
 
Cabe destacar que o gasto por habitante nos concellos de Galicia se situou no 2016 en case 795 euros, un 5% menos que o ano pasado, por baixo da media nacional que se sitúa en 951 euros.
 
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-07-20T11:54:00Z 2018-07-20T11:55:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2714/
Minuto de silencio no Parlamento de Galicia en sinal de repulsa contra o crime por violencia de xénero rexistrado na Coruña

 
Santiago, 20 de xullo de 2018.- O Parlamento de Galicia acolleu esta mañá unha concentración de un minuto de silencio en sinal de repulsa contra o crime por violencia de xénero rexistrado na Coruña. Participaron no acto o presidente do Parlamento de Galicia,  deputadas e deputados, así como persoal da Cámara, do Valedor do Pobo e do Consello de Contas.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-07-20T11:21:00Z 2018-07-20T11:22:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2713/
O xefe da Garda Civil en Galicia despídese do presidente do Parlamento


O xefe da Garda Civil en Galicia despídese do presidente do Parlamento
 
Santiago, 18 de xullo de 2018.- O xeneral de brigada Ángel Alonso Miranda, ata o de agora xefe da Garda Civil en Galicia, efectuou este mediodía unha visita protocolaria de despedida ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
O xeneral Alonso Miranda, natural de Verín,  deixa a xefatura da Garda Civil en Galicia logo de ser designado para dirixir o Centro de Intelixencia contra o Terrorismo e o Crime Organizado (CITCO).
 
O presidente do Parlamento desexou éxito ao xeneral Alonso no seu novo destino.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-07-18T13:48:00Z 2018-07-18T13:50:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2712/
Parlamento, Xunta e Museo do Pobo Galego patrocinarán unha exposición de artistas plásticos bávaros e galegos

 
• A mostra poderá visitarse no Museo do Pobo Galego ao longo do cuarto trimestre de 2018 e enmárcase nos intercambios que artistas de Galicia e Baviera protagonizan desde hai máis de dúas décadas
 
Santiago, 18 de xullo de 2018.- O Parlamento de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Museo do Pobo Galego patrocinarán conxuntamente unha exposición  que amosará, en Santiago, obras de artistas bávaros e galegos.
 
O acordo formalizouse esta mañá coa sinatura dun protocolo de colaboración asinado polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira; o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González; o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi González.
 
A mostra levará por título “Galicia-Baviera” e permitirá dar continuidade ao intercambio que artistas galegos e alemáns da rexión de Baviera veñen desenvolvendo desde hai máis de 20 anos.
 
A exposición estará aberta ao público no Museo do Pobo Galego, en Santiago, durante o cuarto trimestre de 2018. De xeito paralelo, as institucións asinantes do protocolo editarán un catálogo recompilatorio das obras expostas, ademais de organizar unhas xornadas de encontro nas que tomarán parte artistas galegos e bávaros. O responsable artístico a mostra será o pintor galego Antón Sobral Iglesias.
 
O presidente do Parlamento adiantou que impulsará a promoción desta mostra a través da Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas (CALRE), da que tamén forma parte Baviera. Logo de ser amosada en Santiago, a exposición viaxará a Alemania.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-07-18T11:19:00Z 2018-07-18T13:38:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2711/
Parlamento e Asociación de Ex deputados/as impartiron 58 charlas divulgativas no curso escolar 2017-2018

 
• Estas actividades contaron coa asistencia de máis de 4.000 alumnos de ESO, Bacharelato e universidade
 
Santiago, 17 de xullo de 2018.- O Parlamento de Galicia e a Asociación de Ex parlamentarios/as da Cámara organizaron durante o curso 2017-2018, un total de 58 charlas divulgativas para dar a coñecer a realidade e o funcionamento do Lexislativo autonómico. Os cálculos da Asociación de Ex Parlamentarios/as sinalas que participaron nestas actividades divulgativas máis de 4.000 alumnos e alumnas de ESO, Bacharelato e tamén universitarios.
 
O ciclo de charlas divulgativas sobre o Parlamento de Galicia púxose en marcha no ano 2011 para dar a coñecer a institución ao estudantado de ESO e Bacharelato. As charlas son impartidas por ex deputados da Cámara desde unha óptica plural na medida en que habitualmente participan representantes de tres formacións políticas diferentes. A actividade comeza coa proxección dun vídeo sobre o Parlamento e, logo da exposición de cada un dos relatores, o alumnado abre unha rolda de preguntas.
 
No curso actual, este ciclo de charlas estendeuse tamén ao ámbito universitario, no que se celebraron 7 charlas.
 
A aceptación desta actividade por parte da comunidade educativa presenta unha tendencia ascendente, ao pasar das 20 charlas celebradas na primeira edición ás 58 deste curso.
 
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, expresa o seu agradecemento aos integrantes da Asociación de Ex Parlamentarios que participaron na organización e impartición desta actividade. 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-07-17T11:58:00Z 2018-07-17T11:58:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2710/
Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 13-07-2018

 
A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 13 de xullo de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 29452 (10/PNC-002343)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Salorio Porral, María Soraya e 6 máis
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia dos cambios normativos necesarios para adaptar a limitación de potencia dos motores das embarcacións de recursos específicos ás necesidades da frota
BOPG n.º 296, do 25.04.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a promover os cambios normativos necesarios para adecuar ás necesidades da frota a limitación de potencia dos motores das embarcacións de recursos específicos."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 22248 (10/PNC-001807)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para garantir a igualdade nas prestacións entre o persoal que desenvolve as súas funcións no Servizo de Gardacostas, tanto estatutario coma externalizado
BOPG n.º 241, do 17.01.2018
 
Sométese a votación a transacción coa emenda do G.P. Popular de Galicia, doc. núm. 33409, e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a impulsar as seguintes medidas:
 
1.- Dirixirse ao Ministerio de Emprego e Seguridade Social para que modifique a actual normativa en vigor de xeito que nas actividades que determinan a redución da idade mínima de xubilación e coeficientes redutores da Mariña Mercante se inclúan as embarcacións e buques de inspección, busca, salvamento e loita contra a contaminación adscritas ao servizo das administración públicas.
 
2.- Requirir a aplicación dos coeficientes redutores ao persoal estatutario que desenvolve labores de inspección, salvamento e loita contra a contaminación a bordo de embarcacións da Administración, con carácter retroactivo, de acordo aos criterios da Mariña Mercante establecidos no Real Decreto 1311/2007, de 5 de decembro e da Circular núm. 4/2017 de aplicación dos coeficientes redutores da idade de xubilación no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores do Mar, acorde coas competencias e funcións que desempeñan."

- 30710 (10/PNC-002468)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa defensa dos dereitos dos mariñeiros galegos que traballaron en buques de Noruega a percibir dese estado as súas pensións de xubilación
BOPG n.º 305, do 16.05.2018
 
Sométese a votación a transacción coa emenda do G.P. dos Socialistas de Galicia, doc. núm. 33406, e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a dirixirse ao Goberno español en demanda de:
 
- Que adopte as medidas legais que corresponda ao amparo do Convenio Europeo de Dereitos Humanos e do Regulamento do Tribunal Europeo de Dereitos contra o Reino de Noruega ("Demanda Interestatal" e/ou intervención como terceira parte en "Demanda Individual”), que está incumprindo o Convenio Europeo de Dereitos Humanos, ao vulnerar a prohibición de discriminación por razón de nacionalidade por ter esixido a residencia para a inclusión no sistema noruego de seguridade social aos mariñeiros galegos embarcados en buques deste país, requisito que, polo contrario, non se esixía aos nacionais noruegos empregados nos mesmos barcos, sen xustificación obxectiva e razoable para isto.
- Que tanto se adopta a medida de interposición dunha "Demanda Interestatal" como da e/ou intervención como terceira parte en "Demanda Individual", o faga en función dos intereses e das necesidades que manifesten os traballadores do mar da asociación Long Hope, que xa están litigando na actualidade contra o Reino de Noruega deste Estado membro do Consello de Europa para esgotar a vía interna antes de acudir ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos.
- Que inicie ao mesmo tempo una negociación real, inmediata e directa co Reino de Noruega para alcanzar un acordo que permita poñer fin satisfactoriamente á situación de desprotección social na que se atopan os mariñeiros emigrantes en buques de Noruega.
 
O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a apoiar técnica e económicamente aos mariñeiros galegos afectados nas súas demandas ante os tribunais de Noruega na defensa dos seus intereses e dereitos, sempre que o soliciten."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-07-13T16:08:00Z 2018-07-13T16:13:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2709/
Acordo da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 12-07-2018

A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 12 de xullo de 2018, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 32902 (10/PNC-002690)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 4 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co disposto na disposición adicional segunda da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero
BOPG n.º 331, do 04.07.2018
 
Sométese a votación por puntos a transacción coa emenda do G.P. Popular de Galicia, doc. 33365, cos resultados seguintes:
 
Puntos 1, 2 e 4, rexeitados por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
Puntos 3 e 5, aprobados pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia, en cumprimento do disposto na Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, ao seguinte:
 
1. A dirixirse ao Goberno Central para que polos distintos departamentos ministeriais competentes na materia se reestruturen os protocolos para que a valoración do risco de novas agresións e do risco vital complementen as valoracións dos Corpos e Forzas de Seguridade coas informacións das Unidades de Valoración Forense Integral, os centros de saúde, Centros da Muller ou Servizos Sociais, entre outros.
 
2. Establecer plans formativos para a especialización prioritaria dos profesionais das UVFI."
 
 
Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2018

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-07-13T11:15:00Z 2018-07-13T11:15:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2708/
O Parlamento de Galicia súmase ao loito polo falecemento de Fernández Albor

 
• As bandeiras ondean a media hasta en sinal de loito e o presidente do Parlamento púxose a disposición da familia do falecido
 
Santiago, 12 de xullo de 2018.- O Parlamento de Galicia sumouse aos tres días de loito oficial decretados tras o falecemento do ex-presidente da Xunta e ex-deputado Gerardo Fernández Albor.
 
Deste xeito, as bandeiras ondean a media hasta no Parlamento desde este mediodía e o presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, trasladou, en nome propio e no do Parlamento, as súas condolencias á familia do falecido no tanatorio compostelán onde se velan os restos de Fernández Albor.
 
Nada máis ter coñecemento do óbito, o presidente do Parlamento púxose a disposición da familia do falecido.
Santalices Vieira, considera  a Fernández Albor “un dos piares da autonomía galega”. Ao seu xuízo, a sociedade galega está en débeda con Fernández Albor polo seu traballo “sempre desinteresado, mais non sempre comprendido no seu tempo, na edificación do autogoberno de Galicia”.
 
“O legado de Fernández Albor, galego universal, que amou intensamente a Galicia sen deixar por iso de sentirse profundamente español e europeo, permanecerá imperecedoiro na memoria colectiva. Descanse en paz un galego bo e xeneroso”, afirma Santalices.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-07-12T14:43:00Z 2018-07-12T19:15:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2707/
Unha delegación dos lexislativos estatais de Estados Unidos visita a Cámara galega

 
• Participaron representantes das cámaras dos estados de  Dakota do Sur, Illinois, Wisconsin, Carolina do Norte, Kentucky, Texas e Novo México, ademais de integrantes da estrutura da NCSL

Santiago, 12 de xullo de 2018.- Unha delegación da Conferencia Nacional de Lexislaturas Estatais de Estados Unidos (NCSL) visitou este mediodía o Parlamento de Galicia, onde mantiveron un encontro co presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieita, ademais de efectuar unha visita á sede do Lexislativo galego.
 
A delegación está encabezada pola presidenta da NCSL e membro do Senado de Dakota do Sur, Deb Peters. Tamén acudiu a presidenta  electa da NCSL e membro do Senado de Illinois, Toi Hutchinson. Participaron, ademais, representantes dos lexislativos de Wisconsin, Carolina do Norte, Kentucky, Texas e Novo México, ademais de integrantes da estrutura da NCSL.
 
Durante a reunión, o presidente do Parlamento de Galicia explicou a historia, funcionamento e competencias da Cámara galega, ademais de interesarse polo funcionamento das cámaras lexislativas estatais dos Estados Unidos e da propia NCSL.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-07-12T13:11:00Z 2018-07-13T11:24:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2706/
O presidente do Parlamento homenaxea a Fernández Albor, “un dos piares da autonomía galega”


 
 

Santiago, 12 de xullo de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, lamenta o falecemento do exdeputado autonómico e expresidente da Xunta Gerardo Fernández Albor, ao que considera “un dos piares da autonomía galega”.
 
A xuízo de Santalices Vieira, a sociedade galega está en débeda con Fernández Albor polo seu traballo “sempre desinteresado, mais non sempre comprendido no seu tempo, na edificación do autogoberno de Galicia”.
 
“O legado de Fernández Albor, galego universal, que amou intensamente a Galicia sen deixar por iso de sentirse profundamente español e europeo, permanecerá imperecedoiro na memoria colectiva. Descanse en paz un galego bo e xeneroso”, afirma Santalices.
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-07-12T12:05:00Z 2018-07-12T12:09:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2705/
O presidente do Parlamento ofrece colaboración institucional ao delegado do Goberno en Galicia

 
• Javier Losada efectuou unha visita de cortesía ao titular da Cámara galega

Santiago, 12 de xullo de 2018.- O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada de Azpiazu, efectuou esta mañá unha visita de cortesía ao Parlamento de Galicia, onde foi recibido polo titular da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
Durante a reunión, o presidente do Parlamento trasladou ao delegado do Goberno  “a lealdade e colaboración institucional do Lexislativo galego na procura do ben común para as galegas e os galegos, aos que todos os responsables públicos nos debemos”.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-07-12T11:20:00Z 2018-07-12T11:25:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2704/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 11 de xullo de 2018

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 11 de xullo de 2018
 
(Debate e votación conxunta das PNL 5.1, 5.5 e 5.8) 
 
5.1 - 26542 (10/PNP-001875)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón e 2 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa consecución do obxectivo de incorporar o Pazo de Meirás ao patrimonio público de xeito gratuíto
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 267, do 27.02.2018
 
5.5 - 32222 (10/PNP-002423)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia respecto do apoio a iniciativas relacionadas coa recuperación do pazo de Meirás para o patrimonio público
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 323, do 20.06.2018
 
5.8 - 32887 (10/PNP-002484)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Sobre a posición do Parlamento de Galicia respecto das conclusións inseridas no informe da comisión de expertos nomeada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para analizar as posibilidades de incorporar ao patrimonio público a propiedade das torres ou pazo de Meirás, así como a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego ao respecto.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 328,
do 28.06.2018

O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia, recoñecendo o importante traballo realizado desde hai anos por historiadores e historiadoras, asociacións da memoria histórica, á Xunta pro devolución do Pazo de Meirás, e institucións coma a Deputación da Coruña e o Concello de Sada, entre outros, insta á Xunta de Galicia:
1.- A que remita urxentemente o Informe da Comisión de Expertos nomeada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en cumprimento da resolución do Parlamento de Galicia sobre as posibilidades de incorporar ao Patrimonio Público a propiedade das ‘Torres de Meirás’, con todos os seus anexos documentais, á Administración Xeral do Estado coa petición de que se realicen as accións legais á que fai referencia o informe na súa conclusión final co obxecto de reintegrar as ‘Torres ou Pazo de Meirás’ ao ámbito dos bens de dominio público da Administración Xeral do Estado.
2.- A incorporarse, en canto sexa exercitada esa acción legal, ao proceso civil como coadxuvante adhesiva.

3.- O Parlamento de Galicia declara a súa vontade de que a recuperación do Pazo de Meirás para o patrimonio público non implique un novo custo para o pobo de Galicia”.
 
 
5.6 - 32339 (10/PNP-002434)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 6 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación cos compromisos referidos ao avance da execución e data de remate das obras do AVE a Galicia, así como a actuación que debe levar a cabo respecto dos investimentos estatais e o cronograma previsto para ese fin
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 323, do 20.06.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1.- Dirixirse ao Goberno do Estado para que ratifique a data comprometida de finalización das obras do AVE a Galicia, co obxectivo que estea funcionando en probas no ano 2019, tal e como tiña comprometido o anterior Executivo estatal.
 
2.- Trasladar ao Goberno do Estado que a finalización da alta velocidade entre Madrid e Galicia no prazo comprometido é un obxectivo irrenunciable e prioritario para a nosa Comunidade.
 
3.- Manter, como veu facendo ata o de agora, o seu labor de vixilancia sobre os investimentos estatais e o cronograma previsto para que o remate desta infraestrutura estratéxica para Galicia se produza no prazo comprometido, e a estes efectos crear entre o Estado e a Xunta, no marco da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado – Comunidade Autónoma de Galicia, unha Subcomisión coa participación dos responsables de infraestruturas de ambos os dous gobernos, que se ocupará da avaliación e impulso das infraestruturas de Galicia e da súa execución orzamentaria.
 
4.- Co obxecto de facilitar esta labor de seguimento, demandar do novo Ministro de Fomento que manteña o compromiso do anterior Ministro de efectuar visitas de periodicidade trimestral a Galicia con información dos avances das obras.
 
5.- Dirixirse ao Goberno de España para que realice coa máxima dilixencia e sen retrasos inxustificables os trámites necesarios para o inicio das obras das licitacións pendentes ou en fase previa á adxudicacións”.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-07-11T16:24:00Z 2018-07-11T16:53:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2703/
Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 06-07-2018

A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 6 de xullo de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 31961 (10/PNC-002598)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Blanco Paradelo, Moisés e 12 máis
Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia, coa participación do sector, de plans de innovación específicos para o desenvolvemento de novos usos da madeira, novos materiais de base biolóxica e de aplicación do deseño que contribúan a mellorar a valorización dos produtos da industria forestal
BOPG n.º 319, do 13.06.2018
 
Sométese a votación a transacción coa emenda do G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 33163) e resulta aprobada , por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a elaborar plans de innovación específicos para o desenvolvemento de novos usos da madeira, novos materiais de base biolóxica e de aplicación do deseño que contribúan a mellorar a valorización dos productos da industria forestal galega, coa participación dos axentes económicos e sociais dos sectores implicados.
 
Ditos plans terán un carácter transversal e contarán con recursos no próximo orzamento de 2019."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 30298 (10/PNC-002436)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas deficiencias e carencias que presenta en materia de sinalización e seguridade o Camiño de Santiago ao seu paso por Seixalbo, na provincia de Ourense
BOPG n.º 301, do 08.05.2018
 
Sométese a votación a transacción coas emendas dos GG. PP. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 33164) e Popular de Galicia (doc. núm. 33171), e resulta aprobada  pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento galego acorda instar á Xunta de Galicia a:
 
1.- Acometer, segundo o Plan Director do Camiño de Santiago, a mellora da sinalización da Vía da Prata, no que tamén estará incluído o núcleo de Seixalbo prevista para o ano 2019, priorizando os puntos críticos.
2.- Executar a mellora xa prevista no proxecto promovido pola Xunta de Galicia de mellora de seguridade viaria na estrada OU-105 en Seixalbo, con especial atención ao paso por debaixo da ponte da vía do tren estudando a vibilidade dun paso de peóns nas proximidades segundo a normativa vixente de seguridade vial ao tempo que se mellore a sinalización das advertencias de perigo en ambos os sentidos de circulación.
 
3. Recordar ao Concello de Ourense as súas obrigas a respecto dos desbroces e limpeza de maleza no perímetro rural e a existencia de ordes de Axudas da Xunta de Galiza para a accesibilidade e sinalización dos distintos recursos turísticos, ás que se poderá acoller para realizar a sinalización dalgún elemento patrimonial de interese, como a capela de Santa Águeda. "

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-07-09T12:37:00Z 2018-07-09T12:38:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2702/
O presidente do Parlamento exercerá como delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo por designación de Felipe VI

 
• Santalices agradece a designación e reitera a súa lealdade institucional ao Xefe do Estado

Santiago, 7 de xullo de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, exercerá como delegado rexio na Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago que se celebrará na Catedral de Santiago o vindeiro 25 de xullo. O xefe  da Casa Real, Jaime Alfonsín, vén de comunicar ao presidente da Cámara a designación efectuada polo Rei.
 
O presidente do Parlamento agradece o encargo do monarca e reitera a súa lealdade institucional á figura do Xefe do Estado.
 
Santalices Vieira exerceu como delegado rexio, na súa condición de  presidente da Cámara, na Ofrenda Nacional ao Apóstolo do 25 de xullo de 2016 e na Ofrenda da Traslación do 30 de decembro de 2017.
 
A Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago, que se celebra cada 25 de xullo, foi instaurada por Felipe IV en 1643.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-07-07T13:42:00Z 2018-07-07T13:46:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2701/
O Parlamento de Galicia duplica en dous anos o número de visitas á súa sede

 
• Pasou de 5.268 visitantes no primeiro semestre de 2016 a 10.258 no mesmo período deste ano
 
• O crecemento do número de visitas responde á estratexia da Cámara para dar a coñecer o seu funcionamento
 
Santiago, 6 de xullo de 2018.- O número de persoas que visitan o Parlamento de Galicia no marco do programa de visitas guiadas e outras iniciativas similares para dar a coñecer a institución entre a cidadanía duplicouse nos últimos dous anos, ao pasar das 5.268 visitas que recibiu no primeiro semestre de 2016 a un total de 10.258 no mesmo período de 2018.
Este incremento enmárcase na aposta do presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, por abrir o Parlamento á sociedade, potenciando o programa de visitas guiadas, pero tamén impulsando novas iniciativas, como  as portas abertas semanais, que permiten que calquera persoa que o desexe poda coñecer o Pazo do Hórreo todos os luns sen necesidade de inscrición previa.
 
Ademais, a mediados de marzo deste ano púxose en marcha o programa “Coñece as túas institucións”, impulsado polo Parlamento e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para divulgar o papel das institucións autonómicas, explicar a separación de poderes e impulsar os valores democráticos. Está dirixido a escolares de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO de centros públicos da Comunidade Autónoma. Os custes do desprazamento son asumidos polas institucións promotoras.
 
Nos tres primeiros meses de funcionamento deste programa un total de 3.000 alumnos e alumnas, matriculados en 88 centros públicos da Comunidade Autónoma visitaron o Parlamento de Galicia e a Xunta. O programa “Coñece as túas institucións” volverá ofertarse no vindeiro curso escolar.
 
A web do Parlamento de Galicia ofrece información sobre os diferentes programas de visita ao Pazo do Hórreo. No seguinte enlace:  http://www.parlamento.gal/VesOParlamento/
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-07-06T09:40:00Z 2018-07-06T09:40:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2700/
Acordo da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 05-07-2018

A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 5 de xullo de 2018, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 31810 (10/PNC-002585)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Vega Pérez, Daniel e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para reforzar a investigación no ámbito gandeiro e incrementar a formación dos gandeiros, así como a renovación do convenio asinado con Xenética Fontao, S. A. para o desenvolvemento do programa de mellora xenética da raza frisona galega
BOPG n.º 319, do 13.06.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1.- Reforzar a investigación no ámbito gandeiro, a través do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL) e do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.
 
2.- Incrementar a formación aos gandeiros a través dos centros de formación e experimentación agroforestal de Sergude, Becerreá, Monforte de Lemos e "Pedro Murias" (Ribadeo).
 
