Rojo Noguera trasládalle a unha delegación do pobo xitano de Galicia a disposición da Cámara para colaborar na integración social deste colectivo

 Representantes da Asociación del Pueblo Gitano foron recibidos pola presidenta do Parlamento de Galicia na véspera da celebración do Día internacional do pobo xitano
 
 
Santiago, 7 de abril de 2010.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu este mediodía no seu despacho a una delegación da Asociación del Pueblo Gitano, á que lle reiterou a plena disposición do Lexislativo galego para colaborar na plena integración social dos integrantes deste colectivo.
 
Encabezados polo presidente da Asociación del Pueblo Gitano de Galicia, Sinaí Giménez, os interlocutores de Pilar Rojo Noguera explicáronlle  as dificultades de integración ás que se enfronta este colectivo, dificultades que se ven agravadas pola actual situación de crise económica.
 
A reunión da presidenta do Parlamento de Galicia cos representantes da Asociación del Pueblo Gitano prodúcese na véspera da celebración do Día internacional do pobo xitano.
 
 
Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia

Imaxes relacionadas