Lexisla con Nós

Proposición de lei pola que se regula a publicidade sanitaria e sociosanitaria de centros e actividades na Comunidade Autónoma de Galicia

22/05/2018 14:31
Proposición de lei pola que se regula a publicidade sanitaria e sociosanitaria de centros e actividades na Comunidade Autónoma de Galicia. (10/PPL-000024)

Documentos relacionados:

Opinións

1 - Escrito por Manuel Ferreira Magariños o 29/11/2018 10:53

Estamos ante unha Proposición de lei pola que se regula a publicidade sanitaria e sociosanitaria de centros e actividades na Comunidade Autónoma de Galicia, da cal faremos unha análise dende o punto de vista da técnica normativa que se recolle no Acordo do Consello da Xunta de Galicia de 30 de outubro de 2014 e no Acordo do Consello de Ministros, de 22 de xullo de 2005. Primeiro temos que facer fincapé na súa división e contido. As proposicións de lei deben constar das seguintes partes: título da disposición, parte expositiva na que se inclúe a exposición de motivos e parte dispositiva na que está o articulado, a parte final e os anexos. En primeiro lugar analizaremos o título da disposición, que debe ser diferente dos títulos doutras disposicións en vigor, neste caso o título é “Proposición de lei pola que se regula a publicidade sanitaria e sociosanitaria de centros e actividades na Comunidade Autónoma de Galicia”. Pero hay que facer un desmembramento do mesmo xa que ten que concretar o tipo de disposición, o nome e a data de publicación. En canto ao tipo de disposición a súa función é ubicarnos sobre qué tipo se está a tratar, neste caso describe que estamos ante unha “Proposición de lei". No referente ao nome, indicaranos cal é o obxecto e o contido esencial da disposición. Ao meu modo de ver a denominación empregada non se axeita de forma completa ao que se di na exposición de motivos xa que o nome empregado é “pola que se regula a publicidade sanitaria e sociosanitaria de centros e actividades na Comunidade Autónoma de Galicia”, pero se lemos na parte expositiva no primeiro párrafo menciona que o obxectivo é a ampliación e reforzó da normativa da publicidade de productos, centros e actividades sanitarias, polo que se exclúen do nome aos productos sanitarios. No referente á data de publicación carece dela porque non foi aprobada polo Pleno. A resolución do DOG nº 219 de 2014/11/14 a cal regula as directrices de técnica normativa, contempla a posibilidade de incluir un índice entre o título e a parte expositiva. Nesta proposición non se atopa índice ningún, o que parece unha decisión axeitada xa que se trata dunha disposición que carece da extensión e complexidade que o faría necesario. Entrando de cheo na parte expositiva primeiro prestaremos atención á súa denominación. Este aspecto aparece recollido na disposición de forma incorrecta xa que non ten que levar a nomenclatura “exposición de motivos” ao tratarse dunha disposición distinta a un Proxecto de lei. En todo caso, aínda sendo necesario o emprego da expresión, estaría reflictido de forma incorrecta xa que non está centrada. En canto ao contido, fai unha descrición axeitada sobre cal é o obxectivo e finalidade da disposición, que sería ampliar e reforzar o marco lexislativo da publicidades de productos, centros e actividades sanitarias na nosa Comunidade para protexer á poboación de posibles engaños que poderían sufrir no ámbito sanitario. En xeral a redacción desta parte é correcta salvo algún erro mecanográfico como o que se observa no párrafo terceiro no que habería que correxir a palabra “constate” por “constante”. Previamente encontramos os antecedentes, os cales están ben situados xa que deben aparecer dentro da parte expositiva. En canto ao seu contido, limítase a citar de manera correcta numerosas leis relativas ao tema en concreto. Entramos ahora na parte dispositiva, na que se recoñece a existencia dunha división en libros, títulos, capítulos, seccións e subseccións que neste caso non procede dada a curta extensión do artículado. Esta proposición está composta por 20 artigos, os cales entraremos a analizar. Hai varios aspectos que son obxecto de análise. Comezaremos coas formalidades á hora da súa apariencia no texto. Os artigo están ben numerados con cardinais arábigos que van dende o 1 ao 20, seguindo a orde e sen interrupcións. Os 20 artigos teñen unha titulación axeitada, clara e concisa sobre a temática específica que regula cada un. En canto á composición regulada no apartado 32 da resolución sobre Técnica Normativa, este texto non cumpre todolos requisitos. Se ben a colocación e o emprego de minúsculas, salvo a primeira letra da palabra artigo, son correctas, hai unha grande cantidade de erros que hai que numerar. En primeiro lugar, tras a palabra “artigo” debe ir o cardinal arábigo seguido dun punto e dun espazo e neste texto en tódolos artigos salvo no decimoprimeiro aparece un guión entre eles. O segundo erro é o emprego da negrita. O terceiro erro sería a omisión do emprego da cursiva no título do artigo e o derradeiro erro que se pode observar é a presencia innecesaria do punto e final. Atópanse ao longo do texto artículado un erro xeral no relativo á división dos artigos. Nos artigos que hai unha división por apartados (art. 6, 7, 11, 15 e 20) aparecen guións, os cales non están permitidos. O resto de subdivisións parecen ser acordes á técnica normativa. No referente á parte final, aparece dividida en disposición adicional única, disposición final e disposición derogatoria. Neste caso non respecta a orde prevista na norma, tendo que aparecer a disposición derogatoria antes da disposición final. En canto á nomenclatura das disposicións observase que incurre en varios erros: en primeiro lugar o título das disposición está escrito en negrita; en segundo lugar só debe escribirse con maiúscula a primera letra da disposción e en derradeiro lugar debe ir seguido dun punto e en ningún caso dun guión como ocurre na disposición. Ademáis na disposición adicional única debería incluirse un título como "Desenvolvemento e execución” escrito en cursiva e sen punto ao final. En canto aos anexos hai que dicir que a súa ubicación é a correcta pero a súa nomenclatura non xa que ten que estar centrado e sen negrita. Debería engadir un nome que tería que ir centrado e en negrita que aclarara de que fala o anexo. Falando da enumeración que fai, hai que dicir que é incorrecta xa que debería de facerse con letras minúsculas ordenadas alfabéticamente seguido do paréntesis pechado. No último párrafo poderíase correxir a cita que se fai ao Real Decreto 1277/2003 no que se economiza empregando a expresión “RD”. Polo xeral esta proposición respeta bastante á técnica normativa aínda que ao longo do texto podemos atopar unha serie de erros formais que deberían ser correxidos para darlle unha maior claridade ao texto. No referente á linguaxe, faise un uso coherente e adecuado para comprensión por parte de toda a cidadanía.