3.- Renovación convenio con Xenética Fontao, S.A. para o plan de mellora xenética para o Frisón de Galicia."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-07-05T12:53:00Z 2018-07-13T11:22:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2699/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 10 de xullo de 2018

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 10 de xullo de 2018, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 3 de xullo de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Debate e votación das propostas de cese da Valedora do Pobo, formuladas polo G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 32981) e polos grupos parlamentarios de En Marea e dos Socialista de Galicia (doc. núm. 33004)
 
Punto 2. Textos lexislativos
 
2.1 Debate e votación do ditame emitido pola Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, sobre a Proposición de lei, para remitir ao Congreso dos Deputados, orgánica de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Xunta de Galicia, e, se é o caso, fixación do número de membros da Cámara encargados da súa defensa e posterior designación (doc. núm. 20737, 10/PPLC-000007)
 Publicación do ditame da comisión, BOPG n.º 329, do 29.06.2018
 Publicación de emendas e votos particulares, BOPG n.º 329, do 29.06.2018
 
2.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. dos Socialistas de Galicia, de modificación da Lei 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia (doc. núm. 30911, 10/PPL-000023)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 304, do 15.05.2018
 
2.3 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. de En Marea, pola que se regula a publicidade sanitaria e socio-sanitaria de centros e actividades na Comunidade Autónoma de Galicia(doc. núm. 31024, 10/PPL-000024)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 308, do 22.05.2018
 
Punto 3. Comparecencia

 
 31529 (10/CPP-000065)
 Da Sra. conselleira do Mar, por petición propia, para informar das demandas propostas por Galicia en relación coa reformulación do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, coñecido como FEMP, e os traballos levados a cabo para a súa consecución
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 312, do 30.05.2018
 
Punto 4. Mocións
 
4.1 32737 (10/MOC-000097)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel
 Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas condicións laborais e funcións dos axentes forestais e medioambientais de Galicia. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 31575, publicada no BOPG nº 316, do 06.06.2018, e debatida na sesión plenaria do 19.06.2018)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 328, do 28.06.2018
 
4.2 32740 (10/MOC-000098)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de atención ás persoas con infarto agudo de miocardio. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 29887, publicada no BOPG nº 299, do 03.05.2018, e debatida na sesión plenaria do 19.06.2018)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 328, do 28.06.2018
 
4.3 32745 (10/MOC-000099)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa prestación dos servizos de mantemento no novo hospital de Vigo. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 31237, publicada no BOPG nº 312, do 30.05.2018, e debatida na sesión plenaria do 19.06.2018)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 328, do 28.06.2018
 
Punto 5. Proposicións non de lei
 
5.1 26542 (10/PNP-001875)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón e 2 máis
 Sobre a actuación que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa consecución do obxectivo de incorporar o Pazo de Meirás ao patrimonio público de xeito gratuíto
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 267, do 27.02.2018
 
5.2 30403 (10/PNP-002252)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e Torrado Quintela, Julio
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co cumprimento, a aplicación e o desenvolvemento da Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 301, do 08.05.2018
 
5.3 31955 (10/PNP-002399)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
 Sobre as medidas que debe inserir o Goberno galego no Decreto de axudas para paliar os danos causados pola explosión dunha pirotecnia en Paramos, no concello de Tui, así como as actuacións que debe levar a cabo ao respecto
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 319, do 13.06.2018
 
5.4 32077 (10/PNP-002415)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 3 máis
 Sobre a elaboración polo Goberno galego, logo de informe da comisión correspondente, dun novo catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas adaptado á realidade actual
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 323, do 20.06.2018
 
5.5 32222 (10/PNP-002423)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre a posición do Parlamento de Galicia respecto do apoio a iniciativas relacionadas coa recuperación do pazo de Meirás para o patrimonio público
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 323, do 20.06.2018
 
5.6 32339 (10/PNP-002434)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Prado, Martín e 6 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación cos compromisos referidos ao avance da execución e data de remate das obras do AVE a Galicia, así como a actuación que debe levar a cabo respecto dos investimentos estatais e o cronograma previsto para ese fin
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 323, do 20.06.2018
 
5.7 32700 (10/PNP-002469)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
 Sobre a demanda dunha axenda galega diante do Goberno central
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 328, do 28.06.2018
 
5.8 32887 (10/PNP-002484)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Sobre a posición do Parlamento de Galicia respecto das conclusións inseridas no informe da comisión de expertos nomeada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para analizar as posibilidades de incorporar ao patrimonio público a propiedade das torres ou pazo de Meirás, así como a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego ao respecto.
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 328, do 28.06.2018
 
Punto 6. Interpelacións
 
6.1 2099 (10/INT-000084)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e 2 máis
 Sobre a prestación sanitaria pediátrica
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 28, do 14.12.2016
 
6.2 30285 (10/INT-000999)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa violencia sexual
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 302, do 09.05.2018
 
6.3 32461 (10/INT-001090)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Casal Vidal, Francisco e 3 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación co impacto medioambiental da minaría de cobre
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 328, do 28.06.2018
 
Punto 7. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
7.1 33015 (10/POPX-000100)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a manipulación dos medios de comunicación públicos
 
7.2 33016 (10/POPX-000101)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre o prazo previsto para o impulso da axenda de cambio dependente da Xunta de Galicia
 
7.3 33017 (10/POPX-000102)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre o uso en beneficio propio ou partidario das institucións e medios públicos de Galicia
 
Punto 8. Preguntas ao Goberno
 
8.1 32447 (10/POP-003768)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre a actuación que está a levar a cabo o Goberno galego en relación coa catástrofe ocasionada pola explosión de material pirotécnico no lugar de Paramos, no concello de Tui
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 323, do 20.06.2018
 
8.2 33010 (10/PUP-000176)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto das posibles consecuencias da sentenza núm. 327/2018 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación coa valedora do pobo
 
8.3 32640 (10/POP-003793)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
 Sobre as actuacións levadas a cabo polo Goberno galego para loitar contra a discriminación por razón de orientación sexual ou identidade de xénero e dar a coñecer no ámbito educativo a Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 328, do 28.06.2018
 
8.4 30993 (10/POP-003607)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
 Sobre as razóns do Goberno galego para non aprobar as Directrices de paisaxe no prazo comprometido
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 309, do 23.05.2018

8.5 31312 (10/POP-003642)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto do impacto ambiental que está a ter a carencia de estación depuradora de augas residuais no lugar de San Miguel de Reinante, no concello de Barreiros
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 312, do 30.05.2018
 
8.6 31322 (10/POP-003644)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre o coñecemento polo Goberno galego do Proxecto básico e estudo de impacto ambiental para a solicitude de autorización ambiental integrada das instalacións de xestión de residuos ubicadas en Teo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 312, do 30.05.2018
 
8.7 31723 (10/POP-003691)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
 Sobre a posición que vai adoptar o Goberno galego en relación coa solicitude de instalación dunha planta de xestión de residuos na antiga canteira de Casalonga, no concello de Teo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 316, do 06.06.2018
 
8.8 32698 (10/PUP-000175)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 9 máis
 Sobre o posible traslado polo Concello de Teo á Xunta de Galicia dalgún informe en relación co proxecto de instalación dunha planta de tratamento e reciclaxe de residuos en Casalonga, promovido pola empresa Toca y Salgado, S.L. (TOYSAL)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 328, do 28.06.2018
 
8.9 32365 (10/POP-003760)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Fernández, Raúl e 4 máis
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto da adaptación do denominado Plan de transporte público de Galicia ás necesidades de servizos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 323, do 20.06.2018
 
8.10 31903 (10/POP-003709)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Egerique Mosquera, Teresa e 9 máis
 Sobre a valoración da Xunta de Galicia respecto da construción do novo espazo denominado Domingo Fontán no complexo da Cidade da Cultura
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 319, do 13.06.2018
 
8.11 32242 (10/POP-003745)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
 Sobre o anuncio de construción do novo edificio Domingo Fontán na Cidade da Cultura, destinado ao acollemento do Consorcio Interuniversitario de Galicia e da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como dun futuro Centro Europeo de Investigación de Paisaxes Culturais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 323, do 20.06.2018
 
8.12 33014 (10/PUP-000177)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Chao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
 Sobre o prazo previsto polo Goberno galego para atender as demandas salariais do profesorado galego, de xeito que cando menos recuperen o sexto lugar na táboa salarial do Estado
 
8.13 29766 (10/POP-003489)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
 Sobre a comprobación no Sergas dalgunha mellora nos tempos de atención e no prognóstico dos cadros clínicos do ictus desde a posta en marcha da campaña informativa respecto dos signos de aparición desa enfermidade

 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 299, do 03.05.2018
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2018
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-07-03T18:55:00Z 2018-07-03T18:58:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2698/
Acordo da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 3 de xullo de 2018

 
A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 3 de xullo de 2018, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 32020 (10/PNC-002606)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa xornada lectiva e o transporte escolar dos CEIP de Seixalbo, do Carballiño e de Cea
BOPG n.º 319, do 13.06.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12
deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia, previa escoita e diálogo coa comunidade educativa, no marco da Comisión Interdepartamental de coordinación do proceso de implantación do sistema de transporte público integrado de Galicia  a atender as demandas e necesidades en materia de horarios e transporte escolar do CEIP de Seixalvo, o CEIP Plurilingüe do Carballiño e o CPI Virxe da Saleta de Cea e estudar o cambio da xornada lectiva, do mesmo xeito que acaba de facer co Colexio Ben-Cho-Shei de Ourense."
 
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2018

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-07-03T13:35:00Z 2018-07-13T12:11:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2697/
Acordos da Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, celebrada o 29-06-2018

 
A Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 29 de xuño de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 23035 (10/PNC-001846)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Villoslada, Juan Manuel e 3 máis
Sobre a presentación polo Goberno galego, para o seu debate no Parlamento de Galicia durante o primeiro semestre de 2018, da posición da Xunta de Galicia nos eidos sinalados como prioritarios no documento titulado “"Análise do impacto do "Brexit" en Galicia"”
BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada a transacción coa emenda do G.P. Popular de Galicia, doc. núm. 32928, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a presentar para o seu debate na Cámara, antes do fin de 2018, o posicionamento da Xunta de Galicia nos eidos identificados como prioritarios no seu documento de Análise do impacto do Brexit en Galicia."

- 31098 (10/PNC-002507)
Grupo Parlamentario de En Marea
Lago Peñas, José Manuel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co cumprimento dos principios e actuacións da economía social polas cooperativas de traballo asociado
BOPG n.º 309, do 23.05.2018
 
Sométese a votación por puntos co resultado que se reflicte a seguir:
 
- Punto 3, transaccionado coa emenda do G.P. Popular de Galicia, aprobado pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
- Puntos 1, 2 e 4, rexeitados por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia para que se dirixa á Inspección de Traballo para poñer en marcha actuacións específicas de cara á inspección das condicións laborais nas cooperativas e empresas de economía social no Plan de Actividades de 2019."

- 32480 (10/PNC-002655)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Pérez, Moisés e 7 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para o establecemento de beneficios fiscais para as persoas afectadas pola explosión de material pirotécnico na parroquia de Paramos, no concello de Tui. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 323, do 20.06.2018
 
Sométese a votación a transacción coas emendas dos GG.
PP. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 32930) e do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm.32941) e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1.  Demandar do Goberno de España que estableza os seguintes beneficios fiscais respecto dos afectados pola explosión de Tui:
 
- Exención no seu IRPF das axudas autonómicas percibidas en base ao Decreto 55/2018.
 
- Exención das cotas do imposto sobre bens inmobles correspondentes ao exercicio 2018, que afecten a vivendas, establecementos industriais e mercantís, locais de traballo e similares, de natureza urbana, situados no ámbito xeográfico de afectación da explosión, cando se acredite que tanto as persoas como os ben situados naqueles tivesen que ser obxecto de realoxamento total ou parcial noutras vivendas ou locais diferentes ata a reparación dos danos sufridos. A diminución de ingresos que se lle produza ao Concello de Tui por esta exención deberá de ser compensada con cargo aos orzamentos xerais do Estado.
 
- Redución no imposto sobre actividades económicas correspondente ao exercicio 2018 ás industrias de calquera natureza, establecementos mercantís e profesionais cuxos locais de negocios ou bens afectos a esa actividade fosen danados como consecuencia directa da explosión, sempre que tivesen que ser obxecto de realoxamento ou se producisen danos que obriguen ao peche temporal da actividade. A indicada redución será proporcional ao tempo transcorrido desde o día en que se producise o cesamento da actividade ata o seu reinicio en condicións de normalidade, xa sexa nos mesmos locais, xa sexa noutros habilitados ao efecto, sen prexuízo de considerar, cando a gravidade dos danos producidos dea orixe a isto, o suposto de cesamento no exercicio daquela, que producirá efectos desde o día 31 de decembro de 2017. A diminución de ingresos que se lle produza ao Concello de Tui por esta exención deberá de ser compensada con cargo aos orzamentos xerais do Estado.
 
- Exención das taxas da Xefatura Central de Tráfico para a tramitación das baixas de vehículos solicitadas como consecuencia dos danos producidos pola explosión.
 
- Redución dos índices de rendemento neto no método de estimación obxectiva do imposto sobre a renda das persoas físicas para actividades agrícolas e gandeiras afectadas pola explosión
 
2. Establecer para as persoas afectadas unha dedución da cota íntegra autonómica do 100 % das cantidades investidas en investimentos non empresariais coa finalidade de paliar os danos sufridos, pola parte que exceda das cantidades percibidas por axudas ou subvencións ou por coberturas de seguros.
 
3. Acelerar as correspondentes convocatorias de axudas aínda pendentes, en consonancia co recollido no Decreto 55/2018, do 31 de maio.
 
4. Establecer unha liña singular de financiamento  a favor do concello de Tui para poder compensarlle a lo menos parte dos gastos derivados das diversas actuacións realizadas pola catástrofe acontecida.
 
5. Favorecer, en coordinación co Concello de Tui, a dilixente tramitación da figura que permita unha ordenación urbanística axeitada.
 
6. Que de xeito periódico, canto menos trimestralmente, realice e remita ao Parlamento de Galicia un informe ao respecto da situación do estado das axudas e actuacións levadas a cabo.
 
7. Demandar do Goberno español a declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil regulada na Lei 17/2015, a zona de Paramos.”

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-29T16:19:00Z 2018-06-29T16:27:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2696/
Santalices subliña que o Álvaro Cunqueiro é un hospital público punteiro no que se exerce medicina de vangarda

 
• O presidente do Parlamento presidiu un acto conmemorativo do terceiro aniversario do Hospital, no que o Dr. José María Eiros disertou sobre “A medicina popular na obra de Álvaro Cunqueiro”
 
• Recordou as razóns que o levaron a propoñer o nome de Álvaro Cunqueiro para denominar ao novo hospital público de Vigo: vinculación coa cidade, coñecemento social e relación coa medicina

Santiago, 29 de xuño de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, afirmou hoxe que , “a verdade é que o Hospital Álvaro Cunqueiro é un hospital público, un hospital punteiro no que se exerce medicina de vangarda que, tres anos despois, acadou un nivel científico e asistencial que o converte en referencia para outras áreas xeográficas en determinadas especialidades”. Na súa opinión, esta realidade é mérito de todos, moi especialmente do persoal facultativo, e tamén dos restantes traballadores, aos que agradeceu o seu esforzo e dedicación.
 
O presidente do Parlamento efectuou estas reflexións no acto conmemorativo do 3ª aniversario do Hospital Álvaro Cunqueiro, no que o catedrático  de microbioloxía da Universidade de Valladolid, José María Eiros, pronunciou unha conferencia sobre “A medicina popular na obra de Álvaro Cunqueiro”. O conferenciante foi presentado polo xefe do servizo de microbioloxía da EOXI de Vigo, Benito Regueiro García.
 
As razóns de denominar Álvaro Cunqueiro ao Hospital de Vigo
 
Santalices recordou que el foi o encargado de defender no Parlamento a proposta de denominar Alvaro Cunqueiro ao novo hospital de Vigo, unha iniciativa que prosperou e hoxe está consolidada, na medida en que a  sociedade viguesa e galega identifican maioritariamente este centro sanitario co nome do escritor mindoniense.
 
Para denominar ao novo centro, Santalices apuntou que buscaban o nome dunha persoa que reunise tres criterios: unha forte vinculación con Vigo, que fose moi coñecida coa cidade e que tivese unha certa relación co mundo sanitario.
 
Álvaro Cunqueiro cumpría eses tres requisitos, xa que desenvolveu parte da súa vida profesional en Vigo, onde é moi coñecido; ademais de ter estar moi vinculado coa medicina, malia non ser médico, tal e como explicou o Dr. Eiros na súa conferencia.
 
De seguido, Santalices consultou a proposta coa Real Academia Galega e co Consello da Cultura Galega, que asumiron a idea, para de seguilo sometela ao criterio do presidente da Xunta e do Grupo Parlamentario, que tamén a apoiaron antes de dar forma á proposición non de lei que foi tramitada e aprobada no Parlamento.
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-29T14:48:00Z 2018-06-29T16:38:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2695/
A valedora do pobo entrega ao presidente do Parlamento o informe extraordinario "A Accesibilidade en Galicia"

 
 
Santiago, 28 de xuño de 2018.- A valedora do Pobo, Milagros Otero Parga, entregou esta mañá ao presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, o informe extraordinario titulado A Accesibilidade en Galicia.
 
Logo de ser cualificado pola Mesa da Cámara, a tramitación parlamentaria deste informe continuará cunha comparecencia da valedora ante a Comisión de Peticións.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-28T11:29:00Z 2018-06-28T16:34:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2694/
Santalices destaca o valor da oratoria, que considera fundamental para o éxito persoal e profesional

 
• Asiste no Senado á final do concurso de oratoria das cámaras autonómicas para alumnado de ESO no que Galicia estivo representada polo Colexio Plurilingüe San José-FEC de Lugo, gañador do Parlamento Xove 2018

Santiago, 25 de xuño de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, asistiu hoxe no Senado ao acto de clausura da fase nacional dos concursos escolares de oratoria promovidos polos diferentes parlamentos autonómicos. Galicia estivo representada neste certame polo  Colexio Plurilingüe San José-FEC, de Lugo, que resultara gañador, na categoría de ESO, do certame Parlamento Xove 2018, organizado pola Consellería Política Social da Xunta coa colaboración da Cámara galega.
 
A celebración deste competición de oratoria estudantil de ámbito nacional é o resultado dun acordo adoptado no seo da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos de España (COPREPA) entre o alumnado de ESO do conxunto do Estado. A de hoxe constitúe a primeira edición da fase nacional deste programa.
 
Resultaron gañadores os equipos de Asturias e de Castela e León (premio compartido). Os cinco centros participantes foron galardoados cunha viaxe a Bruxelas para coñecer o Parlamento Europeo e as
institucións comunitarias.
 
Santalices explicou que con esta iniciativa se busca promocionar e inculcar os valores da democracia parlamentaria  como forma de goberno.
 
A oratoria, ferramenta fundamental
 
O presidente do Parlamento de Galicia trasladou os seus parabéns aos participantes nesta competición e recordou que a oratoria constitúe unha ferramenta fundamental para o éxito persoal e profesional.
 
Apuntou que nos últimos tempos se recuperou a preocupación pola calidade da expresión verbal, tanto entre o conxunto da sociedade como nos propios parlamentos,
 
Agradeceu o traballo e a implicación do profesorado que preparou aos equipos participantes e asegurou que as intervencións dos intervintes nos debates celebrados hoxe Senado acreditan o “trunfo da oratoria” que busca convencer ao contrincante, sen agresividade, un exemplo que “deberiamos incorporar aos nosos parlamentos”.
 
O titular da Cámara galega considerou que as mozas e mozos que participaron neste final ofreceron unha “lección” ao parlamentarismo na medida en que foron quen de buscar puntos de encontro.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-25T14:34:00Z 2018-06-25T14:38:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2693/
Santalices recibe no Parlamento a unha delegación do VII Festival Internacional da Canción Popular

 
• O presidente do Parlamento enxalza o folclore como expresión da cultura propia de cada territorio
 
Santiago, 23 de xuño de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu este mediodía, na Cámara galega, a unha delegación de participantes no VII Festival Internacional da Canción Popular, que se celebra estes días en Ourense no marco do  IGF Caravan 2018 (International Union of Folklore Associations), na que España está representada pola Agrupación Folclórica Queixume dos Pinos.
 
Santalices felicitou aos organizadores desde evento por traer a Galicia  a grupos de diferentes países e enxalzou o folclore como expresión da cultura, da historia e da identidade de cada territorio, e tamén como ferramenta de cooperación e intercambio entre as nacións.
 
Durante a recepción, o presidente da Cámara foi precedido no uso da palabra polo presidente da Federación Internacional de Folclore, Dorel Cosma; e polo director da Agrupación Folclórica Queixume dos Pinos, José Antonio Viñas Mira. Na visita ao Parlamento de Galicia participaron representantes de grupos folclóricos de Israel, Italia, Bulgaria, Romanía, Francia e España.
 
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-23T13:06:00Z 2018-06-23T13:17:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2692/
Santalices defende o papel da enfermería como “peza clave” na asistencia sanitaria

 
• O presidente do Parlamento pronunciou unha conferencia no acto de graduación da oitava promoción da Escola Universitaria de Enfermería Povisa
 
• Recorda que o Parlamento de Galicia é o Lexislativo autonómico máis activo de España ao tempo que se sitúa entre os máis baratos e eficientes do conxunto do Estado
 
• Conclúe que o sistema sanitario galego é un “un modelo ben valorado pola cidadanía”

Santiago, 21 de xuño de 2018.- “Parlamento de Galicia, Medicina e Sociedade”, foi o título da conferencia pronunciada esta tarde polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, no acto de graduación da oitava promoción da Escola Universitaria de Enfermería Povisa, en Vigo.
 
Santalices destacou ao “papel fundamental” que desenvolve a enfermería na administración de coidados de calidade, axeitados a cada contexto asistencial. Ao seu xuízo, a enfermería constitúe unha “peza clave” na asistencia sanitaria.
 
O presidente do Lexislativo galego referiuse á evolución histórica das especialidades de enfermería, que teñen o seu inicio no ano 1957 coa especialidade en obstetricia e xinecoloxía (matrona/matrón). Para Santalices, o Decreto 81/2016, da Xunta de Galicia, polo que se crea no Sergas a categoría estatutaria de persoal enfermeiro especialista, constitúe un punto de inflexión na medida en que senta as bases para a implantación gradual das especialidades de enfermería (familiar e comunitaria, saúde mental, traballo, pediatría, xeriatría, e de coidados médico-cirúrxicos).
 
Na súa intervención, o titular da Cámara galega fixo un repaso pola historia, competencias, funcionamento e composición actual do Parlamento de Galicia.
 
Parlamento activo, barato e eficiente
 
Referiuse Santalices aos diferentes mecanismos de participación cidadá no Parlamento de Galicia e á intensidade do traballo na institución, que con 506 horas de debate en Pleno desde o inicio da Lexislatura segue sendo á Cámara autonómica máis activa de España. Ademais, o Lexislativo galego sitúase entre os máis baratos e eficientes do conxunto do Estado, cun custe 3,5 veces inferior ao Parlament de Cataluña, a metade do Parlamento Vasco ou 2,8 veces máis barato que o Parlamento de Andalucía.
 
O presidente da Cámara defendeu tamén a política de portas abertas do Parlamento e o “intenso compromiso social” da institución.
 
No ámbito sanitario, Santalices debullou as diferentes iniciativas que a Cámara desenvolve en materia de promoción da saúde en colaboración con diferentes sociedades médicas. Sinalou, como exemplo, campañas como a de detección precoz do glaucoma, sobre reanimación cardiopulmonar e manexo de desfibrilador externo semiautomático, de doazón de sangue, vacinación, promoción da dieta cardiosaudable ou a de prevención do melanoma.
 
Apuntou que das arredor de 400 leis aprobadas polo Parlamento de Galicia ao longo da súa historia, arredor de 30 gardan relación directa coa saúde. Santalices puxo tamén en valor o sistema sanitario galego,  “un modelo ben valorado pola cidadanía”.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-21T19:26:00Z 2018-06-21T20:07:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2691/
Acordo da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 21-06-2018

A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 21 de xuño de 2018, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 28953 (10/PNC-002291)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Blanco Paradelo, Moisés e doce deputados e deputadas máis
Sobre o establecemento polo Goberno galego dunha convocatoria anual dun concurso de proxectos en materia agroforestal para poñer en valor aqueles que destaquen polo seu carácter innovador. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 289, do 11.04.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 2 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a establecer una convocatoria anual dun concurso de proxectos en materia agroforestal para poñer en valor aqueles que destaquen polo seu carácter innovador."
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-21T15:57:00Z 2018-06-21T18:48:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2690/
A profesora Jacquelyn C. Campbell visita o Parlamento de Galicia

 
• A secretaria da Mesa da Cámara, Raquel Arias, recibiu á profesora da Universidade John Hopkins, investigadora sobre a violencia de xénero que onte recibiu o doutoramento “honoris causa” pola Universidade de Vigo

Santiago, 21 de xuño de 2018.- A secretaria da Mesa do Parlamento de Galicia, Raquel Arias, recibiu hoxe na Cámara á profesora Jacquelyn C. Campbell, recoñecida investigadora sobre a violencia de xénero da  Universidade John Hopkins (Baltimore, Estados Unidos) que onte foi nomeada doutora “honoris causa” pola Universidade de Vigo, nun acto celebrado por vez primeira no Campus de Ourense.
 
A profesora Campbell acudiu ao Parlamento de Galicia acompañada pola secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella, e pola profesora María Lameiras, que actuou de madriña da homenaxeada no acto de investidura domo doutora “honoris causa”, entre outras persoas.
 
Durante o encontro celebrado no Parlamento, Raquel Arias interesouse polo traballo da profesora Campbell e explicoulle a historia e o funcionamento da Cámara galega.
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicacion do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-21T13:31:00Z 2018-06-21T13:32:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2689/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 20 de xuño de 2018


4.3 29465 (10/PNP-002154)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia dun informe respecto das posibilidades e circunstancias que se abren co Brexit, en termos comerciais, en relación cos produtos pesqueiros galegos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 296, do 25.04.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O  Parlamento  de  Galicia  insta á  Xunta  de  Galicia  a  elaborar  un  informe  sobre    as posibilidades e circunstancias que se abren co Brexit en termos comerciais en relación aos produtos pesqueiros galegos.”
 
 
4.5 29822 (10/PNP-002189)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
González Vázquez, José e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa certificación, concesión de axudas e cesión dos montes veciñais en grave estado de abandono a todas aquelas comunidades de montes veciñais en man común que estean en cumprimento de todas as súas obrigas legais, en especial, no referido á aprobación dos seus instrumentos de ordenación ou xestión forestal
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 299, do 03.05.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia:
 
1. A  que,  a  través  da  Dirección  Xeral  de  Ordenación  Forestal,  certifique  a aquelas  comunidades  de  montes  veciñais  en  man  común  en  Galicia  que estean en cumprimento das súas obrigas legais, especialmente no relativo á aprobación dos seus instrumentos de ordenación ou xestión forestal.
 
2. A  que  a  tenza  desa  certificación  supoña  un  criterio  puntuable  na  concesión de  axudas  públicas  nas  que  poidan  ser  beneficiarias  as  comunidades  de montes.
 
3. A  que  dita  certificación  supoña  tamén  un  criterio  para  primar,  na  cesión  dos montes   veciñais   en   grave   estado   de   abandono,   mediante   un   sistema obxectivo,  ás  comunidades  de  montes  que  cumpran  a  totalidade  das  súas obrigas  legais  e  dispoñan  de  instrumento  de  ordenación  ou  xestión  forestal para os seus montes.
 
4. Impulsar a posta en marcha dos instrumentos de ordenación e xestión forestal nas comunidades de montes veciñais nas que non existan e potenciar a aplicación dos instrumentos de ordenación e xestión forestal nas comunidades onde existan, pero non cumpran coa totalidade das súas obrigas”. 
 
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-20T14:30:00Z 2018-06-20T14:33:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2688/
O Parlamento de Galicia acolle unha xornada de coñecemento prevención do melanoma no marco dunha campaña internacional

 
• Santalices reitera o compromiso da Cámara a prol da divulgación e a prevención sanitaria
 
Santiago, 20 de xuño de 2018.- O Parlamento de Galicia acolleu esta mañá unha xornada de coñecemento e prevención do melanoma, enmarcada na campaña Euromelanoma, unha iniciativa paneuropea iniciada en Bélxica en 1999 e que na actualidade está implantada en 33 países. A iniciativa ten como obxectivo promover a prevención do cancro cutáneo e o seu diagnóstico temperán, dirixindo as súas actividades tanto ao público en xeral, como á comunidade científica e ás autoridades sanitarias.
 
A actividade celebrada na Cámara galega comezou con
cadansúa ponencia formativa a cargo do Dr. Hugo Vázquez Veiga, xefe do Servizo de Dermatoloxía da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e O Barbanza; e da Dra. María Ángeles Flores Menéndez, xefa do Servizo de Dermatoloxía da xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, que falou sobre “Fotoprotección, a defensa eficaz”. Durante a xornada, tamén se realizaron actividades de revisión voluntaria de lunares da pel, na que se realizaron exploracións a un total de 107 persoas.
 
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, foi o encargado de presentar aos ponentes nunha intervención na que reiterou o compromiso da Cámara a prol da divulgación e a prevención sanitaria. “Trasladar mensaxes de saúde á poboación é unha das nosas obrigas”, afirmou.
 
Posteriormente, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo presidente do Parlamento e portavoces, visitou aos facultativos e participantes nesta iniciativa, onde foi informado sobre os obxectivos  da xornada de coñecemento e prevención do melanoma.

