Carta do presidente

Ao poñer á disposición do conxunto da sociedade este portal de transparencia, o Parlamento de Galicia continúa avanzando en proximidade aos cidadáns.

Ofrecemos nesta web un extenso elenco de datos, información de dominio público que na maior parte dos casos xa estaba publicada, pero dun xeito disperso, o que dificultaba a súa localización.

A través deste portal da transparencia ofrécese un amplo conxunto de información dun xeito sistematizado, o que facilita un acceso máis doado.

A política e as institucións debemos facer da transparencia un dos eixes do noso traballo cotián, utilizando as oportunidades das TIC. E para o Parlamento de Galicia a transparencia non só é unha obriga, senón un dos seus sinais de identidade.

Benvidas e benvidos á túa casa.

Presidente do Parlamento de Galicia

Miguel Ángel Santalices Vieira Presidente do Parlamento de Galicia

Datos destacados de transparencia

galego - castelán


© Parlamento de Galicia, 2011 | Rúa do Hórreo, 63 - 15701 Santiago de Compostela | Tel.: 981 551 300 Fax: 981 551 408