Logo do parlamento en forma de abanico Parlamento de Galicia

 

Dereito de petición perante do Parlamento de Galicia

Calquera cidadán ou cidadá pode exercer o dereito de petición, de xeito individual ou colectivo, ante o Parlamento de Galicia.

Ao abeiro do dereito de petición establecido na Constitución, calquera cidadán pode dirixirse ao Parlamento de Galicia para trasladar calquera tipo de queixa relacionada co funcionamento dos servizos públicos de competencia autonómica ou ben efectuar algún tipo de proposta de modificación lexislativa.

Cumprimente os seguintes campos para facer a súa petición:

Todos os campos son obrigatorios!

O campo ‘enderezo electrónico’ deberá introducirse dúas veces para confirmar que o usuario non se trabuca na súa escritura.

O enderezo electrónico empregarase para realizar as notificacións ao usuario respecto ao estado en que se atopa a súa pregunta.

Ademais a pregunta enviarase nun documento en formato .pdf asinado polo usuario. As sinaturas admitidas serán as provistas pola FNMT ou o DNIe. Farase unha validación das sinaturas.

 

Cláusula de protección de datos:

Os titulares dos datos incluídos nos ficheiros titularidade do Parlamento de Galicia poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación dos datos e oposición ao tratamento, conforme o previsto no título III da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, así como nos demais casos previstos na lexislación vixente e ante o órgano competente que para cada ficheiro se concreta no BOPG 668 do 29 de marzo de 2012.

O exercicio destes dereitos poderá efectuarse dirixíndose por escrito a: Parlamento de Galicia, con domicilio en Rúa do Hórreo, 63 Santiago de Compostela, 15.701 – A Coruña, ou mediante correo electrónico certificado a: gdWebmaster@parlamentodegalicia.es, acompañado, nos dous casos, de fotocopia do documento nacional de identidade e coa data, a sinatura e o enderezo para os efectos de notificacións.