Incidencia en ascenso
 
A incidencia do Melanoma Maligno (MM) incrementouse de maneira preocupante nas últimas décadas nas poboacións de pel branca. En España estímase a taxa anual de MM en 11 casos novos por 100.000 habitantes, o que equivale a 300 casos novos ao ano en Galicia. En España, morren por melanoma 710 persoas ao ano, das cales 41 fano en Galicia.
 
O MM é un tumor potencialmente moi agresivo. É frecuente que o MM afecte a adultos mozos e pacientes de idade media, co consecuente impacto negativo nos anos de vida perdidos e alto custe sanitario e social.
 
No momento actual, o diagnóstico e tratamento precoz, a chamada Prevención Secundaria, seguen sendo esenciais para poder modificar o curso natural da enfermidade, tanto en termos de morbilidade como de mortalidade. Por isto, o diagnóstico en estadios temperáns do MM supón un reto para os sistemas de saúde.
 
Vale como exemplo que un Estadio IA a taxa de supervivencia a 5 anos é aproximadamente do 97% e a taxa de supervivencia a 10 anos é aproximadamente do 95%, mentres que nun Estadio IV a taxa de supervivencia a 5 anos é aproximadamente do 15% ao 20%. A taxa de supervivencia a 10 anos é aproximadamente do 10% ao 15%.
 
Neste contexto, a educación en exposición solar saudable considérase unha ferramenta clave.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-20T13:55:00Z 2018-06-20T16:17:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2687/
O embaixador da República Dominicana en España visita o Parlamento de Galicia


Santiago, 19 de xuño de 2018.- O embaixador da República Dominicana en España, Olivo Rodríguez Huertas, efectuou este martes unha visita institucional ao Parlamento de Galicia, onde foi recibido polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
No transcurso da entrevista, Santalices Vieira interesouse polas relacións entre España e a República Dominicana e fixo votos polo fortalecemento dos vínculos entre os países integrantes da comunidade iberoamericana de nacións.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-19T12:21:00Z 2018-06-19T12:22:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2686/
Minuto de silencio do Parlamento de Galicia en repulsa contra o caso de violencia machista do Porriño


 
 
Santiago, 19 de xuño de 2018.- O Pleno do Parlamento de Galicia gardou hoxe, ao comezo da sesión, un minuto de silencio en repulsa contra o caso de violencia machista rexistrado este luns no Porriño. O presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, expresou tamén a “condolencia sincera” da institución para a familia das vítimas.
 
 
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-19T10:31:00Z 2018-06-19T10:32:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2685/
O Parlamento de Galicia incorporará na súa contratación pública aos centros especiais de emprego para persoas con discapacidade

 
• A Cámara Galega e a Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal) asinaron un protocolo de colaboración que senta as bases para avanzar na integración das persoas con discapacidade

Santiago, 18 de xuño de 2018.- O titular do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e o presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Gegasal), José Antonio Vázquez Freire, asinaron hoxe un protocolo de colaboración encamiñado a avanzar na integración das persoas con discapacidade e das persoas en situación de risco de exclusión social.
 
Con ese obxectivo, e dentro das súas posibilidades, a  administración do  Parlamento de Galicia comprométese a impulsar unha reserva de contratos públicos para centros especiais de emprego sen ánimo de lucro que ofrecen unha oportunidade laboral a persoas con discapacidade.
 
As partes asinantes tamén impulsarán o coñecemento sobre os servizos e actividades que realizan os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro asociados a Cegasal e divulgarán o papel que desenvolven na xeración de emprego para persoas con discapacidade.
 
A sinatura deste documento enmárcase na aposta do presidente do Parlamento a prol da integración das persoas con discapacidade. A Cámara galega convocou en datas recentes unha praza de uxier reservada para persoas con discapacidade intelectual. Ademais, unha das oito bolsas para a formación práctica no Parlamento de Galicia, no exercicio de 2018, está reservada para persoas con discapacidade intelectual.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-18T13:23:00Z 2018-06-18T13:24:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2684/
O presidente do Parlamento recibe ao novo comisario xefe da Policía Autonómica


Santiago, 18 de xuño de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu este mediodía ao novo comisario xefe da Policía Autonómica, Fernando Pico López, que tomou posesión recentemente.
 
Durante a reunión, o presidente do Parlamento interesouse polo labor da Policía Autonómica e desexoulle sorte ao comisario xefe no cometido que acaba de asumir.
 
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-18T12:25:00Z 2018-06-18T14:05:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2683/
Santalices agradece o premio “Celanova Casa dos Poetas” ao Parlamento e apunta que “será un estímulo para intensificar o traballo, dentro e fóra da Cámara”


 

Santiago, 17 de xuño de 2018.- O presidente da Cámara galega, Miguel Ángel Santalices Vieira, agradece ao Padroado da Fundación Curros Enríquez, a concesión do XXXIV Premio “Celanova Casa dos Poetas” ao Parlamento de Galicia en recoñecemento aos esforzos por achegar o Lexislativo á cidadanía.
 
Santalices amosa o seu agradecemento, “en nome propio e no de cantos formamos parte do Parlamento de Galicia” e afirma que este recoñecemento constitúe un “estímulo gratificante para intensificar o noso traballo, dentro e fóra da Cámara, ao servizo de Galicia”.
 
“O Premio `Celanova Casa dos Poetas´ -agrega Santalices Vieira- anímanos a manter a aposta por achegar o Parlamento á sociedade, mellorando a calidade do traballo parlamentario, animando a participación cidadá, explicando o que facemos no Pazo do Hórreo e tamén proxectando a institución máis aló da súa sede física”.
 
A concesión do XXXIV Premio “Celanova Casa dos Poetas” ao Parlamento de Galicia foi acordada este sábado polo padroado da Fundación Curros Enríquez nunha reunión celebrada na Casa dos Poetas de Celanova.
 
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-17T00:02:00Z 2018-06-18T13:21:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2682/
Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, o 15-06-2018

A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 15 de xuño de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 27651 (10/PNC-002144)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para o incremento do continxente Erga Omnes; de lombos de atún da Unión Europea, durante o período 2019-2021, para a industria conserveira
BOPG n.º 280, do 21.03.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España o incremento do continxente de lombos de atún erga omnes da Unión Europea para o período 2019- 2021 de 25.000 Tm. Ao 0% a 36.000 Tm, ao 0% para a industria conserveira.”
 
- 29457 (10/PNC-002344)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre o impulso polo Goberno galego dunha campaña de concienciación, en especial no período estival, en relación coa extracción de recursos marisqueiros sen permiso nos areais de Galicia por persoas usuarias e visitantes
BOPG n.º 296, do 25.04.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a promover unha campaña de concienciación nos areais galegos, especialmente no período estival, que sirvan para disuadir a aqueles usuarios e visitantes que as frecuentan e evitar así a substracción do recurso das nosas praias.”

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-15T14:15:00Z 2018-06-15T14:17:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2681/
Santalices destaca a transcendencia da Lei de Normalización e sinala que “todo o que empurremos en favor da nosa lingua é pouco”

 
• O presidente do Parlamento participou en Redondela nun acto conmemorativo do 35 aniversario da aprobación da Lei 3/1983, de Normalización Lingüística

Santiago, 15 de xuño de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, participou este mediodía, na Casa de Cultura de Redondela, na conmemoración do 35 aniversario da aprobación da Lei 3/1983, de Normalización Lingüística. O acto institucional contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta e o alcalde de Redondela, entre outras personalidades.
 
O titular da Cámara destacou a transcendencia desta norma, que converteu o galego en lingua de uso cotián. Lembrou que, no Parlamento, todas e todos os deputados falan galego. “Todo o que empurremos en favor da nosa lingua é pouco”, afirmou.
 
Exemplo de consenso parlamentario
 
Santalices Vieira recordou que a Lei de Normalización Lingüística foi aprobada por unanimidade nun Parlamento de Galicia sen maioría, converténdose en exemplo de consenso por parte de deputados e deputadas que “foron quen de aparcar as súas diferenzas e chegar ao consenso” para “devolver a plenitude de dereitos á nosa lingua”, como afirmara daquela Ramón Piñeiro.
 
O presidente do Lexislativo agradeceu o labor de todas as persoas que traballan a prol da lingua, cun especial recoñecemento aos técnicos de normalización de Redondela, o  primeiro concello de Galicia en contar cun técnico de normalización lingüística, razón que animou a celebrar este acto conmemorativo.
 
O titular do Parlamento de Galicia apuntou tamén que o Lexislativo continúa dando pasos a prol do galego. Neste punto, puxo como exemplo a Lei de iniciativa popular Valentín Paz Andrade para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía, aprobada por unanimidade no ano 2014 co obxectivo de potenciar a relación de Galicia con Portugal e co mundo lusófono.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-15T13:57:00Z 2018-06-15T14:00:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2680/
Acordos da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 14-06-2018

 
A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Ser., na súa sesión do 14 de xuño de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 30709 (10/PNC-002467)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 8 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Concello de Vigo en relación coa humanización da avenida de Castrelos, no treito inicial da estrada PO-330, ou, se é o caso, a actuación que debe levar a cabo ao respecto
BOPG n.º 305, do 16.05.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 2 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
a) Dirixirse novamente ao Concello de Vigo para:
 
1. Que realice as xestións necesarias para obter os terreos municipais que permitan a humanización da Avenida de Castrelos no treito inicial da PO-330.
 
2. Que aclare que procedemento pensa seguir para materializar a actuación.
 
b) No caso de que a actuación non sexa desenvolvida polo Concello de Vigo, que a Xunta de Galicia acometa a execución das obras una vez o Concello poña os terreos a disposición."
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 11880 (10/PNC-001188)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa decisión de retirar da base de Vilanova o helicóptero de loita contra incendios do Barco de Valdeorras
BOPG n.º 149, do 20.07.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Consellería do Medio Rural a que, una vez finalizadas as xestións cos respectivos propietarios dos terreos e demais entes implicados, a efectos de declarar o seu uso exclusivo, reabra de xeito inmediato a base de helicópteros de Vilanova (O Barco) para o seu uso nesta temporada de incendios".

 
Procedementos de natureza normativa
Proposición de lei para presentar perante o Congreso
 
Designación da Ponencia
 
- 20737 (10/PPLC-000007)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Proposición de lei, para presentar perante o Congreso dos Deputados, órganica de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Xunta de Galicia
BOPG n.º 219, do 29.11.2017
 
G.P. Popular de Galicia
D. Martín Fernández Prado (titular)
D. Jacobo Moreira Ferro (suplente)
 
G.P. de En Marea
D. Antón Sánchez García (titular)
D. Marcos Cal Ogando (suplente)
 
G.P. dos Socialistas de Galicia
D. Xoaquín  Fernández Leiceaga (titular)
D. Raúl Fernández Fernández (suplente)
 
G.P. do Bloque Nacionalista Galego
D. Xosé Luis Bará Torres (titular)
Dª. Noa Presas Bergantiños (suplente)

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2018

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-15T09:49:00Z 2018-06-15T09:50:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2679/
O Parlamento e a Axencia Tributaria de Galicia intercambiarán datos para simplificar os trámites de empresas, entidades e particulares

 
• O presidente do Parlamento de Galicia e o conselleiro de Facenda asinaron un convenio de colaboración para seguir desenvolvendo a administración electrónica e avanzar en eficiencia e eficacia na prestación dos servizos públicos
 
Santiago, 13 de xuño de 2018.- A Axencia Tributaria de Galicia facilitará á Cámara galega datos de carácter tributario que poidan resultar necesarios para a tramitación de determinados procedementos por parte da Administración do Parlamento de Galicia, segundo se establece nun convenio de colaboración asinado este mediodía polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, e o conselleiro de Facenda da Xunta, Valeriano Martínez García. Esta cesión de datos realizarase sempre previa autorización do contribuínte.
 
As medidas contempladas no convenio beneficiarán especialmente ás empresas que resulten adxudicatarias de contratacións administrativas e demais entidades ou persoas que establezan vínculos de carácter económico co Parlamento de Galicia, xa que a partir de agora non terán que facilitar determinada documentación, como son os certificados de non ter débedas pendentes coa Facenda autonómica.
 
O Parlamento de Galicia ten adoptado acordos similares no ámbito da simplificación e axilización de procedementos coa Axencia Estatal de Administración Tributaria e coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
 
A adopción deste tipo de medidas permite ao Parlamento de Galicia avanzar no desenvolvemento da Administración electrónica baixo os principios de eficiencia e eficacia na xestión dos recursos públicos, e tamén na procura de simplificar os trámites esixidos a empresas, entidades e particulares.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-13T12:50:00Z 2018-06-13T13:18:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2678/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o día 19 de xuño de 2018

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 19 de xuño de 2018, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 12 de xuño de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:

Punto 1. Texto lexislativo
 
 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P de En Marea, para a modificación da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (doc. núm. 29038, 10/PPL-000017)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 289, do 11.04.2018
 
Punto 2. Comparecencia
 

 32248 (10/CPP-000067)
 Do Sr. conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por petición propia, para informar da situación do ensino non universitario en Galicia
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 32090 (10/MOC-000094)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación de precariedade do mercado de traballo en Galicia. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 23550, publicada no BOPG n.º 247, do 25.01.2018, e debatida na sesión plenaria do 05.06.2018)
 
3.2 32091 (10/MOC-000095)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación do sistema financeiro de Galicia. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 30608, publicada no BOPG n.º 305, do 16.05.2018, e debatida na sesión plenaria do 05.06.2018)
 
3.3 32185 (10/MOC-000096)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co tratamento de residuos líquidos. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 18190, publicada no BOPG n.º 191, do 11.10.2017, e debatida na sesión plenaria do 05.06.2018)
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 9522 (10/PNP-000889)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Santos Queiruga, Carmen
 Sobre a implantación pola Xunta de Galicia dun observatorio autonómico galego para a defensa da transparencia no acceso e na xestión das institucións investigadoras e universitarias
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 124, do 07.06.2017
 
4.2 19704 (10/PNP-002292)
 Grupo Parlamentario de En Marea.
de iniciativa popular, sobre creación dun parque de bombeiros de xestión pública directa con base nalgún dos concellos da comarca do Val Miñor, no que se integre o actual persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipal da Mancomunidade do Val Miñor
 
4.3 29465 (10/PNP-002154)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
 Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia dun informe respecto das posibilidades e circunstancias que se abren co Brexit, en termos comerciais, en relación cos produtos pesqueiros galegos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 296, do 25.04.2018
 
4.4 29664 (10/PNP-002173)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para o establecemento da compostaxe como modelo universal de tratamento dos biorresiduos urbanos no primeiro trimestre de 2019, así como para estudar a posibilidade de colaborar coa Deputación Provincial de Pontevedra no desenvolvemento do Plan Revitaliza e a súa ampliación ao resto do territorio galego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 296, do 25.04.2018
 
4.5 29822 (10/PNP-002189)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 González Vázquez, José e 6 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa certificación, concesión de axudas e cesión dos montes veciñais en grave estado de abandono a todas aquelas comunidades de montes veciñais en man común que estean en cumprimento de todas as súas obrigas legais, en especial, no referido á aprobación dos seus instrumentos de ordenación ou xestión forestal
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 299, do 03.05.2018
 
4.6 30408 (10/PNP-002253)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Burgo López, María de la Concepción e 2 máis
 Sobre o establecemento polo Goberno galego dun fondo de compensación anual que sirva para incorporar aos orzamentos das universidades galegas os ingresos que deixan de percibir pola conxelación das taxas de matrícula dos graos e a rebaixa dos prezos dos mestrados habilitantes
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 301, do 08.05.2018
 
4.7 30595 (10/PNP-002262)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa oferta do parque público de vivendas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 305, do 16.05.2018
 
4.8 31742 (10/PNP-002383)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre as medidas que debe demandar o Goberno galego ao Goberno central para regularizar e homoxeneizar a tributación das pensións das persoas emigrantes retornadas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 316, do 06.06.2018
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 29887 (10/INT-000982)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e 3 máis
 Sobre a planificación do Goberno galego en materia de atención ás persoas con infarto agudo de miocardio
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 299, do 03.05.2018
 
5.2 31237 (10/INT-001040)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre as actuacións da Xunta de Galicia destinadas a velar pola correcta prestación dos servizos de mantemento no novo hospital de Vigo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 312, do 30.05.2018
 
5.3 31575 (10/INT-001051)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e 3 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coas condicións laborais e funcións dos axentes forestais e medioambientais de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 316, do 06.06.2018
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 32269 (10/POPX-000097)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a defensa dunha axenda galega diante do Goberno central
 
6.2 32270 (10/POPX-000098)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre a garantía no futuro dos proxectos postos en marcha como a reforma da política forestal
 
6.3 32271 (10/POPX-000099)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre a contaminación das augas de Galicia
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
  
7.1 32264 e c.e. 32272 (10/PUP-000173)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
 Sobre a información emitida pola CRTVG en relación coa manifestación cidadá levada a cabo o día 10 de xuño de 2018 en Santiago de Compostela, en contra da reapertura da mina nos concellos de Touro e do Pino
 
7.2 28880 (10/POP-003396)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Vázquez Domínguez, Sandra e 6 máis
 Sobre os servizos e liñas de axuda que se están a pór á disposición dos emprendedores para facilitar a creación ou a consolidación temperá de novas empresas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 289, do 11.04.2018
 
7.3 32238 (10/PUP-000172)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto da atención das demandas sociais manifestadas na mobilización do día 10 de xuño de 2018 en Santiago de Compostela reclamando a denegación do proxecto mineiro para a extracción de cobre nos concellos de Touro e do Pino
 
7.4 30993 (10/POP-003607)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
 Sobre as razóns do Goberno galego para non aprobar as Directrices de paisaxe no prazo comprometido
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 309, do 23.05.2018
 
7.5 31312 (10/POP-003642)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto do impacto ambiental que está a ter a carencia de estación depuradora de augas residuais no lugar de San Miguel de Reinante, no concello de Barreiros
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 312, do 30.05.2018
 
7.6 31322 (10/POP-003644)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre o coñecemento polo Goberno galego do Proxecto básico e estudo de impacto ambiental para a solicitude de autorización ambiental integrada das instalacións de xestión de residuos ubicadas en Teo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 312, do 30.05.2018
 
7.7 31211 (10/POP-003633)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Amigo Díaz, María Encarnación e 8 máis
 Sobre as previsións do Goberno galego para seguir avanzando no proceso de desdobramento e conversión do corredor Nadela-Sarria en autovía
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 312, do 30.05.2018
 
7.8 32265 (10/PUP-000174)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
 Sobre o posible ofrecemento pola Xunta de Galicia ao Concello de Ourense dalgunha alternativa para que se celebre este ano o Festival de Cinema Internacional de Ourense
  
7.9 30799 (10/POP-003594)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Rodríguez Estévez, David e Quinteiro Araújo, Paula
 Sobre as razóns da supresión como declarables, nas axudas da política agraria común, dos pastos arbustivos e dos pastos sobre arboredo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 305, do 16.05.2018
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
 
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2018
 

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-12T18:40:00Z 2018-06-12T18:49:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2677/
Acordo da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 8 de xuño de 2018

A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 8 de xuño de 2018, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 21670 (10/PNC-001775)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre o apoio e solidariedade co pobo palestino
BOPG n.º 234, do 29.12.2017
 
Sométese a votación separada por alíneas:
 
Alíneas 1, 2 e 6: resultan aprobadas pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
Alíneas 3, 4 e 5: resultan rexeitadas por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia acorda:
 
-Amosar o seu apoio e solidariedade co pobo palestino.
 
-Rexeitar a decisión de Estados Unidos de recoñecemento de Xerusalén como capital de Israel.
 
-O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a que se dirixa ao Goberno español para que por parte deste se proceda a ter unha actuación contundente nas institucións internacionais nas que está presente, nomeadamente a UE e as Nacións Unidas para:
 
Demandar a rectificación de Estados Unidos no recoñecemento de Xerusalén como capital de Israel.
 
Esixir o cumprimento dos acordos internacionais e das resolucións das Nacións Unidas para rematar coa actual situación garantindo o exercicio do dereito de autodeterminación do pobo palestino.”
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-11T10:58:00Z 2018-06-11T10:59:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2676/
Uns 3.000 alumnos de 88 centros públicos visitaron o Parlamento e a Xunta no marco do programa “Coñece as túas institucións”

 
• Esta iniciativa está impulsada polo Parlamento e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,  para divulgar o papel das institucións autonómicas e explicar a separación de poderes ao estudantado
 
• Excepcional acollida deste programa nos seus tres primeiros meses de vida
 
• Alumnado de catro centros educativos de Galicia participa hoxe na derradeira xornada de visitas deste curso escolar

Santiago, 8 de xuño de 2018.- Un total de 3.000 alumnos e alumnas, matriculados en 88 centros públicos da Comunidade Autónoma visitaron o Parlamento de Galicia e a Xunta no marco do programa “Coñece as túas institucións”, posto en marcha a mediados de marzo deste ano.
 
A elevada participación rexistrada durante estes tres meses revela a excepcional acollida desta proposta entre a comunidade educativa á que vai dirixida.
 
Este venres tivo lugar a derradeira xornada do programa “Coñece as túas institucións” deste curso escolar coas visitas dos IES Salvador de Madariaga (A Coruña); o CEIP A Ponte (Ourense); o IES As Barxas (Moaña); e o CEIP M. Mato Vizoso (Vilalba).
 
“Coñece as túas institucións” foi impulsado polo Parlamento e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para divulgar o papel das institucións autonómicas, explicar a separación de poderes e impulsar os valores democráticos. Está dirixido a escolares de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO de centros públicos da Comunidade Autónoma. Os custes do desprazamento son
asumidos polas institucións promotoras.
 
Solicitude a través da web
 
Este programa de visitas volverá ofertarse no vindeiro curso escolar. De feito, os centros interesados en participar xa o poden solicitar a través da web do Parlamento de Galicia (http://www.parlamento.gal/AsTuasInstitucions/).
 
Antes de participar na visita guiada ao Parlamento e á Xunta,
o alumnado deberá ter participado nun programa didáctico na aula, a partir os materiais educativos facilitados polas institucións. Neste sentido, o Parlamento ofrece, na súa páxina web, unha Guía para o Profesorado a un Caderno de traballo para o alumnado, con contidos  e propostas didácticas diversas, acordes cos diferentes niveis educativos.
 
Esta iniciativa enmárcase na aposta do presidente do Parlamento por incrementar a apertura da institución desde unha dobre estratexia: impulsar as visitas á sede da Cámara galega e multiplicar a presencia social do Parlamento para dalo a coñecer.
 
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-08T16:10:00Z 2018-06-08T17:22:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2675/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 6 de xuño de 2018


 
4.1 8675 (10/PNP-000818)
Grupo Parlamentario de En Marea
Santos Queiruga, Carmen e Merlo Lorenzo, Juan José
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da implantación da figura do enriquecemento inxusto ou ilegal no Código penal, co fin de avanzar na loita contra a corrupción
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112, do 10.05.2017
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno do Estado a tipificación dun novo delito de enriquecemento ilícito, conforme aos principios constitucionais”.
 
4.2 19335 (10/PNP-001426)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
Sobre o fomento e acollemento polo Goberno galego, de xeito complementario ao investimento público en tecnoloxía sanitaria, de todas aquelas actuacións de mecenado que redunden nunha mellora do servizo ao doente
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 203, do 31.10.2017
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O  Parlamento  de  Galicia,  insta  á  Xunta  de  Galicia  a  que,  paralelamente   ao investimento público en tecnoloxía sanitaria, fomente e acolla de xeito complementario todas  aquelas  accións  de  mecenado  que  redunden  nunha  mellora  do  servizo  ao paciente”.

4.3 30118 (10/PNP-002221)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis e Santos Queiruga, Carmen
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a reforma do sistema de elección de vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial e a garantía da independencia do poder xudicial
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 299, do 03.05.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O  Parlamento  de  Galicia  insta  a  Xunta  de  Galicia  a  dirixirse  ao  Goberno  de España para:
 
1.-  Cambiar o sistema de eleccións das vogais de procedencia xudicial para que sexan escollidos por as xuízas e xuíces.
 
2.-  Garantir  que  na  elección    e  nomeamento  se  asegure  de  forma  efectiva  a igualdade de xénero e a presencia das minorías.
 
3.-  Someter  a  informe  do  CXPX  o  anteproxecto  de  lei  que  verse  sobre  as modificacións na Lei Orgánica do Poder Xudicial  segundo o establecido no 561 da mesma”.
 
4.5 30476 (10/PNP-002257)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Antón Vilasánchez, María Ángeles e 9 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Concello de Santiago de Compostela en relación coa redacción do proxecto de accesos á nova estación de autobuses, o cronograma da tramitación administrativa necesaria e os prazos contractuais previstos para garantir o seu acceso axeitado, así como as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto do inicio e execución das obras desa estación
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 305, do 16.05.2018
 
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de  Galicia  insta  á  Xunta  de  Galicia  a  dirixirse  ao  Concello  de  Santiago de Compostela para: 
 
1. Que  inicie  o  antes  posible  a  redacción  do  proxecto  de  accesos  que  garanta  a funcionalidade  á  nova  estación  de  autobuses  de  Santiago  de  Compostela  a
partir da Rúa Clara Campoamor.
 
2. Que  achegue  á  Xunta  de  Galicia  un  cronograma  da  tramitación  administrativa necesaria  e  dos  prazos  contractuais  previstos  que  asegure  que,  á  finalización das obras da estación de autobuses, o seu acceso é axeitado, e permita realizar unha axeitada coordinación da actuación autonómica e da municipal.
Así  mesmo  o  Parlamento  galego  insta  á  Xunta  de  Galicia  a  que  culmine  os  trámites administrativos  que  permitan  o  inicio  das  obras  da  estación  de  autobuses  á  maior brevidade e que vele para que se executen nos prazos comprometidos”.
 
 
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-06T13:26:00Z 2018-06-06T13:26:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2674/
Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 5 de xuño de 2018

 
3.3 31372 (10/MOC-000093)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Villoslada, Juan Manuel
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e as actuacións que debe levar a cabo para garantir a plenitude dos dereitos das persoas galegas retornadas (Moción a consecuencia da Interpelación nº 2127, publicada no BOPG nº 28, do 14.12.2016, e debatida na sesión plenaria do 22.5.2018)
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a tomar todas as medidas precisas para garantir  o  retorno  dos  galegos  e  galegas  emigrantes  en  plenitude  de  dereitos,  e a  tal efecto:
 
1º.      Dirixirase   o   Goberno   central   para   establecer   con   carácter   de   urxencia   un procedemento   de   homologación   das   pensións   do   estranxeiro   coas   pensións   da Seguridade  Social  para  que,    as  que  sexan  por  incapacidade  permanente  absoluta  ou gran  invalidez  que  están  exentas  do  IRPF,  se  exclúan  de  calquera  requirimento  que  se faga a efectos fiscais. 
Namentres  non  se  dispoña  esta  homologación,  paralizaranse  os  requirimentos  que  a Administración  tributaria está  a  facer aos  emigrantes  retornados  con  pensións  públicas do  estranxeiro,  non  procedendo  a  iniciar  actuacións  de  xestión,  investigación  ou liquidación do IRPF para estes supostos.
 
