Logo do parlamento en forma de abanico Parlamento de Galicia

 

Solicitude de información adicional de transparencia

Para solicitar información adicional pode descargar o documento pdf de solicitude de información adicional e ten dúas opcións:

  1. Cumprimentalo e imprimilo, e presentalo no rexistro xunto cunha fotocopia compulsada do DNI
  2. Cumprimentalo e asinalo electrónicamente, e envialo a traves do seguinte formulario.

Todos os campos, agás o de motivación, son obrigatorios!

O campo ‘enderezo electrónico’ deberá introducirse dúas veces para confirmar que o usuario non se trabuca na súa escritura.

O enderezo electrónico empregarase para realizar as notificacións ao usuario respecto ao estado en que se atopa a súa pregunta.

Ademais a pregunta enviarase nun documento en formato .pdf asinado polo usuario. As sinaturas admitidas serán as provistas pola FNMT ou o DNIe. Farase unha validación das sinaturas.

 

Cláusula de protección de datos:

Os titulares dos datos incluídos nos ficheiros titularidade do Parlamento de Galicia poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación dos datos e oposición ao tratamento, conforme o previsto no título III da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, así como nos demais casos previstos na lexislación vixente e ante o órgano competente que para cada ficheiro se concreta no BOPG 668 do 29 de marzo de 2012.

O exercicio destes dereitos poderá efectuarse dirixíndose por escrito a: Parlamento de Galicia, con domicilio en Rúa do Hórreo, 63 Santiago de Compostela, 15.701 – A Coruña, ou mediante correo electrónico certificado a: gdWebmaster@parlamentodegalicia.es, acompañado, nos dous casos, de fotocopia do documento nacional de identidade e coa data, a sinatura e o enderezo para os efectos de notificacións.