2º.    Impulsará  o  inmediato  cumprimento  dos  acordos  transaccionados  na  Proposición non de lei 8571 do Grupo dos Socialistas de Galicia na sesión do pleno do Parlamento de Galicia celebrada o 24 de maio de 2017.
 
3º.  Dirixirase  o  Goberno  central,  en  tanto  os  galegos  residentes  en  España  non  volvan recibir  o  pagamento  das  pensións  con  cargo  á  Seguridade  Social  de  Venezuela,  a  dar efectivo  cumprimento  ao  acordado  na  Proposición  non  de  lei  aprobada  pola  Comisión de  Emprego  e  Seguridade  Social  do  Congreso  dos  Deputados  na  súa  sesión do  pasado 13 de decembro de 2017, sobre medidas para paliar a situación de desprotección xerada aos pensionistas afectados pola prolongada suspensión do pagamento das súas pensións por parte do Goberno de Venezuela, presentada polo Grupo Parlamentario Socialista.
 
4º.  Modificar o criterio de xestión  e  concesión  das  pensións non  contributivas  por  parte  da  Consellería  de  Política  Social  mentres se dan as circunstancias expostas no parágrafo anterior, para incluír a  efectiva percepción doutra pensión sempre que o Imserso adopte este criterio nas súas instrucións. 
 
5º.  Dada  a  crítica  situación  dun  gran  número  de  galegas  e  galegos  retornados  de Venezuela  que  levan  máis  de  dous  anos  sen  percibir  as  súas  pensións  do  Goberno daquel país, a Xunta de Galicia establecerá un protocolo especial para a atención integral deste colectivo”.

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-05T18:34:00Z 2018-06-05T18:35:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2673/
Estudantado do CEIP Santo Paio de Abaixo (Redondela) coñece o xardín botánico do Parlamento no Día Mundial do Medio Ambiente

 
• O presidente da Cámara anima aos escolares a asumir o espírito do Día Mundial do Medio Ambiente e combater a contaminación por plásticos
 
Santiago, 5 de xuño de 2018.- Un grupo de 41 alumnos/as de 6º de Primaria do CEIP Santo Paio de Abaixo (Redondela), coñeceron hoxe o Xardín Botánico do Parlamento de Galicia coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente.
 
O alumnado e o profesorado que os acompañou visitaron o Parlamento, onde recibiron información sobre o Xardín Botánico, integrado por especies autóctonas e situado no recinto do Pazo do Hórreo.
 
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, que se sumou á visita, animou aos participantes a asumir o chamamento efectuado este ano pola Organización das Nacións Unidas no Día Mundial do Medio Ambiente para rexeitar o plástico descartable. É dicir, reducir a contaminación por plásticos, que ameaza a vida mariña e humana, e destrúe os ecosistemas naturais, segundo advirte a ONU.
 
Diferentes parlamentos rexionais europeos acollen hoxe actividades relacionadas co Día Mundial do Medio Ambiente no marco dunha estratexia coordinada pola Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas (CALRE), presidida arestora pola titular da Asemblea dos Azores, Ana Luísa Pereira Luís.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-05T14:36:00Z 2018-06-05T14:39:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2672/
Jesús Miguel Prado Patiño toma posesión como deputado do Parlamento de Galicia


 
 
Santiago, 5 de xuño de 2018.- Jesús Miguel Prado Patiño (Frades, 1957) tomou posesión esta mañá como deputado do PPdeG pola Coruña no Parlamento de Galicia. Substitúe a Carlos López Crespo, falecido recentemente.
 
Prado Patiño foi alcalde do Concello de Frades desde 1987 ata 2012;  deputado provincial entre 2001 e 2007; e deputado autonómico na IX lexislatura (2012-2016).
 
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-05T10:32:00Z 2018-06-05T11:27:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2671/
O Parlamento de Galicia recibe aos primeiros visitantes do programa semanal de portas abertas

 
• A partir de hoxe, calquera persoa que o desexe poderá visitar a sede do Lexislativo galego sen necesidade de inscrición previa todos os luns laborables do ano
 
• Santalices subliña o simbolismo das portas abertas: “Non queremos un Parlamento pechado, queremos un Parlamento aberto”
 
• A medida enmárcase na aposta do presidente da Cámara para dar visibilidade á institución e súmase ao programa de visitas guiadas e a “Coñece as túas institucións” dirixido ao estudantado

Santiago, 4 de xuño de 2018.- O Parlamento de Galicia recibiu esta mañá os primeiros visitantes que coñecen a sede do Lexislativo no marco do programa semanal de portas abertas que comeza hoxe. O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieiras, acompañado por portavoces e deputadas da Cámara recibiu esta mañá ás primeiras persoas que toman parte nesta iniciativa.
 
Deste xeito, todos os luns laborables do ano, o Parlamento habilitará tres quendas diarias de visitas, que darán comezo ás 10,00, ás 12,00 e ás 16,30h., nas que  poderá participar calquera persoa que o desexe, sen necesidade de solicitalo previamente, como sucede co programa de visitas guiadas.
 
Cada unha destas visitas durará arredor de unha hora e,  cando as condicións o permitan, poderán facerse coincidir nunha mesma quenda, persoas do programa de portas abertas con outras visitas concertadas con anterioridade. As explicacións ofreceranse en galego ou castelán, segundo caso; e en inglés cando así se demande.
 
O percorrido será o mesmo que o do programa de visitas guiadas. Dará comezo no Salón dos Reis e seguirá a través da Sala de Exposicións (onde se amosa un vídeo divulgativo, unha exposición sobre a composición e funcións do Parlamento e unha maqueta do edificio), bibliotecas,  salas de reunión, Sala das Letras Galegas e Salón de Plenos.
 
Achegar o parlamento á cidadanía
Ao dar a benvida ás persoas que participaron na primeira quenda das portas abertas deste luns, o presidente do Parlamento explicou que esta medida se enmarca na aposta da Cámara por abrir a institución á cidadanía.
 
Santalices destacou o simbolismo desta medida porque, dixo, “non queremos un Parlamento pechado, queremos un Parlamento aberto”.
 
Animou tamén ás persoas visitantes a converterse en “aliados” do Parlamento para dar a coñecer esta experiencia, que tamén permite aos visitantes coñecer a colección de arte do Parlamento, “a mellor colección de arte contemporánea pública, feita con moito esforzo e que é patrimonio de todas as galegas e galegos”.
 
A iniciativa de portas abertas súmase a outras medidas xa en marcha, como o programa de visitas guiadas (operativo de luns a venres, con inscrición previa), ou “Coñece as túas institucións”, impulsado polo Parlamento e pola Xunta para que alumado de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO de centros públicos poda coñecer as sedes das poderes Lexislativo e Executivo de Galicia. Neste caso, Xunta e Parlamento asumen os gastos de desprazamento dos estudantes.
 
Paralelamente, un convenio entre o Parlamento de Galicia e Renfe ofrece descontos do 40% sobre a tarifa en vigor para os grupos organizados que viaxen en tren a Santiago para coñecer a Cámara galega. O desconto aplícase de luns a xoves.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-04T11:28:00Z 2018-06-04T13:42:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2670/
O Parlamento de Galicia implanta un programa de portas abertas de periodicidade semanal

 
• Calquera persoa que o desexe poderá visitar a sede do Lexislativo galego sen necesidade de inscrición previa todos os luns laborables do ano
 
• A medida enmárcase na aposta do presidente da Cámara para dar visibilidade á institución e súmase aos programa de visitas guiadas e a “Coñece as túas institucións” dirixido ao estudantado

Santiago, 2 de xuño de 2018.- O Parlamento de Galicia porá en marcha, a partir do vindeiro luns, 4 de xuño, un programa de portas abertas de periodicidade semanal, que permitirá a calquera persoa que o desexe coñecer a sede do Lexislativo galego sen necesidade de inscribirse previamente.
 
No marco desta iniciativa, todos os luns laborables do ano, o Parlamento habilitará tres quendas diarias de visitas, que darán comezo ás 10,00, ás 12,00 e ás 16,30h., nas que  poderá participar calquera persoa que o desexe.
 
Cada unha destas visitas durará arredor de unha hora e,  cando as condicións o permitan, poderán facerse coincidir nunha mesma quenda, persoas do programa de portas abertas con outras visitas concertadas con anterioridade. As explicacións ofreceranse en galego ou castelán, segundo caso; e en inglés cando así se demande.
 
O percorrido será o mesmo que o do programa de visitas guiadas. Dará comezo no Salón dos Reis e seguirá a través da Sala de Exposicións (onde se amosa un vídeo divulgativo), bibliotecas, área dos grupos parlamentarios, salas de reunión, Sala das Letras Galegas e Salón de Plenos.

Achegar o parlamento á cidadanía
 
O programa de portas abertas enmárcase na aposta do presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, por achegar a institución á cidadanía. A iniciativa súmase a outras medidas xa en marcha, como o programa de visitas guiadas (operativo de luns a venres, con inscrición previa), ou “Coñece as túas institución”, impulsado polo Parlamento e pola Xunta para que alumado de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO de centros públicos poda coñecer as sedes das poderes Lexislativo e Executivo de Galicia. Neste caso, Xunta e Parlamento asumen os gastos de desprazamento dos estudantes.
 
Paralelamente, un convenio entre o Parlamento de Galicia e Renfe ofrece descontos do 40% sobre a tarifa en vigor para os grupos organizados que viaxen en tren a Santiago para coñecer a Cámara galega. O desconto aplícase de luns a xoves.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-02T11:55:00Z 2018-06-02T11:56:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2669/
Diego Calvo reivindica o esforzo do Parlamento para recuperar a confianza da cidadanía e subliña que a Cámara “é de todas as galegas e galegos”

 
• Escolares das catro provincias participan nun pleno organizado coa colaboración de Aldeas Infantiles SOS Galicia no marco do programa “Deputados por un día”, dedicado este ano ao valor da confianza

Santiago, 1 de xuño de 2018.- Escolares dos colexios Sagrado Corazón de Jesús de Castiñeiras (A Coruña), Galén (Lugo), Julio Gurriarán Canalejas de O Barco (Ourense), e A Guía de Meira (Pontevedra) participaron hoxe na Cámara galega nun pleno organizado coa colaboración de Aldeas Infantiles SOS Galicia no marco do proxecto “Deputados por un día”. Con este pleno infantil culminan as actividades organizadas por Aldeas Infantiles ao abeiro do programa “Abraza os teus valores”, que neste curso xirou arredor da confianza.
 
O vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia, Diego Calvo Pouso, presidiu a sesión na que alumnado dos centros participantes formulou diferentes compromisos que foron votados polos asistentes.
 
Na intervención de clausura, Calvo Pouso felicitou aos participantes e agradeceu a Aldeas Infantiles a organización desta iniciativa, que cumpre 20 anos de existencia. Recordou que Aldeas Infantiles SOS Galicia foi galardoada este ano coa Medalla do Parlamento de Galicia en recoñecemento ao seu traballo a prol da infancia.
 
O valor da confianza
 
O vicepresidente da Cámara valorou a decisión de Aldeas Infantiles de propoñer a centros educativos e familias traballar e reflexionar durante o curso que remata sobre o valor da confianza. Ao seu xuízo, “a confianza constitúe a base de calquera relación e en calquera ámbito: nas relacións persoais, na familia, no ensino ou no entorno laboral”.
 
Recordou que o Parlamento de Galicia impulsa tamén diferentes iniciativas encamiñadas a “recuperar a confianza das galegas e galegos”. “O Parlamento –sinalou- non é dos deputados e deputadas; o Parlamento é voso, é da xente; é de todas as galegas e galegos”.
 
Obrigas do Parlamento
 
De xeito paralelo á estratexia encamiñada á apertura do Parlamento á sociedade, o vicepresidente da Cámara sinalou tamén que para que a cidadanía teña confianza no poder Lexislativo, é necesario “elaborar boas leis, que sexan útiles para as persoas; e tamén, por suposto, ser os primeiros en dar exemplo e respectar todas as leis”. Para Diego Calvo, “un Parlamento que non respecta as leis  non é digno de chamarse así, nin é merecente da confianza das persoas ás que representa”.
 
O presidente de Aldeas Infantiles SOS, Pedro Puig Pérez, reivindicou o traballo da organización que dirixe e agradeceu a Medalla que o Parlamento de Galicia lle concedeu este ano.
 
Tamén asistiron ao pleno infantil as deputadas Paula Prado e Luca Chao; así como o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez; e a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta, Amparo González Méndez. 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-06-01T12:26:00Z 2018-06-01T13:54:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2668/
Acordo da Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, celebrada o 31-05-2018


A Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 31 de maio de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 26113 (10/PNC-002009)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e Losada Álvarez, Abel Fermín
Sobre a presentación polo Goberno galego no Parlamento de Galicia dunha proposta de aplicación dos fondos da Estratexia europea de Investimento Territorial Integrado para axudar a reverter a situación de regresión demográfica das comarcas galegas
BOPG n.º 264, do 21.02.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a considerar de cara ao período post 2020 unha proposta de aplicación de fondos na estratexia do Investimento Territorial Integrado co obxectivo de axudar a reverter a situación de regresión demográfica na que se atopan moitas comarcas galegas."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-31T14:02:00Z 2018-05-31T14:10:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2667/
Santalices recomenda unha actitude aberta cara as novas formas de xestión e organización do traballo preservando os dereitos laborais

 
• O presidente do Parlamento participou na sesión inaugural do XXVIII Congreso da Asociación Española de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, que se celebra na Facultade de Dereito da USC
 
• Defende unha maior apertura social do Parlamento, tamén á Universidade, na procura de ideas e achegas que melloren a calidade do traballo de deputadas e deputados

Santiago, 31 de maio de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, defendeu hoxe unha actitude aberta fronte ás novas formas de xestionar e organizar o traballo, e recomendou que calquera reforma que se emprenda teña en conta os intereses dos traballadores e salvagarde os dereitos laborais.
 
O titular do Lexislativo galego compartiu esta reflexións na inauguración do XXVIII Congreso da Asociación Española de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, que desde esta mañá se celebra na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela baixo o lema Descentralización produtiva: novas formas de traballo e organización empresarial.
 
Apertura do Parlamento
 
Santalices Vieira reivindicou o espírito de apertura do Parlamento de Galicia co obxectivo de incrementar a confianza da sociedade nas institucións.
 
Apostou por unha maior presenza e relación da Cámara coa Universidade na procura de  ideas e achegas que melloren a calidade do traballo de deputadas e deputados. Puxo como exemplo o portal  xurídico Lex.gal, desenvolvido por proposta do Parlamento de Galicia coa colaboración da Xunta e da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago, que ofrece, de balde,  unha base de lexislación galega consolidada.
 
O presidente do Parlamento subliñou tamén a importancia de ter en conta a opinión dos expertos, e a do conxunto da cidadanía, á hora de elaborar as leis na Cámara. Puxo como exemplo a súa experiencia durante a tramitación da Lei de dereitos e garantías da dignidade das persoas enfermas terminais, á que incorporou emendas suxeridas por cidadáns coñecedores da realidade sobre a que se estaba lexislando.

 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-31T12:42:00Z 2018-05-31T12:43:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2666/
Participantes no Congreso Asociación Española de Dereito do Traballo visitan o Parlamento de Galicia

 
 

Santiago, 30 de maio de 2018.- Participantes no XXVIII Congreso Anual da Asociación Española de Dereito do Traballo e da Seguridade Social (AEDTSS) visitaron este mércores o Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, que estivo acompañado polos portavoces parlamentarios do PPdeG e do PSdeG-PSOE, Pedro Puy Fraga e Xaquín Fernández Leiceaga; pola deputada do Grupo Socialista Noela Blanco Rodríguez, e polo deputado de En Marea Manuel Lago Peñas.
 
O congreso inaugúrase mañá ás 09,00 h. na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. A Asociación Española de Dereito do Traballo e da Seguridade Social (AEDTSS) está presidida por María Emilia Casas Baamonde, presidenta emérita do Tribunal Constitucional, que tamén participou na visita.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-30T19:46:00Z 2018-05-30T19:52:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2665/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 5 de xuño de 2018

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 5 de xuño de 2018, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 29 de maio de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto preliminar.
 
 Prestación de promesa ou xuramento de acatar e gardar fidelidade á Constitución e ao Estatuto de autonomía de Galicia do novo deputado  D. Jesús Miguel Prado Patiño
 
Punto 1. Textos lexislativos
 
1.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. dos Socialistas de Galicia, do imposto sobre as bolsas de plástico dun só uso en Galicia (doc. núm. 29249, 10/PPL-000018)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 292, do 17.04.2018
 
1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, pola que se modifica o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, para introducir medidas de acción positiva no ámbito universitario e da investigación (doc. núm. 29557, 10/PPL-00019)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 295, do 24.04.2018
 
Punto 2. Comparecencias
 
 31528 (10/CPP-000064)
 Do Sr. conselleiro de Política Social, por petición propia, para informar das políticas de apoio ás familias e á conciliación
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 31362 (10/MOC-000091)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa situación e as condicións laborais do persoal do Sergas (Moción a consecuencia da Interpelación nº 3070, publicada no BOPG nº 48, do 19.1.2017, e debatida na sesión plenaria do 22.5.2018)
 
3.2 31364 (10/MOC-000092)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Chao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa protección do patrimonio cultural do Camiño de Santiago (Moción a consecuencia da Interpelación nº 30455, publicada no BOPG nº 302, do 9.5.2018, e debatida na sesión plenaria do 22.5.2018)
 
3.3 31372 (10/MOC-000093)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e as actuacións que debe levar a cabo para garantir a plenitude dos dereitos das persoas galegas retornadas (Moción a consecuencia da Interpelación nº 2127, publicada no BOPG nº 28, do 14.12.2016, e debatida na sesión plenaria do 22.5.2018)
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 8675 (10/PNP-000818)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Santos Queiruga, Carmen e Merlo Lorenzo, Juan José
 Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da implantación da figura do enriquecemento inxusto ou ilegal no Código penal, co fin de avanzar na loita contra a corrupción
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112, do 10.05.2017
 
4.2 19335 (10/PNP-001426)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
 Sobre o fomento e acollemento polo Goberno galego, de xeito complementario ao investimento público en tecnoloxía sanitaria, de todas aquelas actuacións de mecenado que redunden nunha mellora do servizo ao doente
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 203, do 31.10.2017
 
4.3 30118 (10/PNP-002221)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e Santos Queiruga, Carmen
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a reforma do sistema de elección de vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial e a garantía da independencia do poder xudicial
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 299, do 03.05.2018
 
4.4 30384 (10/PNP-002248)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coa proposta de unificación dos programas de axudas para persoas desempregadas, así como coa compatibilidade entre as prestacións por desemprego e as rendas sociais autonómicas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 301, do 08.05.2018
 
4.5 30476 (10/PNP-002257)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Antón Vilasánchez, María Ángeles e 9 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Concello de Santiago de Compostela en relación coa redacción do proxecto de accesos á nova estación de autobuses, o cronograma da tramitación administrativa necesaria e os prazos contractuais previstos para garantir o seu acceso axeitado, así como as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia respecto do inicio e execución das obras desa estación
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 305, do 16.05.2018
 
4.6 30674 (10/PNP-002263)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa planificación da atención hospitalaria e a cobertura das vacacións do persoal durante os meses de verán
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 305, do 16.05.2018
 
4.7 30849 (10/PNP-002284)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
 Sobre a constitución pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, dunha mesa de traballo interuniversitaria contra a violencia machista, así como a dotación do orzamento necesario para o desenvolvemento da súa actividade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 309, do 23.05.2018
 
4.8 31093 (10/PNP-002306)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación coas prestacións de carácter asistencial e por desemprego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 309, do 23.05.2018
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 18190 (10/INT-000595)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
 Sobre o tratamento de residuos líquidos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 191, do 11.10.2017
 
5.2 23550 (10/INT-000783)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa situación de precariedade do mercado do traballo en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
5.3 30608 (10/INT-001014)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Lago Peñas, José Manuel
 Sobre a situación do sistema financeiro galego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 305, do 16.05.2018
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 31498 (10/POPX-000094)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a valoración do presidente da Xunta de Galicia relativa á corrupción na trama Gürtel e o Partido Popular de Galicia
 
6.2 31499 (10/POPX-000095)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre a valoración polo presidente da Xunta dos efectos para Galicia dos recentes acontecementos que sacudiron a política española
 
6.3 31502 (10/POPX-000096)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre a militancia do presidente da Xunta só con Galicia por riba de calquera circunstancia
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
 
7.1 31436 (10/PUP-000168)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e 2 máis
 Sobre os plans de actuación inmediata desenvolvidos polo Goberno galego para axudar as persoas directamente afectadas pola explosión dunha pirotecnia o 23 de maio de 2018 no concello de Tui
 
7.2 31460 (10/PUP-000169)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
 Sobre as medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia para atender de forma urxente as necesidades das vítimas e familias afectadas pola explosión dunha pirotecnia o 23 de maio de 2018 no concello de Tui
 
7.3 31473 (10/PUP-000170)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Castiñeira Broz, Jaime e 7 máis
 Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para axudar as persoas que viron danadas as súas vivendas pola explosión dunha pirotecnia o 23 de maio de 2018 no concello de Tui
 
7.4 26175 (10/POP-003111)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e 2 máis
 Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para garantir a viabilidade industrial da Fábrica de Armas da Coruña
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 21.02.2018
  
7.5 26702 (10/POP-003179)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre as actuacións levadas a cabo ou previstas polo Goberno galego para intermediar no conflito laboral do persoal do servizo de mantemento do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 268, do 28.02.2018
 
7.6 28710 (10/POP-003377)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e 2 máis
 Sobre a opinión do Goberno galego respecto da calidade asistencial ofrecida no Hospital de Verín
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 289, do 11.04.2018
 
7.7 29945 (10/POP-003508)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
 Sobre os datos da Consellería de Sanidade referidos aos resultados da aplicación do Decreto 105/2017, do 28 de setembro, polo que se regula o sistema de garantía de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 299, do 03.05.2018
 
7.8 28622 (10/POP-003367)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Vázquez Verao, Paula
 Sobre as razóns do Goberno galego para non reforzar con persoal fixo os equipos de valoración e orientación para a discapacidade para rematar coa lista de espera nas valoracións do grao de discapacidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 289, do 11.04.2018
 
7.9 31430 (10/PUP-000167)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego en relación coa solicitude de autorización do proxecto de megaminaría nos concellos de Touro e do Pino, dado o seu impacto medioambiental no sector produtivo da ría de Arousa
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 29 de maio de 2018
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-29T14:36:00Z 2018-05-29T14:42:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2664/
Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 29-05-2018


A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 29 de maio de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 29321 (10/PNC-002324)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Blanco Paradelo, Moisés e 6 máis
Sobre o impulso polo Goberno galego dun programa formativo específico para concienciar os directivos e empresarios respecto das oportunidades e as vantaxes competitivas asociadas á transformación dixital
BOPG n.º 293, do 18.04.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a impulsar un programa formativo específico para concienciar a directivos e empresarios sobre as oportunidades e as vantaxes competitivas asociadas á transformación dixital."
 
Aprobación con modificacións
 
- 29323 (10/PNC-002325)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Romero Fernández, Cristina Isabel e 6 máis
Sobre o impulso polo Goberno galego do uso da marca "“Artesanía de Galicia”" nos establecementos comerciais, co fin de contribuír á mellora da súa visibilidade e comercialización
BOPG n.º 293, do 18.04.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a mellorar as súas políticas de impulso do uso da marca Artesanía de Galicia nos establecementos comerciais e na comercialización dixital, coa finalidade de contribuír á súa visibilidade, fidelización e prestixio. Para isto desenvolverase accións específicas para fomentar a inclusión da marca Artesanía de Galicia nos materiais propios de distribución das e dos artesáns e realizaranse obradoiros formativos para a integración das marcas con criterios de comunicación e publicidade."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-29T13:56:00Z 2018-05-29T13:57:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2663/
Parlamento de Galicia e Afundación colaborarán na promoción e intercambio das súas coleccións de arte

 
• Os presidentes do Parlamento de Galicia e de Afundación asinaron un protocolo que senta as bases para futuras iniciativas de colaboración
 
• A colección de arte do Parlamento conta con 236 obras de 84 autores, mentres que o patrimonio artístico e cultural de Afundación  está integrado por 5.561 obras de 2.249 artistas
 
Santiago, 28 de maio de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e o presidente da Fundación Galicia Obra Social, Afundación, Miguel Ángel Escotet Álvarez, asinaron hoxe un protocolo no que as dúas entidades se comprometen a colaborar na promoción das súas respectivas coleccións de arte a través de iniciativas como a organización de exposicións, o intercambio de pezas ou a realización de estudos que redunden na difusión da arte e a cultura galegas, entre outras.
 
A colección de arte do Parlamento está integrada por un total de 236 obras de 84 autores diferentes. Trátase dunha das coleccións máis valiosas e variadas de arte galega contemporánea, integrada fundamentalmente, por pintura e escultura, que a Cámara aspira a seguir divulgando dentro da súa aposta pola apertura da institución, pero tamén como contribución á promoción  da cultura galega.
 
O patrimonio artístico e cultural de Afundación conforma unha das coleccións corporativas máis importantes de España. Este fondo artístico está integrado por 5.561 obras de 2.249 autores diferentes, desde o século XIX, e con orixe tanto dentro como fóra de Galicia. Foi declarada BIC en 2015.
 
Logo da reunión celebrada no seu despacho, o presidente do Parlamento acompañou ao presidente de Afundación nunha visita a algunas das obras da colección de arte da Cámara galega.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-28T13:24:00Z 2018-05-28T13:26:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2662/
Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 25-05-2018

A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 25 de maio de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 28952 (10/PNC-002290)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
González Vázquez, José e 6 máis
Sobre o desenvolvemento pola Xunta de Galicia dun plan integral de mellora xenética forestal. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 289, do 11.04.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 2 votos en contra e 1 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a desenvolver un Plan integral de mellora xenética forestal."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 13485 (10/PNC-001261)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre a dotación polo Goberno galego ao concello da Rúa dunha motobomba para a extinción dos lumes coas características solicitadas polo Concello
BOPG n.º 170, do 06.09.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego acorda instar á Xunta de Galicia a dotar ao Concello da Rúa dunha motobomba coas características solicitadas polo concello, con carácter de urxencia."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-25T13:27:00Z 2018-05-25T13:38:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2661/
Santalices considera que a estabilidade institucional e a seguridade xurídica de Galicia “contribúen a incrementar a nosa credibilidade”

 
• O presidente do Parlamento participou en Ourense na inauguración do II Congreso Internacional de Drones, onde destacou o “enorme potencial” de Galicia no sector dos vehículos aéreos non tripulados

Santiago, 24 de maio de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, subliñou esta tarde que “nun entorno tan cambiante como o actual, Galicia ofrece unha solidez e unha estabilidade institucional pouco frecuentes –desde logo única en España-  e unha acreditada seguridade xurídica que contribúen a  incrementar a nosa credibilidade no mundo dos negocios”.
 
Santalices Vieira efectuou estas consideracións na inauguración do II Congreso Internacional de Drones, que se celebra en Ourense.
 
Para o presidente do Parlamento, este congreso, organizado polo Colexio Oficial de Graduados Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións e pola Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación, é o resultado dunha “aposta sólida, mantida no tempo, dos profesionais do sector, das institucións e da sociedade no seu conxunto a prol dun sector, o dos vehículos aéreos non tripulados, que conta con enorme potencial de futuro”.
 
Santalices recordou que Galicia “tivo o certo de apostar” polos drones desde a Universidade, coa impartición do Grao de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo en Ourense; desde a Administración, a través do polo aeronáutico de Rozas; e tamén cun protagonismo destacado das empresas privadas.
 
Posteriormente, o presidente do Parlamento de Galicia asiste ao acto de entrega da distinción de colexiado de honra do Colexio de Economistas de Ourense a Manuel Gómez Franqueira.

 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-24T18:15:00Z 2018-05-24T20:52:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2660/
Unha delegación do Fortaleza Esporte Clube vista o Parlamento de Galicia nunha viaxe para reforzar os seus lazos con Santiago e con Galicia

 
• Foron recibidos polo vicepresidente da Cámara galega, Diego Calvo

Santiago, 24 de maio de 2018.- Unha delegación do Fortaleza Esporte Clube –clube de fútbol da cidade brasileira de Fortaleza, capital do estado de Ceará- visitou este mediodía a Cámara galega no marco dunha viaxe encamiñada a reforzar os seus lazos con Santiago de Compostela e con Galicia. O vicepresidente do Parlamento de Galicia, Diego Calvo Pouso, recibiu á delegación brasileira e fixo votos por intensificar os vínculos galaico-brasileiros.
 
O Fortaleza Esporte Clube foi fundado hai case 100 anos, o 18 de outubro de 1918. Dase a circunstancia de que as orixes da cidade de Fortaleza se remontan ao Fortín de Santiago, erixido o 25 de xullo de 1604.
 
Para resaltar os vínculos de Fortaleza con Santiago de Compostela, o equipo de fútbol da cidade estreará, no marco da conmemoración do seu primeiro centenario, unha camiseta especial que incorpora unha imaxe da Cruz de Santiago.
 
A delegación que hoxe visitou o Parlamento de Galicia estaba integrada polo presidente do Fortaleza Esporte Clube, Marcelo Paz, e polo historiador do centenario, Adauto Leitão de Araujo Junior.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-24T12:25:00Z 2018-05-24T12:27:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2659/
Declaración institucional polo Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia


 
Neste día celebramos a eliminación da homosexualidade da lista de trastornos mentais por parte da Asemblea Xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), que tivo lugar o 17 de maio de 1990.
 
Un día coma este é fundamental para poñer de relevancia a importancia de seguirmos avanzando en materia de dereitos e igualdade real e efectiva do colectivo LGTBI+ (lesbianas, gays, transexuais, bixexuais).
 
Pese ao avance nos últimos anos en materia de lexislación neste asunto, a día de hoxe seguimos observando na nosa sociedade casos de discriminación, bullying e LGTBI+fobia.
 
O pasado 1 de marzo o Parlamento Europeo aprobou o Informe sobre os dereitos fundamentais na Unión en 2016. Nel dáse conta da situación da poboación LGTBI+ e insta os países membros da Unión a que apliquen as medidas oportunas para acabar coa discriminación.
 
Fálase da necesidade do recoñecemento supraestatal das unións entre persoas do mesmo sexo, así como aposta pola despatoloxización da transexualidade e a prohibición das
terapias reparadoras da orientación sexual.
 
Este informe vai na senda marcada polos principios de Yogyakarta do 2006 e a Declaración conxunta da ONU do 2015 convocando os estados a actuaren urxentemente para acabar coa violencia e a discriminación contra os adultos, adolescentes e nenos LGBTI.
 
Neste día, o Parlamento de Galicia defende a necesidade de reactivar o debate e o traballo arredor da protección deste colectivo, para evitar que perdamos máis vidas como a de Ekai, Carla e Thalia.
 
Busquemos a igualdade real e efectiva!!!
 
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2018

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-23T13:43:00Z 2018-05-23T13:44:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2658/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 23 de maio de 2018

 

3.1 13046 (10/PNP-001110)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Gil, César Manuel e 7 máis
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia das medidas e accións de recoñecemento para as empresas que colaboran e participan no desenvolvemento da FP
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 158, do 04.08.2017
 
O texto aprobao é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a impulsar medidas e accións de recoñecemento para aquelas empresas que colaboran e participan no desenvolvemento da FP (Dual, Emprendemento, Innovación,...) pola súa contribución a unha mellor formación do alumnado galego, en especial dos máis novos”.
 
 
3.5 29964 (10/PNP-002203)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 8 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa construción dunha nova variante para Ribeira, entre a glorieta do final da autovía da Barbanza AG-11 e a estrada DP-7303
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 299, do 03.05.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1. Avanzar na tramitación dunha nova variante de Ribeira entre a glorieta do final da autovía do Barbanza AG-11 e a DP-7303, de modo que se poida definir o trazado e os terreos necesarios e se asegure a futura execución das obras.
 
2. Licitar antes do verán deste 2018 a redacción do proxecto de trazado da variante de Ribeira”.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-23T13:41:00Z 2018-05-23T13:42:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2657/
Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 22 de maio de 2018


 
2.3 30874 (10/MOC-000090)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pierres López, María Luisa
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa incidencia urbanística do Regulamento xeral de estradas de Galicia. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 28982, publicada no BOPG n.º 293, 18.04.2017, e debatida na sesión plenaria do 08.05.2018)
 
O texto aprobado é o seguinte:

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a abordar  antes do fin de 2018, con representación de deputacións e concellos, os criterios de aplicación do artigo 137 do Regulamento xeral de estradas de Galicia:
 
1.- Estudar con técnicos da administración autonómica, provincial e municipal  as consecuencias da aplicación do texto da regulación contida no artigo 137 do Regulamento xeral de estradas de Galicia.
 
2.- Unha vez aprobada a nova orde de accesos e completado o marco normativo en materia de estradas, avaliar no seu conxunto, xunto con concellos e deputacións, este marco normativo e, en concreto,  a aplicación do artigo 137 do Regulamento baseándose en criterios de seguridade viaria, intensidade de tráfico, funcionalidade e explotación das estradas”.
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-22T14:25:00Z 2018-05-22T15:55:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2656/
Unha unidade móbil de doazón de sangue visita o Parlamento de Galicia

 

Santiago, 22 de maio de 2018.- Unha unidade móbil da Axencia  de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) visitou esta mañá o Parlamento de Galicia para recoller doazóns de sangue, campaña que se repite, polo menos, dúas veces ao ano para incentivar este xesto solidario.
 
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e maila directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, Marisa López García, saudaron aos doadores e doadoras que acudiron ata a unidade móbil desprazada ao Pazo do Hórreo.
 
A campaña de recollida de doazóns de sangue que efectúa a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue en empresas e organismos públicos representa o 9% de todas as doazóns recollidas anualmente en Galicia.
 
Na última campaña de doazón desenvolvida no Parlamento de Galicia, no mes de decembro do pasado ano, doaron sangue 23 persoas.
 
O presidente do Parlamento agradeceu a participación de todas as persoas que hoxe doaron sangue na Cámara galega e insistiu na necesidade de manter e incrementar este xesto altruísta que salva vidas.

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-22T13:16:00Z 2018-05-22T13:17:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2655/
O Parlamento de Galicia declara loito oficial polo falecemento do deputado Carlos López Crespo

 
• Santalices destaca o compromiso de López Crespo, do que subliña  a súa “vocación de servizo e entrega sen límite na procura do ben común”
 
Santiago, 21 de maio de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, manifesta o seu pesar polo falecemento do deputado Carlos López Crespo.
 
O titular do Lexislativo galego desprazarase durante a xornada de hoxe ao tanatorio para trasladar persoalmente o seu pésame á familia do deputado falecido e poñerse á súa disposición.
 
Santalices Vieira destaca o “intenso compromiso de López Crespo en cada unha das responsabilidades institucionais que exerceu ao longo da súa vida política, na que destacou pola súa vocación de servizo e a entrega sen límite na procura do ben común”.
 
O Parlamento de Galicia declarou loito oficial polo falecemento do deputado. Desde esta mañá, as bandeiras ondean a media hasta no Pazo do Hórreo en sinal de pesar.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-21T12:41:00Z 2018-05-21T12:42:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2654/
Acordo da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 15-05-2018

A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 16 de maio de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 28926 (10/PNC-002287)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre o cumprimento polo Goberno galego do compromiso electoral referido á demanda ao Goberno central da rebaixa do IVE dos alimentos sen glute para as persoas celíacas
BOPG n.º 289, do 11.04.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que implante á maior brevidade posible medidas de vantaxe fiscal para as persoas con enfermidade celíaca e erros innatos do metabolismo, ben sexa a rebaixa do IVE actual a todos os alimentos e produtos dietéticos destinados a elas ou ben sexa calquera das alternativas expostas no estudo sobre La situación de las personas con enfermedad celíaca en España elaborado pola institución do Defensor del Pueblo."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-16T16:11:00Z 2018-05-16T16:18:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2653/
Acordo da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 15-05-2018

A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 16 de maio de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso

 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 30016 (10/PNC-002405)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Villoslada, Juan Manuel e 3 máis
Sobre a garantía polo Goberno galego da suficiencia financeira das federacións deportivas galegas co establecemento dun marco plurianual para o período 2018-2020
BOPG n.º 299, do 03.05.2018
 
Sométese a votación a transacción coa emenda do G. P. Popular de Galicia, doc. núm. 31016, e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a realizar un estudo dos custos reais do exercicio das competencias delegadas pola Xunta de Galicia nas federacións deportivas galegas, que permita adecuar o financiamento destes custos á súa realidade, valorando na medida do posible establecer marcos plurianuais de financiamento que faciliten a confección de orzamentos reais ás federacións deportivas de Galicia.”

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-16T16:08:00Z 2018-05-16T16:18:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2652/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 22 de maio de 2018

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 22 de maio de 2018, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 15 de maio de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:

Punto 1. Comparecencia
 
1.1 30968 (10/CPP-000062)
 Da Sra. conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, por petición propia, para dar conta da súa política en materia de economía circular
 
Punto 2. Mocións
 
2.1 30816 (10/MOC-000088)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para evitar as consecuencias no mercado financeiro galego da posible desaparición do Banco Pastor como entidade propia. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 9314, publicada no BOPG n.º 120, 31.05.2017, e debatida na sesión plenaria do 08.05.2018)
 
2.2 30847 (10/MOC-000089)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas enfermidades profesionais. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 21522, publicada no BOPG n.º 229, 19.12.2017, e debatida na sesión plenaria do 08.05.2018)
 
2.3 30874 (10/MOC-000090)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa incidencia urbanística do Regulamento xeral de estradas de Galicia. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 28982, publicada no BOPG n.º 293, 18.04.2017, e debatida na sesión plenaria do 08.05.2018)
 
Punto 3. Proposicións non de lei
 
3.1 13046 (10/PNP-001110)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Gil, César Manuel e 7 máis
 Sobre o impulso pola Xunta de Galicia das medidas e accións de recoñecemento para as empresas que colaboran e participan no desenvolvemento da FP
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 158, do 04.08.2017
 
3.2 27068 (10/PNP-001918)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e 3 máis
 Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da consideración de "proximidade"” para a liña ferroviaria atlántica de Galicia, así como a apertura, de xeito paralelo, dun proceso de diálogo para aumentar as frecuencias dos servizos ferroviarios ofertados e rebaixar o prezo dos billetes de tren
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 272, do 07.03.2018
 
3.3 29370 (10/PNP-002139)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e Losada Álvarez, Abel Fermín
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co financiamento das entidades locais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 296, do 25.04.2018
 
3.4 29758 (10/PNP-002185)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
 Sobre as medidas que debe adoptar e as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para garantir o acceso da sociedade galega aos contidos audiovisuais que distribúen as distintas plataformas en versión orixinal subtitulada en galego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 299, do 03.05.2018
 
3.5 29964 (10/PNP-002203)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Prado, Martín e 8 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa construción dunha nova variante para Ribeira, entre a glorieta do final da autovía da Barbanza AG-11 e a estrada DP-7303
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 299, do 03.05.2018
 
3.6 30345 (10/PNP-002243)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Vázquez Verao, Paula
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para promover o uso normal da lingua galega e facilitar o seu coñecemento no ensino infantil, así como nos centros de atención á infancia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 301, do 08.05.2018
 
3.7 30400 (10/PNP-002251)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cuña Bóveda, María de los Ángeles e 12 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para salvagardar a asistencia sanitaria prestada polo Centro Galego de Bos Aires, así como o seu patrimonio, a súa obra social e o seu legado
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 301, do 08.05.2018
 
3.8 30468 (10/PNP-002256)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre a actuación que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación co financiamento das obras de construción do porto exterior de Punta Langosteira e as súas conexións, así como a posición do Parlamento de Galicia en relación coa devolución polo Goberno central á cidade da Coruña dos peiraos de Calvo Sotelo, Batería e San Diego garantindo o seu destino a fins sociais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 301, do 08.05.2018
 
Punto 4. Interpelacións
 
4.1 2127 (10/INT-000085)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e 5 máis
 Sobre a estratexia da Xunta de Galicia para fomentar o retorno, en plenitude de dereitos, das persoas galegas emigradas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 28, do 14.12.2016
 
4.2 3070 (10/INT-000105)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre a situación das urxencias no Sergas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 48, do 19.01.2017
 
4.3 30455 (10/INT-001007)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa protección do patrimonio cultural do Camiño de Santiago
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 302, do 09.05.2018
 
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
5.1 30960 (10/POPX-000091)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre  a data prevista polo Goberno galego para a remisión ao Parlamento de Galicia da auditoría de KPMG que supostamente recomendaba a fusión das caixas de aforro galegas
 
5.2 30961 (10/POPX-000092)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre a opinión do Goberno galego referida aos resultados das últimas avaliacións coñecidas respecto do sistema sanitario público de Galicia
 
5.3 30965 (10/POPX-000093)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre o traslado á cidadanía de información veraz e completa respecto das motivacións da acción de Goberno da Xunta de Galicia
 
Punto 6. Preguntas ao Goberno
 
6.1 22800 (10/POP-002750)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Pazos Couñago, José Alberto e 6 máis
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para impulsar a participación de Galicia nos asuntos europeos nesta etapa de cambio
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 241, do 17.01.2018
 
6.2 30909 (10/PUP-000164)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre a valoración do Goberno galego respecto dos cambios previstos pola Dirección da CRTVG na programación da Radio Galega a partir do mes de setembro de 2018
 
6.3 30952 (10/PUP-000165)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
Sobre a opinión do Goberno galego respecto das modificacións que se pretenden introducir na grella de programación da Radio Galega
 
6.4 26187 (10/POP-003113)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cal Ogando, Marcos e Sánchez García, Antón
Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia, na defensa do dereito á vivenda, para afrontar a burbulla do alugamento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 21.02.2018
 
6.5 26945 (10/POP-003203)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre a valoración do Goberno galego respecto da inauguración o día 30 de decembro de 2017 das obras de ampliación da ponte de Rande, antes de que estivesen rematadas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 272, do 07.03.2018
 
6.6 22975 (10/POP-002758)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 6 máis
Sobre a valoración do Goberno galego respecto do inicio da segunda fase da conversión do aeródromo de Rozas nun centro tecnolóxico e industrial de avións non tripulados, así como as solucións elixidas para as licitacións de mellora dos servizos públicos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
6.7 24019 (10/POP-002908)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Egerique Mosquera, Teresa e 7 máis
Sobre as circunstancias e condicións do traslado desde Bos Aires a Galicia do cadro de Castelao "A derradeira leición do mestre" para a súa exhibición no museo da Cidade da Cultura
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 251, do 01.02.2018 
 
6.8 30121 (10/POP-003531)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
Sobre as previsións da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria respecto da reformulación do Centro Dramático Galego tendo en conta todos os axentes das artes escénicas implicados
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 299, do 03.05.2018
 
6.9 30149 (10/POP-003535)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Quiroga Díaz, José Antonio e 3 máis
Sobre as razóns do Goberno galego para non ampliar o prazo de presentación de alegacións en relación coa tramitación do expediente para declarar a Ribeira Sacra como ben de interese cultural, coa categoría de paisaxe cultural
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 302, do 09.05.2018 
 
6.10 30959 (10/PUP-000166)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e Torrado Quintela, Julio
Sobre a valoración do Goberno galego respecto da oferta de prazas en escolas públicas infantís da Comunidade Autónoma de Galicia para o vindeiro curso 2018-2019

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 15 de maio de 2018
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-15T14:11:00Z 2018-05-15T14:20:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2651/
Santalices felicita ao Concello de Melide pola súa capacidade para conservar e divulgar “tradicións fermosas” como a Festa do Melindre e a Repostería Tradicional

 
• O presidente do Parlamento de Galicia foi nomeado embaixador desta festa gastronómica

Santiago, 13 de maio de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia,
Miguel Ángel Santalices Vieira, felicitou hoxe ao Concello de Melide pola  súa capacidade para conservar e divulgar “tradicións fermosas” como a Festa do Melindre e a Repostería Tradicional, da que foi nomeado embaixador este mediodía.
 
Nunha breve intervención durante o acto de nomeamento de novos embaixadores desta celebración, Santalices Vieira agradeceu a hospitalidade de Melide, punto destacado do Camiño de Santiago, ruta que “nos mantén en contacto con Europa e co mundo desde hai máis de mil anos” e que se ten convertido, na actualidade, nun “potente motor económico que para si quixera calquera outro territorio”.
 
Recordou o presidente do Parlamento o “papel protagonista de Melide na historia de Galicia”. Puxo como exemplo  a Xunta de Melide de 1467, que marcou inicio do bienio irmandiño; e tamén a Asemblea de Melide de 1520, na que prelados e señores reivindicaron, en tempos de Carlos V, protagonismo político e económico para Galicia.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-13T15:58:00Z 2018-05-13T16:00:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2650/
Acordos da Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o día 11.05.2018

A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 11 de maio de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación con modificacións
 
- 29461 (10/PNC-002346)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a elaboración pola Xunta de Galicia dun informe do posible custo económico, para as principais frotas pesqueiras galegas afectadas, da implantación da obriga de desembarque de todas as capturas realizadas
BOPG n.º 296, do 25.04.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia á elaboración dun informe co custe económico que pode supoñer para as principais frotas pesqueiras galegas afectadas a implantación da obriga de desembarque e coas alternativas de flexibilidade que recolle a normativa."

Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 5322 (10/PNC-000509)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis e 3 máis
Sobre a execución pola Xunta de Galicia das obras de dragaxe do Porto Chico, de Foz
BOPG n.º 75, do 01.03.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a acometer de xeito urxente as obras de dragado do Porto Chico de Foz."

- 29234 (10/PNC-002318)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa transferencia á Xunta de Galicia das competencias sobre os centros do Instituto Oceanográfico Español existentes en Galicia, así como as reivindicacións dos seus traballadores
BOPG n.º 293, do 18.04.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a:

-Demandar ao Estado español o traspaso de competencias para a total xestión económico administrativa dos centros do Instituto Oceanográfico Español hoxe en día en Galicia co obxecto de que pasen a formar parte da estrutura propia da Xunta
 
-Instar  ao  Ministerio  de  Economía,  Industria  e  Competitividade  do  Estado español,   mentres  non  se   dea  traslado   das   competencia   en   xestión  económico administrativa a iniciar un proceso de descentralización dos centros e das infraestruturas do Instituto Oceanográfico Español, nomeadamente para os centros e infraestruturas con sede en Galicia, na cidade da Coruña e na cidade de Vigo, para seren xestionados segundo as súas propias necesidades.
 
-Instar  ao  Ministerio  de  Economía,  Industria  e  Competitividade  do  Estado español, a atender ás demandas das traballadoras e dos traballadores dos centros do IEO, nomeadamente as referidas á creación dunha bolsa de emprego, ao aumento en investimentos en I+D+i e a atención prioritaria para a aprobación áxil de proxectos e no deseño dun modelo actualizado, coa necesaria modernización no sistema de xestión e na estrutura do organismo.”
 
 
- 29459 (10/PNC-002345)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre a intensificación polo Goberno galego dos labores de vixilancia contra o furtivismo naquelas zonas de maior incidencia, en especial nos eidos da comercialización e da restauración e coincidindo coas datas festivas, nas que os produtos do mar acadan maior prezo no mercado
BOPG n.º 296, do 25.04.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a intensificar os labores de vixilancia contra o furtivismo naquelas zonas de maior incidencia, especialmente nos eidos da comercialización e da restauración e coincidindo con datas festivas nas cales os produtos acadan maior prezo no mercado, a través de inspeccións en puntos de venda e en establecementos de hostalería.”
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-11T14:25:00Z 2018-05-11T14:26:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2649/
Declaración institucional sobre os dereitos e liberdades

 
O Parlamento de Galicia reafírmase na defensa da Declaración dos Defensores e Defensoras dos Dereitos Humanos aprobada hai 20 anos pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas.
 
Neste aniversario subliñamos a responsabilidade primeira dos Estados e das institucións para coa defensa dos dereitos universais e, de forma especial nesta declaración institucional, para coa garantía da vida e o exercicio desa defensa por parte daqueles e daquelas hoxe dedicados de forma explícita a esta función.
 
Os chamados Defensores e Defensoras dos Dereitos Humanos son igualmente Defensores e Defensoras da Vida e da Humanidade. Por iso saudamos e apoiamos mediante esta declaración o seu desempeño e compromiso nunha loita que debe ser de todas as persoas.
 
En consonancia coas Nacións Unidas,  este Parlamento tamén é consciente da perda de valor nos últimos anos do discurso dos dereitos humanos en detrimento doutros principios e intereses (políticos, xeoestratéxicos, económicos ou comerciais), o que nos preocupa de forma especial. E por iso:
 
1. O Parlamento de Galicia reafirma o seu compromiso coa consideración dos dereitos humanos individuais e colectivos tal e como foron recollidos nos instrumentos internacionais, con especial referencia á Declaración Universal dos Dereitos Humanos neste o seu 70 aniversario, e á coñecida como Declaración de Defensores e Defensoras dos Dereitos Humanos, da que celebramos o seu 20 aniversario.
 
2. Así mesmo, entendendo que todos e todas temos, xunto ás organizacións sociais, responsabilidade e funcións que realizar na protección e recoñecemento dos Defensores e Defensoras, facemos un especial chamado ás institucións públicas para o cumprimento de todas as súas responsabilidades nesa mesma protección.
 
3. Rexeitamos os procesos de criminalización que se articulan, especialmente desde algúns sectores económicos e políticos, contra o labor dos defensores e defensoras. Estas persoas contan, desde as súas actuacións pacíficas e como defensoras da vida, co recoñecemento e protección deste Parlamento.
 
4. Recoñecemos o destacado traballo realizado ata a data por diferentes programas de protección temporal de defensores e defensoras de dereitos humanos, sempre en coordinación continua entre institucións e organizacións sociais do ámbito da cooperación e a solidariedade internacional.
 
5. Por último, o Parlamento de Galicia trasladará esta declaración institucional ao Goberno de Galicia, á Valedora do Pobo e ao Goberno de España, solicitando a estas instancias que activen, de acordo coas súas competencias, os mecanismos e procedementos necesarios para o total e libre exercicio de todos os dereitos humanos por parte dos Defensores e Defensoras en calquera país do mundo.
 
Santiago de Compostela, 9 de maio de 2018

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-09T19:21:00Z 2018-05-09T19:25:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2648/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 9 de maio de 2018


5.2 24025 (10/PNP-001737)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Xustiza en relación coa creación de novas unidades xudiciais en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 250, do 31.01.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“1.- O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Xustiza para que continúe,  con  cargo  á  nova  programación  2018,  coa  creación  de  novas  unidades xudiciais en Galicia, que de xeito consensuado propoña a Comisión Mixta, en atención a   necesidades  obxectivas  e  estruturais  de  carga  de  traballo  e  o  número  de  unidades que lle sexan asignadas á Comunidade Autónoma.
 
2.- Asemade, e coa mesma vontade de garantir e mellorar o servizo de administración de Xustiza e evitar retrasos indebidos nos procedementos, o Parlamento de Galicia manifesta que, unha vez que a Xunta de Galicia ten presentado ante as organizacións sindicais con representación no eido xudicial unha oferta que da cumprimento aos cinco puntos do acordo parlamentario acadado sobre a Moción nº de rexistro 21265 e particularmente ao primeiro punto referido ás retribucións deste persoal, urxe proceder a unha solución inmediata do conflito a través da sinatura por parte das organizacións sindicais do acordo nos termos propostos pola Xunta e que coinciden  co mandato unánime expresado por este Parlamento o 19 de decembro de 2017.
 
3.- Do mesmo xeito, en coherencia con ter expresado a súa firme vontade de favorecer a resolución do conflito sindical, o Parlamento de Galicia manifesta a súa enérxica condena ás actitudes amosadas por un sector sindical contra as persoas traballadoras da administración de xustiza que acudiron o pasado 27 de abril a expresar a súa libre vontade sobre o fin do conflito no eido da xustiza”.

 
5.8 29902 (10/PNP-002197)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e 7 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación co proceso de integración europea, así como os principios que deben inspirar a acción exterior e as demandas da Xunta de Galicia ante as institucións europeas ao respecto.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 296, do 25.04.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia:
 
1.- Acorda proclamar o seu decidido apoio ao proceso de integración europea, para culminar axiña unha Unión máis estreita, un mercado interior tan eficiente como equitativo e xusto e unhas Institucións que enchan plenamente de contido a divisa de “Unida na diversidade”, que sintetiza o cerne da nosa Unión.
 
Este decidido apoio ao proceso de integración europea considera prioritario o piar europeo de dereitos socias, aprobado conxuntamente polo Parlamento Europeo, o Consello e a Comisión o pasado 17 de novembro de 2017 durante o Cumio Social en favor do Emprego xusto e o crecemento celebrado en Gotemburgo, Suecia, outorgándolle á cidadanía novos dereitos sociais e máis efectivos, nos tres seguintes eixos:
- A igualdade de oportunidades e de acceso ao mercado de traballo.
- Condicións de traballo xustas.
- A protección e a inclusión social.
 
Galicia reivindica o Proxecto Europeo como modelo de integración social, económica, xurídica e democrática, que salvagardando as identidades propias de cada territorio, busca de forma decidida impulsar  un modelo de convivencia pacífica, solidaria, próspera e en igualdade, contraria aos modelos de sociedade individualista, especulativa e xenófoba. Europa precisa reconstruír un  modelo social tronzado pola Gran recesión; Galicia, en Europa, aposta por restaurar un novo contrato social, onde o desenvolvemento económico teña como eixe principal unha sociedade plural e sen as desigualdades actuais.
2- Nese sentido, insta á Xunta de Galicia a desenvolver a súa acción exterior e as súas demandas ante as institucións europeas a través dos seguintes principios:
 
- Reforzar o principio de confianza mutua e cooperación leal entre os Estados membros que compoñen a Unión Europea, en todos os eidos e todos os ámbitos. Estes principios vinculan inexorablemente a todos os poderes públicos de todos os Estados membros e son indispensables para garantir de xeito efectivo os dereitos, liberdades e principios enunciados na Carta dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea.
 
- Manifestar a necesidade de vigorizar a diversidade cultural e lingüística europea, igualmente amparada no artigo 3 do Tratado da Unión e no 165 e 167 do seu Tratado de funcionamento.
 
- Intensificar a cohesión económica, social e territorial inserida nos artigos 174 e concordantes deste último Tratado, en especial no que atinxe ao mantemento das políticas de cohesión, ao reforzo das políticas de cooperación transfronteiriza e ao impulso das conexións ferroviarias.
 
- Afondar na subsidiariedade, pensando en especial nas rexións, estados federados e comunidades con competencias lexislativas, que debe materializarse en novos pulos ao Comité das Rexións, elevando as súas competencias, mellorando a súa interlocución co Parlamento Europeo, co Consello e coa Comisión Europea, dotándoo de plena lexitimación perante o Tribunal de Xustiza, e todo en liña co plasmado na vixente Estratexia Galega de Acción Exterior.
 
- Reclamar unha mellor arquitectura da Unión Económica e Monetaria, que permita afrontar coa debida seguridade hipotéticas crises futuras e actuar proactivamente para defender os dereitos sociais dos nosos cidadáns, con iniciativas como a cofinanciación dos seguros de desemprego e a verdadeira europeización da formación profesional e da educación en xeral das novas xeracións, nun mercado interior idéntico en esencia a calquera mercado nacional.
 
- Facer fincapé na urxente necesidade de redefinir o modelo fiscal europeo para limitar a competencia desleal entre estados membros, reforzando a normativa para unha estrita loita contra a evasión, a elusión fiscal e o blanqueo de capitais, tanto a nivel da Unión como nacional, nun contexto de necesaria actuación global. Os indicadores de `Bo goberno fiscal´ deben integrar a axenda europea.
 
A cooperación transfronteiriza en materia de IVE e harmonización fiscal das bases tributarias do imposto de sociedades deben de contribuír a esta nova política fiscal europea, que esixe unha maior transparencia por parte de todos os axentes, públicos e privados, que interveñen nas transaccións financeiras.
 
- Despregar toda a acción política precisa para que Galicia, no vindeiro Marco Financeiro Plurianual 2021-2027 que ven de propoñer a Comisión Europea, non perda peso nas políticas de agricultura e pesca (axudas da PAC) nin nos fondos de cohesión, apostando por un maior incremento do orzamento comunitario que tamén aposte polos mozos e mozas, os programas de investigación e desenvolvemento, a loita contra o cambio climático e a solidariedade en materia migratoria”.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-09T16:06:00Z 2018-05-11T14:18:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2647/
Declaración institucional do Parlamento de Galicia

 
Coñecido o fallo da sentenza da Audiencia Provincial de Navarra que cualifica de abuso sexual (e non de agresión sexual) os feitos acaecidos en Pamplona durante a madrugada do 7 de xullo de 2016, o Parlamento de Galicia acorda manifestar:
 
1.- O Parlamento de Galicia reafirmase na súa defensa da separación de poderes e o respecto á independencia do poder xudicial, piar fundamental do estado de dereito consagrado na vixente Constitución de 1978. Porén, os Tribunais de Xustiza, ao igual que toda manifestación pública do exercicio dos poderes dun Estado democrático, están expostos á opinión pública.
O Parlamento de Galicia, recollendo o sentir maioritario da sociedade galega, mostra o seu desacordo co fallo da mencionada sentenza, que ao non ser firme, pode ser recorrido co obxectivo de que se modifique  a cualificación xurídica dos feitos descritos como probados no mencionado fallo como un delito continuado de abuso sexual. Neste sentido, manifesta o seu acordo co anuncio do Ministerio Fiscal de presentar recurso contra dita sentenza.
 
2.- O Parlamento de Galicia traslada todo o seu apoio e solidariedade á vítima, aos seus familiares e persoas achegadas.
 
3.- O Parlamento de Galicia mostra a súa comprensión coa decepción e a indignación das mulleres e de toda a cidadanía como consecuencia deste fallo.
 
4.- O Parlamento de Galicia reafirma que todas as institucións deben actuar no marco do dereito de toda muller á súa plena liberdade, e, por conseguinte, declaramos o noso rexeitamento absoluto a calquera tipo de agresión sexista e de calquera outra natureza contra as liberdades das mulleres.
 
5.- O Parlamento de Galicia reafirma o seu compromiso para continuar traballando a favor da igualdade real e efectiva, en defensa dos dereitos das mulleres, e para a erradicación das desigualdades e os distintos tipos de violencia que se exercen cara a elas.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-09T15:16:00Z 2018-05-09T15:39:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2646/
Moción aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia o 8 de maio de 2018


 
4.3 30154 (10/MOC-000087)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Villoslada, Juan Manuel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para mellorar o emprego público e as condicións de traballo no sector público autonómico. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 28232, publicada no BOPG n.º 284, do 27.03.2018, e debatida na sesión plenaria do 24.04.2018)
 
O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego, a que no marco do Acordo para a mellora do emprego público asinado entre o Ministerio de Facenda e Función Pública e as OO.SS. o 29 de marzo de 2017 e do II Acordo para a mellora do emprego público e de condicións de traballo asinado polo Goberno central cos Sindicatos CCOO, UGT e CSI-F o 9 de marzo de 2018, e tendo en conta os criterios da Comisión de Coordinación de Emprego Público, desenvolva os procesos de negociación colectiva na Mesa xeral de empregados públicos sobre as materias de competencia autonómica recollidas nos ditos Acordos para os anos 2018, 2019 e 2020, de desenvolvemento tanto do II acordo estatal como de adaptación do acordo entre a Xunta de Galicia e CCOO, UGT e CSI-F, asinado o 18 de outubro de 2017, en concreto:
 
1.- Establecer as medidas as que se adicará a porcentaxe adicional da masa salarial que o Goberno galego estará autorizado a aplicar para os anos 2018, 2019 e 2020 dentro do marco de estabilidade orzamentaria e sostenibilidade financeira.
 
2.- Determinar os sectores nos que prioritariamente se poderá incrementar de forma adicional nun 8% a taxa xeral do 100% de reposisión de efectivos para o ano 2018, dentro do marco de estabilidade orzamentaria e sostenibilidade financeira como das conclusións das distintas comisións de seguimento establecidas nesta materia entre as Organizacións Sindicais e a Xunta de Galicia.
 
3.- Establecer, unha vez consultadas as Organizacións Sindicais tanto na mesa xeral de negociación como na Comisión de Persoal, a taxa adicional de estabilización de emprego temporal para o conxunto de entidades que integran o sector público autonómico, nos termos habilitados polos devanditos Acordos.
 
4.- Determinar, se proceder, respecto da xornada ordinaria común de 37,5 horas semanais, outras xornadas ordinarias de traballo, ben un reparto anual de xornada segundo as necesidades de cada función, tarefa ou ámbito sectorial, atendendo en especial ao tipo de xornada ou as xornadas a turnos, nocturnas ou especialmente penosas. 
 
5.- Establecer as retribucións dos empregados públicos en situación de incapacidade temporal que, mediante un complemento retributivo sumado á prestación do Réxime xeral da Seguridade Social ou dos reximes especiais de funcionarios públicos, permita acadar ata o cen por cen das retribucións fixas previsas ao inicio da situación de incapacidade temporal, podéndose establecer diferentes escenarios retributivos en función do tipo de continxencia que dera lugar á incapacidade temporal ou da duración da mesma.
 
6.- Impulsar de xeito decidido os plans de igualdade, conciliación e corresponsabilidade no conxunto de entidades do sector público autonómico, regulándose unha bolsa de horas de libre disposición acumulables, de ata un 5% da xornada anual, para a atención de necesidades de conciliación para o coidado de maiores, discapacitados e fillos menores, nos termos que se acorden".

 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-08T19:49:00Z 2018-05-08T19:49:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2645/
Julia Torregrosa toma posesión como deputada do Parlamento de Galicia

 
Santiago, 8 de maio de 2018.- A nova deputada do Grupo Parlamentario de En Marea, Julia Torregrosa Sañudo, tomou posesión esta mañá, ao inicio do Pleno do Parlamento de Galicia. Torregrosa ocupa o escano ao que renunciou Xoán Hermida.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-08T11:16:00Z 2018-05-08T11:41:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2644/
Santalices: “A arbitrariedade é incompatible co protocolo”

 
• O presidente do Parlamento inaugurou en Santiago  unha mesa redonda sobre política e protocolo, organizada pola Asociación Española de Protocolo no marco do seu 25 aniversario

Santiago, 7 de maio de 2018.- “O protocolo só pode considerarse tal se se aplica en democracia e con arreglo aos principios inspiradores do Estado de Dereito. Porque a ausencia de democracia implica arbitrariedade, e a arbitrariedade é incompatible co protocolo”. Son reflexións do presidente do Parlamento de Galicia, Migel Ángel Santalices Vieira, que esta tarde inaugurou en Santiago unha mesa redonda sobre “Os políticos e o protocolo”, organizada pola Asociación Española de Protocolo, no marco dun encontro profesional organizado con motivo do seu 25 aniversario.
 
Santalices aproveitou a súa intervención, para convidar aos asistentes a analizar se o protocolo actual dispensa a deputadas e deputadas un protagonismo acorde coa representatividade que lles outorgan as urnas.
 
O presidente do Parlamento confesou que, como responsable público, segue as indicacións que os técnicos de protocolo lle suxiren en cada momento, do mesmo xeito que “temos a obriga de seguir as indicacións dos nosos servizos xurídicos”.
Apuntou que “no Parlamento de Galicia así o facemos, e non nos vai precisamente mal en comparación con outros lugares nos que fan unha interpretación arbitraria da lei”.
 
Previamente, os integrantes da Asociación Española de Protocolo efectuaron unha visita guiada á sede do Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo presidente da Cámara.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-07T19:51:00Z 2018-05-07T19:53:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2643/
O presidente do Parlamento expresa o seu recoñecemento polo “traballo encomiable” do Consello da Cultura Galega

 

Santiago, 7 de maio de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, acompañado pola vicepresidenta segunda e a vicesecretaria da Mesa da Cámara, efectuou este mediodía unha visita institucional ao Consello da Cultura Galega, onde expresou o seu recoñecemento polo “traballo encomiable” que esta institucion vén desenvolvendo na defensa e promoción da cultura galega ao longo dos seus 35 anos de historia.
 
O presidente da Cámara Lexislativa agradeceu tamén o espírito de “colaboración institucional” que o Parlamento de Galicia atopou sempre no Consello da Cultura Galega, especialmente no ámbito da promoción cultural e os vínculos coa lusofonía.
 
A visita do presidente e integrantes da Mesa do Parlamento ao Consello da Cultura Galega enmárcase na aposta de apertura do Parlamento impulsada por Santalices Vieira desde a Presidencia do Lexislativo. A de hoxe súmase ás visitas xa efectuadas a institucións como o Valedor do Pobo, o Consello de Contas ou o Museo do Pobo Galego.

 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-07T14:25:00Z 2018-05-07T14:27:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2642/
Acordo da Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, celebrada o 4 de maio de 2018

A Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 4 de maio de 2018, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 28353 (10/PNC-002230)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa defensa da liberdade de expresión, así como a demanda que debe realizar ao Goberno central respecto do exercicio dos dereitos e liberdades fundamentais
BOPG n.º 284, do 27.03.2018
 
Sométese a votación separada por alíneas, resultando aprobada a alínea 1 pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a comprometerse activamente coa defensa da liberdade de expresión e denunciar toda actuación que entorpeza, limite ou impida a libre expresión de opinións ou crenzas".

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-07T12:38:00Z 2018-05-07T12:39:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2641/
A Cámara galega patrocinará a participación dos gañadores do Parlamento Xove nun certame de ámbito estatal que se celebrará no Senado

 
• O vicepresidente do Parlamento, Diego Calvo, participou na clausura, este mediodía, do  Parlamento Xove 2018, iniciativa que “contribúe a consolidar os valores democráticos, imprescindibles para facilitar a convivencia”

Santiago 5 de maio de 2018.- O equipo gañador da categoría de ESO da actual e de futuras edicións do certame Parlamento Xove poderá participar, co patrocinio da Cámara galega, nunha competición de ámbito estatal organizada no seo da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos (COPREPA) e que se celebrará no Senado en datas próximas. Así o anunciou o vicepresidente da Cámara Galega, Diego Calvo Pouso, este mediodía, na clausura de Parlamento Xove 2018, organizado pola Consellería de Política Social da Xunta.
 
Calvo Pouso felicitou a todos os participantes e gañadores deste certame no que, “como no deporte, e como case todo na vida, o importante é participar, afrontar calquera reto con interese, sen escatimar esforzos”. Agregou que desde o Parlamento de Galicia “colaboramos encantados” na organización deste programa, porque “permite avanzar no compromiso de abrir o Parlamento á sociedade”, ao tempo que “contribúe a consolidar os valores democráticos, imprescindibles para facilitar a convivencia”.
 
Diego Calvo felicitou tamén aos organizadores de Parlamento Xove 2018 por incluír, entre os temas de debate da fase clasificatoria,  a educación ambiental nos centros educativos e a súa posible incidencia na prevención de incendios forestais. Ao seu xuízo, “é evidente que o monte non arde el solo” polo que “con independencia dos dispositivos que se podan habilitar, resulta ineludible unha actitude vixiante fronte aos delincuentes que atacan o monte, sempre ao carón dun rexeitamento social absoluto”.
 
O acto foi clausurado polo conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e contou tamén coa participación de deputados e deputadas.
 
Gañadores
 
Equipo campión de Parlamento Xove 2018 na categoría de ESO:
• Colexio Plurilingüe San José-FEC, de Lugo.
 
Equipo subcampión de Parlamento Xove 2018 na categoría de ESO:
• Colexio Maristas Inmaculada, de Lugo.
 
Equipo campión de Parlamento Xove 2018 na categoría de Bacharelato:
• IES de Becerreá.
 
Equipo subcampión de Parlamento Xove 2018 na categoría de bacharelato:
• Colexio SEK-Atlántico, de Poio.
 
Mellores oradores no Parlamento Xove 2018, categoría de ESO:
• Almudena Mesejo Gondar (CPR Plurilingüe Sagrada Familia, de Vilagarcía)
• Yago José Cabrera Díaz (CPR Maristas Inmaculada, de Lugo).
• Paula Parente Castedo (Colexio Plurilingüe San José-FEC, de Lugo).
• Manuel Kevin Campos Pérez (IES A Xunqueira II, de Pontevedra).
 
Mellores oradores no Parlamento Xove 2018, categoría de Bacharelato:
• Saúl Corredoira Rodríguez (Colexio Plurilingüe San José-FEC, de Lugo).
• Silvia López Soto (IES de Becerreá).
• Xoel Rodríguez Pou (IERS de Becerreá).
• Elena Bengoa Fernández (Colexio La Salle, de Santiago).
• Sabrina Pérez López (IES A Pinguela, de Monforte).
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-05T14:26:00Z 2018-05-05T14:31:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2640/
Santalices reclama “un gran pacto de Estado coa participación de todos para blindar o futuro das pensións”

 
• O presidente do Parlamento participou este mediodía en Ourense no XLV Congreso Rexional de Viúvas, onde felicitou a estas asociacións polo labor que desempeñan
 
Santiago, 5 de maio de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, reclama “un gran pacto de Estado, entre todos e coa participación de todos, para blindar o futuro das nosas pensións”, segundo sinalou este mediodía en Ourense, nunha intervención pronunciada no marco do XLV Congreso
Rexional de Viúvas.
 
Recordou Santalices que se ben “nos últimos tempos se teñen producido avances, continúa resultando imprescindible unha implicación activa de todo o arco parlamentario estatal máis aló da estratexia curtopracista de cada formación”.
Apuntou que sería “inxusto” non recoñecer os avances dos últimos anos, e saudou tamén a aposta da Xunta polas pensións non contributivas a través dun complemento que renova anualmente.
 
“Non pode ser –dixo- que os partidos políticos utilicen as pensións e os pensionistas, un día e outro tamén, como arma de confrontación política. Hai que sentarse e buscar unha solución definitiva, que garanta a viabilidade das pensións e retire este asunto do debate político cotiá, porque xera intranquilidade e iso non é bo para ninguén”.
 
Santalices felicitou ás asociacións de viúvas polo traballo que desenvolven tanto no ámbito da socialización -“xa se sabe que relacionarnos con outras persoas e levar unha vida activa e bo para a nosa saúde física e tamén para a mente”-, como na defensa dos dereitos do colectivo e na axuda á resolución de problemas.
 
Maior esperanza e calidade de vida
 
Recordou tamén o presidente do Parlamento que “o perfil da terceira idade mudou moito e seguirá mudando para mellor nos vindeiros anos” como consecuencia do incremento da esperanza de vida, pero tamén da crecente calidade de vida derivada dos coidados médicos.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-05T14:17:00Z 2018-05-05T15:12:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2639/
Acordos da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 3 de maio de 2018

 
A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 3 de maio de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 28178 (10/PNC-002208)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cal Ogando, Marcos e Sánchez García, Antón
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para o fomento do uso da bicicleta como medio de desprazamento alternativo aos vehículos de motor co obxecto de contribuír á loita contra o cambio climático e a mellora da saúde dos cidadáns
BOPG n.º 284, do 27.03.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego, dentro da potenciación dos desprazamentos alternativos aos vehículos a motor, a loita contra o cambio climático e a mellora da saúde dos cidadáns,
 
1. Declara a vontade de instalar un aparcadoiro de bicicletas no Parlamento de Galicia
 
2. e insta á Xunta de Galicia a que inicie un estudo para instalar aparcadoiros de bicicletas nos edificios públicos da súa titularidade para visitantes e empregados."
 
- 28193 (10/PNC-002210)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para tramitar as obras de reparación e contención nas zonas da praia da Lamiña e O Codesal, no concello da Guarda, para evitar maiores prexuízos pola deterioración da liña de costa na ribeira española do esteiro do Miño e solicitar un informe técnico ao Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas
BOPG n.º 284, do 27.03.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno do Estado un informe técnico ao Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas (CEDEX) e, de acordo con ese informe, que leve a cabo no 2018 as obras de reparación e contención nas zonas da Praia da Lamiña e o Codesal no concello de A Guarda."
 
- 29450 (10/PNC-002342)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Barreira, María Julia e 6 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central en relación coa eliminación con carácter prioritario polo Adif dos pasos a nivel que conten cun maior tránsito de persoas e vehículos, nomeadamente na cidade de Monforte de Lemos, así como o reforzo, namentres, dos seus sistemas de seguridade para garantir un tránsito viario, ferroviario e peonil seguro
BOPG n.º 296, do 25.04.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno do Estado que o Adif priorice a eliminación dos pasos a nivel que conten cun maior tránsito de vehículos e persoas, nomeadamente na cidade de Monforte, no conxunto dos que se ten previsto eliminar nos próximos anos.
 
E a que en tanto estes pasos non sexan eliminados, se reforcen os sistemas de seguridade de que están dotados, especialmente naqueles que contan cun maior tránsito de vehículos e persoas -como é o paso a nivel da Florida-, a fin de garantir a seguridade do tránsito viario, ferroviario e mesmo peonil.
 
O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno do Estado para que realice un estudo para a modernización da liña ferroviaria Ourense-Lugo no que se preste especial atención á eliminación dos pasos a nivel."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-04T09:39:00Z 2018-05-04T09:40:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2638/
Acordos da Comisión 4ª, Educación e Cultura, celebrada o 3 de maio de 2018

A Comisión 4ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 3 de maio de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 28011 (10/PNC-002195)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para cumprir o artigo 15 da Lei 52/2007 e retirar o nome da "Rúa do Caudillo" en Beade (Ourense)
BOPG n.º 280, do 21.03.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a comunicarlle ao concello de Beade que cumpra o artigo 15.1 da Lei 52/2007; retire nun prazo de 3 meses o nome de "Rúa do Caudillo" e o substitúa por un que respecte a memoria Histórica Democrática."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 28418 (10/PNC-002236)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Gómez Salgado, Carlos e 7 máis
Sobre o inicio polo Goberno galego dos traballos para a realización dun estudo respecto das características senlleiras dos entroidos tradicionais de Galicia, como paso previo á incoación do procedemento para a súa declaración progresiva como ben de interese cultural
BOPG n.º 287, do 04.04.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que, como paso previo ao inicio do procedemento para a súa declaración progresiva como Ben de Interese Cultural (BIC), comece os traballos para a realización dun estudo sobre as características senlleiras dos Entroidos tradicionais de Galicia."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-03T16:00:00Z 2018-05-03T16:02:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2637/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o día 8 de maio de 2018

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 8 de maio de 2018, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 2 de maio de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Informe anual do Valedor do Pobo correspondente ao ano 2017.
 29374 (10/IVAL-000002)
 Publicación do Informe anual, BOPG n.º 293, do 18.04.2018
 
Punto 2. Textos lexislativos
 
2.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, para remitir ao Congreso dos Deputados, orgánica e transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Xunta de Galicia (doc. núm. 20737, 10/PPLC-000007)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 219, do 29.11.2017
 
2.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. de En Marea, relativa ás medidas urxentes de emerxencia social en materia de prestacións económicas para paliar a pobreza enerxética e tendentes á mellora da eficiencia enerxética dos fogares vulnerables.
(doc. núm. 26278, 10/PPL-000015)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 263, do 20.02.2018
 
Punto 3. Comparecencias
 
 30282 (10/CPP-000058)
 Do Sr. conselleiro de Facenda, por petición propia, para informar do seguimento do Plan estratéxico de Galicia 2015-2020
 
Punto 4. Mocións
 
4.1 30142 (10/MOC-000085)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto ambiental das verteduras de augas residuais procedentes de explotacións mineiras. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 27754, publicada no BOPG n.º 280, do 21.03.2018 e debatida na sesión plenaria do 24.04.2018)
 
4.2 30153 (10/MOC-000086)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co orzamento consignado para o ano 2018 para a prevención do abandono escolar. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 28849, publicada no BOPG n.º 289, do 11.04.2018, e debatida na sesión plenaria do 24.04.2018)
 
4.3 30154 (10/MOC-000087)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para mellorar o emprego público e as condicións de traballo no sector público autonómico. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 28232, publicada no BOPG n.º 284, do 27.03.2018, e debatida na sesión plenaria do 24.04.2018)
 
Punto 5. Proposicións non de lei
 
5.1 19450 (10/PNP-001439)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
 Sobre a negociación pola Xunta de Galicia co Concello da Coruña e as demais partes implicadas da revisión dos convenios portuarios do ano 2004, así como os criterios de ordenación, a forma xurídica do consorcio, o financiamento e os accesos ao porto exterior e os demais apartados contidos na proposta de protocolo trasladada polo Goberno municipal da Coruña
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 203, do 31.10.2017
 
5.2 24025 (10/PNP-001737)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Prado del Río, Paula e 5 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Xustiza en relación coa creación de novas unidades xudiciais en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 250, do 31.01.2018
 
5.3 28878 (10/PNP-002092)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Toja Suárez, María Dolores e Torrado Quintela, Julio
 Sobre a realización polo Goberno galego dun estudo respecto da posible implantación do sistema de cotas individuais transferibles e as súas implicacións para as pesqueiras multiespecíficas que operan no Cantábrico
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 289, do 11.04.2018
 
5.4 29120 (10/PNP-002114)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Chao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación salarial dos mestres e do persoal docente de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 293, do 18.04.2018
 
5.5 29342 (10/PNP-002133)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Burgo López, María de la Concepción e Álvarez Martínez, Luis Manuel
 Sobre o impulso pola Xunta de Galicia dun pacto pola lingua galega e as actuacións que debe levar a cabo ao respecto
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 293, do 18.04.2018
 
5.6 29544 (10/PNP-002161)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a declaración de caducidade da concesión mineira San Rafael (núm. 2946) no concello de Touro
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 296, do 25.04.2018 
 
5.7 29632 (10/PNP-002167)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre a convocatoria polo Goberno galego, o máis axiña posible, da Comisión de seguimento do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na Área Metropolitana de Vigo, e a inclusión na súa orde do día da solicitude do Concello de Gondomar para a súa incorporación a ese tipo de transporte
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 296, do 25.04.2018
 
5.8 29902 (10/PNP-002197)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Puy Fraga, Pedro e 7 máis
 Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación co proceso de integración europea, así como os principios que deben inspirar a acción exterior e as demandas da Xunta de Galicia ante as institucións europeas ao respecto.
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 296, do 25.04.2018
 
Punto 6. Interpelacións
 

6.1 9314 (10/INT-000394)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre as consecuencias no mercado financeiro galego da posible venda do Banco Popular
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 120, do 31.05.2017
 
6.2 21522 (10/INT-000734)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre a política do Goberno galego en relación coas enfermidades profesionais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 229, do 19.12.2017
 
6.3 28982 (10/INT-000936)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa incidencia urbanística do Regulamento xeral de estradas de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 293, do 18.04.2018
 
Punto 7. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
7.1 30278 (10/POPX-000088)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto da modificación da súa política en relación coa lingua galega
 
7.2 30279 (10/POPX-000089)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre a avaliación do Goberno galego respecto das súas políticas en relación coa corrección dos desequilibrios territoriais internos de Galicia
 
7.3 30280 (10/POPX-000090)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre as intencións da Xunta de Galicia respecto do uso de xeito partidario dos medios públicos para facer campaña electoral
 
Punto 8. Preguntas ao Goberno
 
8.1 30240 (10/PUP-000161)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
 Sobre as razóns da Xunta de Galicia para o asinamento dun protocolo co Ministerio de Fomento, Portos do Estado e a Autoridade Portuaria da Coruña para a xestión do borde litoral da cidade da Coruña
 
8.2 29131 (10/POP-003424)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
 Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para garantir o futuro do servizo ferroviario Renfe-Feve, a súa planificación e xestión
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 293, do 18.04.2018
 
8.3 29707 (10/POP-003480)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Losada Álvarez, Abel Fermín e 2 máis
 Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para aliviar a densidade de tráfico pesado na A-55, no tramo Vigo-O Porriño
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 296, do 25.04.2018 
 
8.4 30238 (10/PUP-000160)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 7 máis
 Sobre a avaliación do Goberno galego respecto da viaxe oficial a México que vai realizar o presidente da Xunta de Galicia, xunto co conselleiro de Economía, Emprego e Industria no mes de maio de 2018
 
8.5 29564 (10/POP-003468)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da integración dos profesionais de Educación Social en toda a educación obrigatoria de primaria e secundaria, así como na infantil
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 296, do 25.04.2018
 
8.6 24249 (10/POP-002926)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Arias, Marta e 7 máis
 Sobre os recursos destinados e as liñas de colaboración da Xunta de Galicia coas entidades de iniciativa social prestadoras de servizos sociais para o desenvolvemento de programas e actuacións de loita contra a pobreza e a exclusión social en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 07.02.2018
 
8.7 28931 (10/POP-003404)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 4 máis
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto da creación de novos equipos de valoración e orientación da discapacidade na provincia de Pontevedra
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 289, do 11.04.2018
 
8.8 30005 e c.e. 30155 (10/PUP-000159)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Toja Suárez, María Dolores e 2 máis
 Sobre o tipo de controis que está a levar a cabo o Goberno galego para garantir o cumprimento dos requisitos exixidos na concesión das axudas cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural
 
8.9 30277 (10/PUP-000163)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Santos Queiruga, Carmen
 Sobre as razóns do Goberno galego para considerar agora vangarda tecnolóxica os medios de salvamento aéreo da Xunta de Galicia que pasaron a mans privadas no seu día por considerar que estaban obsoletos e que precisaban de actualización
 
8.10 22696 (10/POP-002735)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 López Crespo, Carlos Enrique e 7 máis
 Sobre o balance que fai a Consellería do Mar respecto do desenvolvemento das campañas para o fomento do consumo de peixes e mariscos tituladas "O sabor da aventura está no mar", "Ponlle as pilas ao teu bocata" e "Do mar ao prato"
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 241, do 17.01.2018
 
8.11 28662 (10/POP-003372)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Toja Suárez, María Dolores e Torrado Quintela, Julio
 Sobre a garantía polo Goberno galego do cumprimento polos helicópteros Pesca I e Pesca II das condicións técnicas necesarias para a prestación na actualidade do servizo de salvamento marítimo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 289, do 11.04.2018
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 2 de maio de 2018

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-05-02T16:09:00Z 2018-05-02T16:11:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2636/
Santalices: “O Parlamento non é dos deputados, é da xente”


 
• O presidente do Parlamento de Galicia pronunciou este mediodía o pregón da XXVI Feira do Queixo na Ulloa, Produtos de Calidade e Turismo Sostible
 
• Santalices congratúlase dos avances rexistrados no agro e recorda que “atrás quedou aquela vida de esforzo e de penurias nunca suficientemente recoñecida, sobre todo paras as mulleres, as auténticas heroínas da Ulloa e de Galicia enteira”
 
• “Como galego e como médico recomendo sempre os nosos queixos. Son un alimento único”

Santiago, 29 de abril de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, pronunciou este mediodía en Palas de Rei o pregón da XXVI Feira do Queixo na Ulloa, Productos de Calidade e Turismo Sostible, onde enxalzou as características desta comarca e animou a consumir queixo do país.
 
Recordou Santalices a pelerinaxe efectuada por Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey no verán de 1927 entre Ourense e San Andrés de Teixido, un percorrido a pé que levaría a Otero a destacar a “fartura” e as “boas terras” da comarca da Ulloa, con “montañas esgrevias” que “teñen moitas veces máis zume vital que os vales farturentos”.
 
Despensa farturenta
 
Para Santalices, esta comarca é unha “terra privilexiada polos tesouros ambientais e monumentais que acubilla”, pero tamén “unha despensa farturenta” que destaca pola calidade de produtos como a carne ou o queixo, cunha “fama que traspasa fronteiras”.
 
Referiuse Santalices o modo de vida tradicional, “unha vida dura, heroica, que aínda hoxe recordamos, nalgúns casos idealizada, pero que case ninguén quere que volva”. A xuízo do presidente do Parlamento, nas pasadas décadas, “Galicia mudou moito, e foi en boa parte grazas ao ingreso de España en Europa, unha Europa que aquí resultaba familiar pola Ruta Xacobea”. Ese avance, traduciuse, como sinalou o pregoeiro, nunha mellora da calidade de vida das persoas, e tamén da calidade, o control sanitario e as canles de comercialización de productos locais como o queixo da Ulloa.
 
Legado centenario
 
“Atrás quedou aquela vida de esforzo e de penurias nunca suficientemente recoñecida, sobre todo para as mulleres, as auténticas heroínas da Ulloa e de Galicia enteira”, subliñou o presidente do Parlamento.  Ás mulleres da Ulloa, “as verdadeiras artífices  da feira que hoxe celebramos”,
Santalices rendeu homenaxe.
 
“Foron as mulleres, as queixeiras de onte e de hoxe –dixo-, as que perpetuaron e transmitiron os saberes centenarios relacionados coa elaboración do queixo, un dos máis apreciados polos consumidores. E iso nunca é froito da casualidade, senón do traballo calado e do saber facer legado xeración tras xeración”.
 
Sobre o produto enxalzado nesta feira, Santalices apuntou que “como galego, e como médico, recomendo sempre os nosos queixos. Son un alimento único, apto para case calquera persoa”.
 
“O Parlamento é da xente”
 
O titular do Lexislativo galego aproveitou o seu pregón para convidar aos asistentes a coñecer e visitar o Parlamento de Galicia. “As nosas portas están sempre abertas e estaremos encantados de recibilos. Porque o Parlamento non é noso, non é dos deputados. É da xente. De todas e todos vostedes. Por iso deben coñecelo”.
 
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-04-29T15:14:00Z 2018-04-29T17:08:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2635/
Acordo da Comisión de estudo e análise das reformas da política forestal, do 27 de abril de 2018

A Comisión especial de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan Forestal de Galicia, avaliando a experiencia acumulada dende 2006 e, especificamente, a extraordinaria vaga de lumes que vén de sufrir Galicia en outubro de 2017 , na súa sesión do día 27 de abril de 2018, adoptou o seguinte acordo:
 
Composición, réxime e goberno interior, organización e funcionamento
 
Solicitude de comisións non permanentes (Art. 50-51)
 
Designación da Ponencia que se encargará de redactar o proxecto de ditame da Comisión.
- 20218 (10/SCNP-000008)
 
G.P. Popular de Galicia (P):
Don José González Vázquez (titular)
Don Silvestre José Balseiros Guinarte (suplente)
 
G.P. de En Marea (EM):
Don David Rodríguez Estévez (titular)
Dona Paula Quinteiro Araujo (suplente)
 
G.P. dos Socialistas de Galicia (S):
Don Xaquín Fernández Leiceaga (titular)
Don José Antonio Quiroga Díaz (suplente)
 
G.P. do Bloque Nacionalista Galego (BNG):
Don José Luis Rivas Cruz (titular)
Don Xosé Luis Bará Torres (suplente)
 
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2018

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-04-27T13:18:00Z 2018-04-27T13:20:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2634/
Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 26 de abril de 2018

 A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 26 de abril de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 18697 (10/PNC-001516)
Grupo Parlamentario de En Marea
Vázquez Verao, Paula e Villares Naveira, Luis
Sobre a creación pola Xunta de Galicia dun consello galego da infancia e a adolescencia como organismo participativo nas políticas publicas do Goberno galego e as actuacións que debe levar a cabo ao respecto, así como no fomento do desenvolvemento da participación da infancia e da adolescencia nos consellos locais, de acordo coa Fegamp, con especial atención á participación en igualdade de condicións dos nenos con diversidade funcional
BOPG n.º 194, do 17.10.2017
 
Sométese a votación a transacción coa emenda do G. P. Popular de Galicia, doc. núm. 27036, e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1. Crear o Consello Galego da Infancia e a Adolescencia, como órgano participativo que canalice e represente a opinión e a experiencia dos nenos e nenas galegos.
2. Crear, no primeiro semestre de 2018, o Observatorio Galego da Familia e da Infancia, como órgano colexiado de carácter asesor e de apoio, análise, investigación, estudo e proposta de actuacións en materia de familia e de infancia.
3. Que tanto no Observatorio como no Consello se teñan en conta as seguintes liñas de traballo, sendo prioritaria a promoción da participación infantil: a igualdade de xénero, a situación da pobreza en Galicia e no mundo e a preocupación polo medio ambiente.
4. Fomentar o desenvolvemento da participación da infancia e a adolescencia en Consellos locais, de acordo coa FEGAMP, prestando especial interese ao fomento da participación de nenos e nenas con diversidade funcional en igualdade de condicións."

Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 27154 (10/PNC-002097)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para resolver as deficiencias estruturais e as carencias de persoal existentes no Centro de Saúde de Pazos de Borbén
BOPG n.º 272, do 07.03.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
- Dotar do persoal necesario o Centro de saúde de Pazos de Borbén para poder atender de xeito eficaz a demanda da poboación.
- Realizar as obras de reforma e ampliación necesarias para adaptar o Centro de Saúde."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-04-26T21:07:00Z 2018-04-26T21:08:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2633/
Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 26 de abril de 2018

 A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 26 de abril de 2018, adoptou os seguintes acordos:.
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 27969 (10/PNC-002177)
Grupo Parlamentario de En Marea
Casal Vidal, Francisco e 2 máis
Sobre o desenvolvemento polo Goberno galego, a través da Axencia de Turismo de Galicia, dun proxecto para o estudo e a posta en marcha de plantacións de frondosas autóctonas nas marxes do Camiño de Santiago, así como as actuacións que debe levar a cabo ao respecto
BOPG n.º 280, do 21.03.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia  a:
 
1.- Desenvolver, a través da Axencia de Turismo de Galicia, un proxecto para estudar e poñer en marcha plantacións de frondosas autóctonas nas marxes do Camiño de Santiago.
 
2.- Implicar neste proxecto a toda a industria forestal de Galicia, escolas forestais universitarias, centros educativos das zonas polas que percorre o Camiño, asociacións de defensa da natureza, etc.
 
3.- Desenvolver pezas didácticas sobre cultura e patrimonio forestal destinadas aos  peregrinos,  así  como,  información  sobre  as  especies  e  ecosistemas  que rodean ao Camiño de Santiago".

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-04-26T13:51:00Z 2018-04-26T13:52:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2632/
Arredor de 400 escolares coñecen o Parlamento de Galicia nunha xornada de portas abertas para infantil e primaria

 
• Trátase da segunda edición desta experiencia que complementa o programa de visitas guiada á sede do Lexislativo galego
 
• Santalices anima aos escolares galegos a coñecer o Parlamento e agradece a implicación do profesorado neste tipo de actividades

Santiago, 26 de abril de 2018.- O Parlamento de Galicia acolle esta mañá unha xornada infantil de portas abertas na que participan arredor de 400 escolares de Educación Infantil e Primaria escolarizados en centros das catro provincias galegas. O escolares foron recibidos polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.
 
O presidente do Parlamento deu a benvida ás nenas e nenos e convidounos a participar nas actividades programadas para dar a coñecer as funcións e o traballo da Cámara. Santalices Vieira agradeceu tamén a implicación do profesorado para a realización deste tipo de actividades de divulgación.
 
Actividades
 
No Hemiciclo, recibiron explicacións sobre o funcionamento da institución, mentres que noutras dependencias participaron en actividades como quebracabezas ou a visualización de diferente material audiovisual. Os participantes na actividade tamén tiveron ocasión de coñecer unha edición facsimilar, a tamaño real, da Carta Xeométrica de Galicia, elaborada por Domingo Fontán na primeira metade do século XIX. A visita estivo animada polos Bolechas.
 
Os escolares coñeceron tamén o material didáctico e os xogos dispoñibles na web do Parlamento de Galicia para divulgar o papel do poder lexislativo galego entre as nenas e nenos de Infantil e Primaria (https://goo.gl/7MRoLi).
 
A de hoxe é a segunda xornada infantil de portas abertas que acolle o Parlamento de Galicia nesta Lexislatura. A actividade xurdiu para complementar e reforzar o programa de visitas guiadas ao Parlamento de Galicia.
 
Desde marzo deste ano tamén está en marcha o programa “Coñece as túas institucións”, impulsado polo Parlamento e pola Xunta para divulgar o papel das institucións autonómicas e explicar a separación de poderes a estudantado de centros públicos. “Coñece as túas institucións” está dirixido a alumnado de 5º e 6º e primaria e 1º e 2º de ESO. O número de solicitudes de participación neste programa sitúase xa en 115 a día de hoxe.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 
 
 
 
 

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-04-26T12:21:00Z 2018-04-26T18:44:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2631/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 25 de abril de 2018

 

4.1 22812 (10/PNP-001678)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
López Crespo, Carlos Enrique e 7 máis
Sobre o desenvolvemento pola Xunta de Galicia do Plan estratéxico da conserva, horizonte 2020, así como o inicio, en colaboración co sector, da elaboración e redacción do Plan estratéxico do conxelado, co horizonte en 2025
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a desenvolver o Plan Estratéxico da Conserva   Horizonte   2020,   que   recolle   as   liñas   principais   para   asegurar   a competitividade e viabilidade do noso sector cara ao futuro, así como a iniciar, da man do  sector, a  elaboración  e  redacción  do  Plan  estratéxico  do  Conxelado,  co  horizonte posto en 2025 e centrando os obxectivos da competitividade deste eido produtivo para determinar as oportunidades que se abren neste sector e fortalecer as liñas de traballo que permitan a expansión da produción e a obtención de maior valor engadido para os nosos produtos”

4.6 28162 (10/PNP-002023)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para solicitar do Goberno central a modificación das bases das convocatorias dos organismos autónomos adscritos ao Sistema nacional de saúde para garantir a inclusión de cláusulas de non discriminación polo exercicio de dereitos laborais por razón de maternidade e a revisión de procedementos administrativos firmes e non firmes onde se puidera ter dado unha situación de discriminación
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 284, do 27.03.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta a  dirixirse ao Goberno central para:
 
1.- Modificar as bases das convocatorias dos organismos autónomos adscritos ao Sistema   Nacional   de   Saúde   para   garantir   que   se   inclúan   nas   bases   de contratación, dos concursos públicos e bolsas de investigación, cláusulas de non discriminación  polo  exercicio  dos  dereitos  laborais  recoñecidos  legalmente  por razón  de   maternidade,  de  igual  forma  que  se  fai  xa  actualmente  no  espazo Europeo.
 
2.- Iniciar procesos de revisión de procedementos administrativos firmes onde se producisen  esta  clase  de  discriminacións  para  revogar  de  oficio  as  situacións xurídicas individualizadas nas que xa se teña vulnerado, coma no caso de María de la Fuente, o dereito á igualdade polo simple exercicio dos dereitos laborais no período de valoración curricular.
 
3-.  Recoñecer,  en  procedementos  administrativos  ou  xudiciais  non  firmes,  a situación de discriminación producida e recoñecer as pretensións de tratamento”.
 
4.7 28519 (10/PNP-002062)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Arias, Marta e 8 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da posta en marcha, en coordinación coas comunidades autónomas e os concellos, da  tarxeta social universal
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 287, do 04.04.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno central para:
1.- Demandar a inmediata posta en marcha da tarxeta social de carácter universal, en coordinación coas Comunidades Autónomas e os concellos no marco das súas competencias, a fin de que os cidadáns e cidadás poidan beneficiarse á maior brevidade das vantaxes inherentes á mesma.
 
2.- A tarxeta social configurarase como instrumento técnico básico de transparencia e coordinación, que permitirá recoller o conxunto da información relevante, co obxectivo de facilitar e axilizar as xestións necesarias”.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-04-25T17:43:00Z 2018-04-25T17:44:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2630/
O Parlamento e ASPANAEX colaborarán na inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual

 

Santiago, 23 de abril de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, e a presidenta da Asociación a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual da Provincia de Pontevedra (ASPANAEX), María Teresa Galisteo de la Fuente, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para a realización de actividades de asesoramento e apoio á inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual na Administración do Parlamento de Galicia.
 
O acordo enmárcase na aposta do Parlamento por contar coas achegas das principais entidades e organizacións que traballan no ámbito da discapacidade en Galicia para avanzar en materia de integración laboral.
 
Na actualidade está aberto o proceso de selección para cubrir unha praza de uxier do Parlamento de Galicia reservada para persoas que acrediten algunha discapacidade intelectual. Ademais, unha das oito bolsas para a formación práctica no Parlamento de Galicia, no actual exercicio de 2018, está reservada para persoas con discapacidade intelectual.

 
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-04-23T10:36:00Z 2018-04-23T10:37:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2629/
Santalices: “Galicia está en débeda con Otero Pedrayo e con toda a súa xeración”

 
• O presidente do Parlamento inaugurou en Fonseca o simposio “Os anos máis felices: Otero en Compostela”, organizado pola Fundación Otero Pedrayo

Santiago, 20 de abril de 2018.- O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, considera que “Galicia está en débeda con Otero Pedrayo e con toda a súa xeración”. Ao seu xuízo, “eles son os auténticos pais fundadores da Autonomía de Galicia e case todos pagaron un altísimo prezo  por ese servizo: coa súa vida, coa cadea, co desterro, co exilio ou, como no caso de Don Ramón, sendo afastado da docencia, castigado sen emprego e soldo, entre 1937 e 1948”.
 
Santalices efectuou esta reflexións no acto inaugural do simposio “Os anos máis felices: Otero en Compostela,  organizado pola Fundación Otero Pedrayo no marco do denominado “Abril Oteriano”. O acto celebrouse no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, en Santiago.
 
A xuízo do titular da Cámara galega, Otero Pedrayo foi “un modelo a seguir”, na medida en que o caracterizaban cualidades como o seu “profundo compromiso galeguista, a súa inquebrantable honestidade e coherencia persoal e política, as súas fortes conviccións éticas e a súa infatigable curiosidade intelectual”.
 
Logo de referirse aos anos de docencia de Otero Pedrayo na Universidade de Santiago e os cambios rexistrados desde entón, o presidente do Parlamento recordou que, ao longo das últimas décadas, “Galicia dotouse das súas propias institucións de autogoberno e, canda este proceso, avanzamos tamén en autoestima e en autocoñecemento. Sen intención algunha de caer na autocompracencia, é de xustiza recoñecer que a lingua e a cultura de Galicia están hoxe normalizadas grazas, en parte, ao traballo dos nosos devanceiros, e grazas tamén ao autogoberno que entre todos fomos edificando”. Agregou Santalices que “canda a lingua e a cultura avanzan tamén a ciencia e a economía; avanza, en suma, a sociedade galega no seu conxunto”.
 
O acto inaugural contou tamén coa participación, entre outros, do reitor da Universidade de Santiago, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o presidente da Fundación Otero Pedrayo, e os presidentes do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega.
 
Logo do acto inaugural, o presidente do Parlamento presentou a Ramón Villares Paz que, nese mesmo simposio, pronunciou unha conferencia titulada “De Trasalba a Compostela”.
 
Paralelismos entre Otero Pedrayo e Villares Paz
 
Logo de compartir cos asistentes o extenso perfil académico e intelectual do profesor Villares Paz, Santalices subliñou o “paralelismo” entre a produción bibliográfica de Ramón Villares e as preocupacións, vivencias e traballo de Otero Pedrayo. Cuestións como a xeografía, o agro, o ocaso da fidalguía ou os retos da cultura galega  son “asuntos presentes na obra e no pensamento destes dous eruditos galegos”, en palabras de Santalices, que destacou tamén a “paixón compartida pola lusofonía” de Otero Pedrayo e Villares Paz.

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 
 
 
 
 

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-04-20T18:06:00Z 2018-04-20T20:57:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2628/
Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

A Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 20 de abril de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 28951 (10/PNC-002289)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiros Guinarte, Silvestre José e 6 máis
Sobre o desenvolvemento pola Xunta de Galicia da figura das agrupacións de defensa contra os incendios forestais, reflectidas na normativa vixente na materia. (Procedemento de urxencia)
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 6 votos a favor, 0 votos en contra e 4 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a desenvolver a figura das agrupacións de defensa contra os incendios contempladas na normativa de incendios forestais."

Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 28611 (10/PNC-002257)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa prevención dos incendios forestais nas zonas próximas aos núcleos rurais e vivendas habitadas
BOPG n.º 289, do 11.04.2018
 
Sométese a votación a transacción coa emenda presentada polo G.P. Popular de Galicia, doc. núm. 29734, e resulta aprobada pola unanimidade dos 10 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1.- Impulsar un plan de actuación en faixas secundarias de xestión da biomasa cunha participación maioritaria na financiación desas actuacións pola Xunta de Galicia.
 
2.- Priorizar no plan de actuación o apoio financeiro para delimitar as faixas secundarias así como para que os propietarios realicen a limpeza dos montes sen que o seu coste exceda do que se estima un prezo xusto.
 
3.- Aplicar gradualmente o plan de actuación priorizando as actuacións nas parroquias de alta actividade incendiaria.
 
4.- Coordinarse coa FEGAMP e as deputacións para que a implantación do plan de actuación poida realizarse antes de que comece o período de máximo risco."

Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 28598 (10/PNC-002256)
Grupo Parlamentario de En Marea
Rodríguez Estévez, David e 2 máis
Sobre a información pola Xunta de Galicia respecto do avance da praga de couza guatemalteca e das medidas previstas para a súa erradicación no concello de Muxía e na Costa da Morte, así como das medidas adoptadas, dos seus efectos e das axudas concedidas a particulares e produtores
BOPG n.º 287, do 04.04.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 10 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1.- Informar sobre o avance da couza guatemalteca e as medidas que se van tomar a fin de erradicala no Concello de Muxía e a Costa da Morte.
 
2.- Informar sobre as medidas establecidas ata o de agora e os seus efectos, recollidos na resolución do 8 de marzo de 2017 que recolle as zonas infestadas e as zonas tampón, e implementa as medidas para a erradicación e control do organismo de corentena.
 
3.- Informar sobre as axudas concedidas a particulares e produtores."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-04-20T13:56:00Z 2018-04-20T13:58:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2627/
Santalices reivindica o xornalismo de calidade como “único antídoto capaz de contrarrestar os efectos nocivos da desinformación”

 
• O presidente do Parlamento de Galicia inaugurou en Pontevedra o XVIII Curso Complementario de Comunicación e Protocolo
 
• Recorda que deputados e deputadas “foron elixidos nas urnas para exercer unha alta responsabilidade, non para que dediquen o seu tempo a tuitear desde o escano, porque iso poden facelo noutro momento”
 
• Considera que “política e comunicación son dúas realidades indisociables” e apunta a necesidade de apostar pola bidireccionalidade, porque “o vello esquema da cidadanía como espectadora da vida pública pasou á historia”

Santiago, 18 de abril de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia asegurou esta mañá que “malia as dificultades ás que se enfrontan os medios de comunicación, existe un consenso xeneralizado que apunta ao xornalismo de calidade como único antídoto capaz de contrarrestar os afectos nocivos da desinformación que campa ás súas anchas por Internet”.
 
Santalices Vieira pronunciou esta mañá a conferencia inaugural do XVIII Curso Complementario de Comunicación e Protocolo e das VII Xornadas de Comunicación Institucional e Imaxe Pública que se celebran na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra.
 
Reivindicou o presidente da Cámara galega o “papel transcendental  dos xornalistas e dos medios de comunicación nas democracias avanzadas como a nosa”.
 
Na mesma liña, o titular do Lexislativo galego recordou que o Regulamento da Cámara outorga un papel “determinante” aos xornalistas acreditados, ata o punto de que nin deputados nin público poden tomar fotografías das sesións.
 
Respectar as normas
 
Por iso, Santalices apuntou que “se queremos e aspiramos a dignificar o labor dos parlamentarios, coido que é bo respectar as normas. Que os xornalistas fagan o seu traballo e os deputados e deputadas exerzan o seu labor. Foron elixidos nas urnas para exercer unha alta responsabilidade, a de representar ás galegas e galegos no poder lexislativo, non para que dediquen o seu tempo a tuitear desde o escano, porque iso poden facelo noutro momento”.
 
O conferenciante admitiu ter a “impresión persoal” de que en ocasións, desde a tribuna de oradores do Hemiciclo “se coida tanto ou máis a imaxe, a posta en escena na procura dunha foto, dun plano pensando na televisión ou nos vídeos de Internet, que a oratoria e a calidade do discurso”.
 
Política e comunicación, realidades indisociables
 
Con todo, Santalices insistiu en que “política e comunicación son dúas realidades indisociables, máis nos nosos días”, e apostou pola “comunicación no sentido máis amplo, contando cos novos medios e coas novas demandas sociais”. Apostou por unha relación bidireccional, porque “aquel vello esquema no que a cidadanía contemplaba a vida pública como espectadora pasou á historia”.  “Quen non vexa esta realidade ou se negue a aceptala ten ou terá serios problemas”, aseverou.
 
Recordou Santalices Viera que para avanzar nesa dirección, se aprobou en 2015 a Lei de iniciativa popular e participación cidadá no Parlamento de Galicia, que contempla diferentes posibilidades para que galegas e galegos teñan un papel proactivo no Lexislativo autonómico.
 
Entre as cualidades, que  ao seu xuízo, deben reunir deputadas e deputados, o presidente do Parlamento enumerou as seguintes: saber comunicar, capacidade para conectar coa xente, entender os problemas e procurar solucións; dispoñibilidade (“un deputado non é un empregado que traballa de oito a catro”); coherencia, honestidade, credibilidade, proactividade; visión de futuro e capacidade de anticipación.
 
“Mudaron as formas, pero a esencia permanece. A política feita polas persoas e para as persoas, dentro dun marco normativo aceptado e respectado por todos. Nada hai inamovible, nin sequera as leis. Pero principios como a orde, a cortesía e o respecto, esencias do protocolo aos que moitos de vostedes se dedican, deberán prevalecer sempre que aspiremos a seguir vivindo en democracia, ao amparo da lei e do Estado de Dereito”, afirmou o presidente da Cámara galega.
 
Santalices concluíu o seu relatorio convidando aos participantes a analizar se o protocolo actual contempla para deputadas e deputados un tratamento acorde coa representación democrática e institucional que as urnas lles outorgan.
 
Durante a súa intervención Santalices Vieira compartiu tamén datos referidos á historia do Parlamento e aos cambios rexistrados ao longo dos 36 anos transcorridos desde a sesión constitutiva da Cámara, que tivo lugar o 19 de decembro e 1981 no Pazo de Xelmírez, cedido polo Arcebispado de Santiago de Compostela.
 
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-04-18T10:53:00Z 2018-04-18T11:04:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2626/
Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 24 de abril de 2018


A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 24 de abril de 2018, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 17 de abril de 2018, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Textos lexislativos

1.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei para presentar perante o Congreso dos Deputados, do  G.P. do Bloque Nacionalista Galego, de modificación da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico para o impulso da electricidade como un ben público e de garantía no seu acceso (doc. núm. 26808, 10/PPLC-000009)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 268, do 28.02.2018
 
1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei para a súa remisión ao Congreso, do  G.P. de En Marea, de modificación do Real Decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social (doc. núm. 27973, 10/PPLC-000010)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 279, do 20.03.2018

Punto 2. Comparecencias

 
2.1 29477 (10/CPP-000055)
 Do Sr. conselleiro de Economía, Emprego e Industria, a petición propia, para informar sobre as directrices enerxéticas de Galicia
2.2 29445 (10/CPP-000054)
 Da Sra. conselleira do Medio Rural, por petición propia, para informar do futuro da Política Agraria Común (PAC) en Galicia

Punto 3. Mocións

3.1 29390 (10/MOC-000082)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa prestación de atención sanitaria no Sergas na área de xestión sanitaria da Coruña. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 28365, publicada no BOPG n.º 284, do 27.03.2018, e debatida na sesión plenaria do 10.04.2018)
 
3.2 29398 (10/MOC-000083)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa perda de poder adquisitivo das pensións. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 27661, publicada no BOPG n.º 280, do 21.03.2018, e debatida na sesión plenaria do 10.04.2018)
 
3.3 29421 (10/MOC-000084)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas deficiencias existentes nos servizos de urxencias dos centros hospitalarios do Sergas. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 28372, publicada no BOPG n.º 284, do 27.03.2018, e debatida na sesión plenaria do 10.04.2018)

Punto 4. Proposicións non de lei

4.1 22812 (10/PNP-001678)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 López Crespo, Carlos Enrique e 7 máis
 Sobre o desenvolvemento pola Xunta de Galicia do Plan estratéxico da conserva, horizonte 2020, así como o inicio, en colaboración co sector, da elaboración e redacción do Plan estratéxico do conxelado, co horizonte en 2025
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
4.2 24309 (10/PNP-001759)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cal Ogando, Marcos e Sánchez García, Antón
 Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa suba das tarifas das peaxes da AP-9 prevista para o ano 2018 con motivo das obras de ampliación da autoestrada na ponte de Rande
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 07.02.2018
 
4.3 26168 (10/PNP-001846)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa e 4 máis
 Sobre a posta en marcha polo Goberno galego das actuacións necesarias para acadar, antes do remate de 2018, a gratuidade do transporte público regular de viaxeiros por estrada competencia da comunidade autónoma para as persoas mozas, en condicións semellantes, cando menos, ás da Tarxeta Xente Nova
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 21.02.2018
 
4.4 27429 (10/PNP-001959)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e 2 máis
 Sobre a presentación polo Goberno galego no Parlamento de Galicia, antes do remate do primeiro período de sesións de 2018, dun informe respecto da aplicación, durante o curso 2016-2017, do I Plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos de Galicia, así como das modificacións necesarias para a consecución dos seus obxectivos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 276, do 14.03.2018
 
4.5 28139 (10/PNP-002021)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para incrementar a contía do "Fondo extraordinario, perceptores subsidios e pensións non contributivas" e solicitar do Goberno central o incremento das pensións non contributivas ata a contía equivalente ao salario mínimo interprofesional
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 284, do 27.03.2018
 
4.6 28162 (10/PNP-002023)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia para solicitar do Goberno central a modificación das bases das convocatorias dos organismos autónomos adscritos ao Sistema nacional de saúde para garantir a inclusión de cláusulas de non discriminación polo exercicio de dereitos laborais por razón de maternidade e a revisión de procedementos administrativos firmes e non firmes onde se puidera ter dado unha situación de discriminación
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 284, do 27.03.2018
 
4.7 28519 (10/PNP-002062)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Rodríguez Arias, Marta e 8 máis
 Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central da posta en marcha, en coordinación coas comunidades autónomas e os concellos, da  tarxeta social universal
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 287, do 04.04.2018

4.8 28925 (10/PNP-002096)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Sobre a solicitude polo Goberno galego da mediación e arbitraxe do Consello Galego de Relacións Laborais na negociación entre a Xunta de Galicia e o comité de folga do persoal da Administración de xustiza
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 289, do 11.04.2018

Punto 5. Interpelacións

5.1 27754 (10/INT-000896)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón
 Sobre a política do Goberno galego en relación co impacto medioambiental das verteduras de augas residuais procedentes de explotacións mineiras
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 280, do 21.03.2018
 
5.2 28232 (10/INT-000910)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e 3 máis
 Sobre a política do Goberno galego sobre a mellora do emprego público e das condicións de traballo no sector público autonómico
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 284, do 27.03.2018
 
5.3 28849 (10/INT-000933)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Burgo López, María de la Concepción
 Sobre a política do Goberno galego en materia de prevención do abandono escolar
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 289, do 11.04.2018

Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta

6.1 29467 (10/POPX-000085)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre o cambio da política forestal e rural do Goberno galego
 
6.2 29468 (10/POPX-000086)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre a avaliación das políticas da Xunta de Galicia en relación cos estudos universitarios de posgrao
 
6.3 29469 (10/POPX-000087)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre o nivel de utilización da totalidade dos recursos dispoñibles para solucionar o problema do desemprego que padece Galicia

Punto 7. Preguntas ao Goberno
  
7.1 22806 (10/POP-002753)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 García Míguez, María Ángeles e 7 máis
 Sobre o balance do Goberno galego respecto dos resultados do fomento da xestión compartida dos centros de información á muller en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
7.2 27713 (10/POP-003279)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre as actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia desde o 8 de marzo de 2018 para reducir a discriminación económico-laboral das mulleres galegas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 280, do 21.03.2018
 
7.3 28667 (10/POP-003373)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
 Sobre as medidas adoptadas ou previstas polo Goberno galego para garantir no futuro a seguridade das persoas que visiten a praia das Catedrais, no concello de Ribadeo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 289, do 11.04.2018
 
7.4 27837 (10/POP-003288)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Prado, Martín e 6 máis
 Sobre a valoración da Xunta de Galicia respecto do desenvolvemento da primeira fase do Plan de transporte público de Galicia posta en marcha o 8 de agosto de 2017
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 280, do 21.03.2018
 
7.5 27099 (10/POP-003222)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Casal Vidal, Francisco
 Sobre a realización pola Xunta de Galicia dalgún informe en relación coas consecuencias da implantación de grandes superficies comerciais para o comercio local, o emprego e os pequenos propietarios de locais comerciais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 272, do 07.03.2018

7.6 29466 (10/PUP-000158)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre a valoración da Xunta de Galicia respecto do posible nomeamento da actual subdirectora xeral de Farmacia como alto cargo do Ministerio de Sanidade

7.7 26308 (10/POP-003133)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre o seguimento que está a facer a Consellería de Sanidade en relación co grao de cumprimento da Lei 5/2015, do 26 de xuño, de dereitos e garantías da dignidade das persoas enfermas terminais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 268, do 28.02.2018

7.8 27591 (10/POP-003270)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Moreira Ferro, Jacobo e 10 máis
 Sobre os avances e novidades producidas nos últimos meses no proxecto para a construción do Gran Hospital de Montecelo, en Pontevedra
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 276, do 14.03.2018

7.9 28493 (10/POP-003352)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pérez Seco, José Manuel e 2 máis
 Sobre as causas da expansión ao concello de Muxía da praga de couza guatemalteca da pataca
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 287, do 04.04.2018
 

7.10 28662 (10/POP-003372)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Toja Suárez, María Dolores e Torrado Quintela, Julio
 Sobre a garantía polo Goberno galego do cumprimento polos helicópteros Pesca I e Pesca II das condicións técnicas necesarias para a prestación na actualidade do servizo de salvamento marítimo
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 289, do 11.04.2018
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2018
 

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente


 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-04-17T14:07:00Z 2018-04-17T14:08:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2625/
Santalices convida aos seus homólogos a articular unha estratexia conxunta para impulsar a participación dos parlamentos autonómicos en Europa

 
• O titular do Parlamento de Galicia participou en Valladolid nunha reunión da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos (COPREPA)
 
• Plantexa reforzar a capacidade de presión dos parlamentos autonómicos en Europa en materias de interese xeral como financiamento ou demografía

Santiago, 14 de abril de 2018.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, plantexou hoxe, nunha reunión da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos (COPREPA) a necesidade de articular unha estratexia conxunta encamiñada a reforzar a participación destas Cámaras en Europa co obxectivo de “fortalecer a presenza, as mensaxes e os intereses” conxuntos nas institucións comunitarias.
 
Para Santalices, “o modelo alemán é un bo exemplo”, na medida en que os parlamentos dos diferentes estados rexionais actúan “sempre coordinados na defensa dos seus intereses”, porque “en Europa, ir por libre non serve para nada”.
 
Santalices plantexou esta demanda aos seus homólogos dos diferentes parlamentos autonómicos españois que esta mañá se reuniron na sede das Cortes de Castela e León, en Valladolid.
 
Demografía e financiamento
 
A xuízo do presidente do Parlamento de Galicia, as Cámaras autonómicas poderían trasladar a Europa propostas e posicionamentos en áreas de interese común, como a crise demográfica ou os futuros obxectivos de financiamento a partir do ano 2020.

Tarxeta sanitaria europea
 
Como propostas específicas do Parlamento de Galicia, Santalices Vieira avanzou que lle gustaría trasladar ao ámbito comunitario ideas como a implantación da tarxeta sanitaria europea para compartir a información clínica dos pacientes, entre outros.
 
Esta intervención do presidente do Parlamento produciuse nun dos puntos da Orde do día da COPREPA 2018, dedicado a analizar o papel dos parlamentos autonómicos no contexto do Libro Branco sobre o futuro de Europa. 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-04-14T13:27:00Z 2018-04-16T18:21:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2622/
A Mesa do Parlamento reitera que a destrución da imaxe do xefe do Estado nunha sesión da Cámara é unha conduta impropia dun membro da Cámara

 
• A Mesa e Xunta de Portavoces analizaron o informe dos Servizos Xurídicos que conclúe que, unha vez rematado o debate, nin a Presidencia nin a Mesa teñen competencias sancionadoras
 
• A Mesa da Cámara reprenderá ao deputado por escrito 
 
Santiago, 13 de abril de 2018.- A Mesa e a Xunta de Portavoces do Parlamento de Galicia analizaron hoxe  o informe elaborado polos Servizos Xurídicos da Cámara en relación cos feitos rexistrados no Pleno o pasado 11 de abril.
Este informe conclúe que, unha vez rematado o debate, o presidente e a Mesa da Cámara carecen de competencias sancionadoras (económicas ou de dereitos parlamentarios) para impoñer ao deputado.
 
A Mesa do Parlamento acordou dirixirse ao deputado para recordarlle que os feitos ocorridos na sesión plenaria do 11 de abril de 2018 supoñen un claro incumprimento dos deberes das deputadas e deputados previstos no artigo 13 do Regulamento do Parlamento de Galicia, ao tempo que lle lembra que o artigo 105.1º sanciona as condutas contrarias ao decoro da Cámara e dos seus membros, das institucións do Estado ou de Galicia, ou de calquera outra persoa ou entidade.
 
A Mesa reitera que a destrución da imaxe fotográfica do xefe do Estado nunha sesión da Cámara é unha conduta digna de reproche en sede parlamentaria e impropia dun membro desta Cámara.
 
Preservar a tribuna como espazo institucional
 
O presidente do Parlamento aproveitou a reunión da Xunta de Portavoces para comunicar aos representantes dos diferentes grupos parlamentarios o seu compromiso de reforzar a observancia do Regulamento co obxectivo de que se respecte o decoro da Cámara, dos seus membros e das institucións, e tamén para preservar a tribuna de oradores como espazo institucional.

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 
 
 
 
 

 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-04-13T14:50:00Z 2018-04-13T14:53:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2621/
Acordos da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, celebrada o 13 de abril de 2018

A Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 13 de abril de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 23024 (10/PNC-001842)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
López Crespo, Carlos Enrique e 7 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa defensa dos intereses galegos no marco europeo da pesca e a incidencia neles da normativa de eliminación de descartes, de medidas técnicas e de control
BOPG n.º 247, do 25.01.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a desenvolver unha política de actuación na defensa da pesca no marco europeo diante dos retos específicos que se abren para o noso sector marítimo pesqueiro neste ámbito e que nos leve a seguir pormenorizadamente os trílogos no marco europeo para tratar de evitar que as normas de eliminación de descartes e de medidas técnicas e da de control se afasten das nosas demandas”.
 
Aprobación con modificacións
 
- 9835 (10/PNC-001022)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Toja Suárez, María Dolores e Torrado Quintela, Julio
Sobre a realización polo Goberno galego das xestións necesarias para evitar a substitución dos helicópteros "Sikorsky S-76 C+," coñecidos como "Pesca I" e "Pesca II", polos "Dauphin 365" que pertencían á Xunta de Galicia no ano 2005
BOPG n.º 124, do 07.06.2017
 
Sométese a votación separada por alíneas:

Alíneas 1 e 2: resultan aprobadas pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.

Alínea 3: resulta rexeitada por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que, con respecto das aeronaves que se están empregando para o servizo de salvamento, descartadas polo propio Goberno no ano 2012:
 
1º) Realice de xeito inmediato as xestións necesarias para reclamarlleá empresa concesionaria do servizo de salvamento marítimo a prestación do servizo con aeronaves que non fosen retiradas con anterioridade e se adapten ás costas galegas.

2º) Esixa á empresa concesionaria o cumprimento das condicións técnicas necesarias para o desenvolvemento do salvamento marítimo."
 
- 26991 (10/PNC-002080)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e a actuación que debe levar a cabo para evitar a prohibición do mergullo en apnea para a extracción do longueirón
BOPG n.º 272, do 07.03.2018
 
Sométese a votación separada por alíneas:

Alínea 1: resulta resulta rexeitada por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.

Alínea 2: resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a presentar alegacións ao "proxecto de Real Decreto polo que se determinan as condicións de seguridade das actividades de mergullo en augas marítimas españolas" do 1 de febrero, do ministerio de Fomento, de xeito que se preserve o dereito á extracción do longueirón en apnea, e a que non se lles afogue intentando aplicarlles aos recolectores os mesmos estándares de seguridade que ao mergullo profesional".
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 19645 (10/PNC-001599)
Grupo Parlamentario de En Marea
Santos Queiruga, Carmen e Merlo Lorenzo, Juan José
Sobre a creación pola Xunta de Galicia dunha plataforma online para a venda de peixe e marisco das lonxas galegas
BOPG n.º 207, do 08.11.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia á creación dunha Plataforma de venda online, onde as lonxas galegas poidan subir os lotes de productos que se poxan diariamente, de forma que o comprador poida puxar en tempo real, que recolla todas as garantías legais e administrativas actualmente existentes nos sistemas de poxa directa que se efectúan nas lonxas, para que voluntariamente poidan adscribirse á mesma."

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-04-13T14:27:00Z 2018-04-13T14:28:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2620/
Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 12 de abril de 2018

A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 12 de abril de 2018, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 28312 (10/PNC-002223)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e oito deputados/as máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa prevención e tratamento integral da violencia de xénero
BOPG nº 284, do 27.03.2018
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Crear un grupo de traballo dentro do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, sobre a prevención, sensibilización, detección e información sobre as violencias sexuais.
— Que deste grupo de traballo formen parte todas as administracións, colectivos e asociacións especializadas.
— Que se elabore un protocolo de acoso sexual para difundir e pór en marcha nas empresas galegas.
— Que se difunda e dea a coñecer o servizo xa existente na páxina web da Xunta de Galicia, dentro do mapa de recursos, concretamente o referido á Área de violencia de xénero: https://www.xunta.gal/servizos-no-mapa.
 
2. Seguir ofrecendo atención especializada ás vítimas de violencia de xénero, entre as que se inclúen as vítimas de violencias sexuais, de acordo co disposto na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
 
3. Elaborar una macroenquisa galega sobre a incidencia da violencia de xénero ao longo do ciclo da vida das persoas.
 
4. Levar adiante un programa específico para o persoal da Administración pública en materia de prevención do acoso sexual.
 
5. Incluír a información referida ás violencias sexuais dentro do Informe anual de seguimento da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que se presenta no Parlamento de Galicia.
 
6. Incrementar no vindeiro exercicio orzamentario o orzamento consignado para a igualdade de xénero, así como a prevención e intervención no ámbito da loita contra a violencia de xénero.»
 
Aprobación con modificacións
 
- 23389 (10/PNC-001862)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e dous deputados/as máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación cos casos de persoas doentes que padecen enfermidades raras incapacitantes e que non están incluídas no sistema de prestacións previsto no Real decreto 1148/2011, así como o incremento pola Xunta de Galicia da partida orzamentaria destinada á investigación sanitaria
BOPG nº 247, do 25.01.2018
 
Sométese a votación por puntos, co resultado que se reflicte a seguir:
 
Punto A)1: rexeitado por 4 votos a favor, 7 votos en contra e 1 abstención.

Punto A)2: aprobado por 11 votos a favor, 0 votos en contra e 1 abstención.

Punto B): rexeitado por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
«O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España que revise e actualice o catálogo de enfermidades recollidas no Real decreto 1148/2011, do 29 de xullo, para a aplicación e desenvolvemento, no sistema da Seguridade Social, de prestación económica por coidado de menores afectados por cáncer ou outra enfermidade grave.»
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 23644 (10/PNC-001873)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela e Torrado Quintela, Julio
Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia para previr e combater a ludopatía entre a mocidade
BOPG nº 251, do 01.02.2018
 
Sométese a votación a transacción coa emenda do G. P. de En Marea, doc. núm. 29212, e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
«O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a previr e combater a ludopatía entre a mocidade poñendo en marcha, entre outras, as seguintes medidas:
 
1. Habilitar mecanismos de control no risco de máquinas comecartos, con toda a urxencia posible, ao ser o risco de adicción máis estendido.
 
2. Establecer unha regulación clara, concisa e estrita sobre os distintos programas de incitación á práctica das diversas modalidades de xogo en liña, incidindo fundamentalmente na regulación da publicidade.
 
3. Realizar campañas de sensibilización e prevención da ludopatía, dotadas orzamentariamente, con proxectos dirixidos a menores e que incorporen a perspectiva de xénero.
 
4. Expor na Comisión de Xogo de Galicia (creada a través da Lei 14/85, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas de Galicia, como órgano de estudo, coordinación e asesoramento das actividades relacionadas coa práctica de xogos e apostas en Galicia) o desenvolvemento de defensa dos sectores máis vulnerables, especialmente os e as menores, aplicando o principio de responsabilidade da Administración para que se establezan mecanismos de regulación de obrigado cumprimento, priorizando os intereses da sociedade en xeral e non só os intereses dos axentes económicos.
 
5. Valorar a posibilidade de:
a) Realizar un estudo sobre a incidencia das condutas de risco relacionadas co xogo na poboación galega, distinguindo idade e sexo, e os servizos de rehabilitación existentes no territorio.

b) Organizar cursos de formación para profesorado, pediatras e profesionais da Atención Primaria en relación á detección de condutas adictivas e a actuación profesional a seguir.»

- 27080 (10/PNC-002089)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e cinco deputados/as máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa atención ás persoas con dano cerebral adquirido
BOPG nº 272, do 07.03.2018
 
Sométese a votación por puntos co resultado que se reflicte a seguir:

Puntos 1 e 2 (votación conxunta): rexeitados por 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
Punto 3: aprobado pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a poñer en marcha unha estratexia galega de atención ás persoas con dano cerebral adquirido, para que conten de maneira integral con atención sanitaria, psicolóxica, de reinserción social e laboral, e que permita poñer en marcha estas medidas de forma coordinada entre todas as Administracións implicadas na atención ao colectivo. De xeito inmediato, procederase a garantir a atención en tempo e forma, sen listas de espera, para evitar secuelas derivadas das demoras na rehabilitación.»

- 27851 (10/PNC-002160)
Grupo Parlamentario de En Marea
Vázquez Verao, Paula
Sobre o inicio pola Xunta de Galicia, antes do ano 2020, da construción dunha residencia pública para persoas maiores asistidas no concello da Estrada
BOPG nº 280, do 21.03.2018
 
Sométese a votación a transacción coa autoemenda do G. P. de En Marea, doc. núm. 29229, e as emendas dos GG. PP. Popular de Galicia, doc. núm. 29257, e do Bloque Nacionalista Galego, doc. núm. 29263, e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
— Estudar, antes de final do ano 2018, as necesidades presentes e futuras de prazas públicas en residencias de maiores no concello da Estrada e na comarca de Tabeirós-Terra de Montes, para acoller unha nova residencia na mellor localización posible, estudando as posibilidades de edificios públicos existentes, e remitir ao Concello da Estrada o resultado do dito informe.
 
— Iniciar, antes de 2020, co compromiso da Xunta de Galicia, a dotación de prazas públicas suficientes en residencias de maiores para acoller a demanda presente e futura na Estrada e na comarca de Tabeirós-Terra de Montes, comprometéndose coa petición unánime do Concello da Estrada da necesidade dunha residencia pública no municipio.»
 

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-04-12T18:00:00Z 2018-04-13T10:29:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2617/
O presidente do Parlamento trasladará á Mesa e á Xunta de Portavoces os feitos rexistrados esta mañá no Pleno

 
 
Santiago, 11 de abril de 2018.-  O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, tras consultar aos Servizos Xurídicos da Cámara, trasladará á Mesa e á Xunta de Portavoces do Parlamento os feitos protagonizados esta mañá polo deputado do BNG Luis Bará.
 
En todo caso, o Parlamento de Galicia recorda que os deputados e deputadas están obrigados a respectar a orde, a cortesía e a disciplina parlamentarias (artigo 13 RPG), obriga compatible coa liberdade de discurso dos membros da Cámara; que o artigo 105.1 contempla a chamada á orde cando na Cámara se vertan conceptos ofensivos ao decoro desta, dos seus membros, das institucións do Estado ou de Galicia ou de calquera outra persoa ou entidade; e que, por todo iso, a destrución da imaxe fotográfica do xefe do Estado é unha conduta digna de reproche en sede parlamentaria e impropia dun membro desta Cámara.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-04-11T20:15:00Z 2018-04-11T20:15:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2616/
Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 11 de abril de 2018

4.1 8161 (10/PNP-000757)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
Sobre o incremento por parte do Goberno galego do número de postos de traballo dos equipos de valoración da discapacidade en Galicia co fin de eliminar as listas de espera
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 109, do 03.05.2017
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a incrementar o número de postos de traballo  dos equipos de valoración da discapacidade da nosa Comunidade Autónoma, co obxectivo de eliminar a lista de espera antes de finais de novembro de 2018, tanto nas solicitudes como nas revisións das valoracións de discapacidade”.
 
4.3 26713 (10/PNP-001893)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Antón Vilasánchez, María Ángeles e 8 máis
Sobre o establecemento pola Xunta de Galicia de medidas que fortalezan o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago, así como a elaboración dun programa de colaboracións cos centros de estudos xacobeos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 267, do 27.02.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a establecer unha serie de medidas e accións que fortalezan o Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago así como elaborar un programa de colaboracións cos Centros de Estudos Xacobeos”.
 
4.5 27382 (10/PNP-001952)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 11 máis
Sobre o impulso polo Goberno galego das reformas legais oportunas para que a Xunta de Galicia poida defender os dereitos das vítimas e exercer a acción penal nos xuízos por delitos de discriminación derivada ou por razón da situación familiar consecuencia da maternidade da muller
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 276, do 14.03.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
• Promover as reformas legais oportunas para que a Xunta poda defender os dereitos das vítimas e exercer a acción penal nos xuízos por delitos de discriminación derivada ou por razón da situación familiar consecuencia da maternidade da muller.
 
• Que se dirixa ao Goberno de España para proceder ao recoñecemento do mobbing maternal.
 
• Garantir e asegurar a defensa dos dereitos das vítimas, procurando a asistencia integral con asesoramento psicolóxico e o acompañamento nos xulgados ata a finalización do procedemento, así como o asesoramento laboral, penal e procesual das vítimas da violencia contra a muller poñendo todos os medios económicos e humanos a disposición das mulleres e as súas crianzas e axudando a paliar ata erradicar a violencia contra as mulleres”.

4.9 28329 (10/PNP-002041)
Grupos Parlamentarios Popular de Galicia,  de En Marea, dos Socialistas de Galicia e do Bloque Nacionalista Galego
Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación co Manifesto para a flexibilización da obriga de desembarque das capturas realizadas pola frota da Unión Europea, elaborado pola Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 284, do 27.03.2018
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia manifesta o seu apoio ao MANIFESTO PARA A FLEXIBILIZACIÓN DA OBRIGA DE DESEMBARQUE DAS CAPTURAS REALIZADAS POLA FLOTA DA UE, elaborado pola Fundación Rendemento Económico Mínimo Sostible e Social (FREMSS)”.

Imaxe da Noticia:

Parlamento de Galicia http://www.parlamentodegalicia.gal/ webmaster@parlamentodegalicia.gal 2018-04-11T14:22:00Z 2018-04-11T14:25:00Z http://www.parlamentodegalicia.gal/Actualidade/2615/