saltar ao contido

Accesibilidade

Declaración de accesibilidade

O Parlamento de Galicia comprometeuse a facer accesible o seu sitio web, de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Esta declaración de accesibilidade aplicase ao sitio web do parlamento http://www.parlamentodegalicia.gal (tamen accesible mediante http://www.parlamentodegalicia.es, http://www.parlamento.gal ou a versión en castelán http://www.es.parlamentodegalicia.es)

Situación do cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, debido á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. Algúns campos de formulario non teñen etiqueta (3.3.2 Labels or Instructions) debido ao uso de ferramentas de terceiros que xeran o seu propio contido (recaptcha)
  2. Falta de conformidade co Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro: poderían existir fallos puntuais de edición nalgunha páxina web, tanto en contidos HMTL como en documentos finais, publicados en data posterior ao 20 de setembro de 2018 (data de entrada en vigor do Real Decreto 1112/2018, do 7 de septiembre).
  3. Carga desproporcionada: non aplica.
  4. O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: poderían existir arquivos ofimáticos en PDF ou otros formatos publicados antes do 20 de septembro de 2018 que non cumpran na sua totalidade todos os requisitos de accesibilidade.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

A presente declaración foi preparada o 20 de maio de 2019.

O metodo empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliacón levada a cabo polo propio organismo.

Derradeira revisión da declaración: 20 de maio de 2019.

Observaciónes e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a) do Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro) como, por exemplo:

  • Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web.
  • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido.
  • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web.

A través das seguintes vías:

As comunicacións serán recibidas e tratadas polo Servizo de Tecnoloxías da Información do Parlamento de Galicia.

Procedemento de aplicación

O procedemento de reclamación recollido no artigo 13 do Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, entrará en vigor o 20 de setembro de 2020.

Contido opcional

Conformidade a estándares e accesibilidade

O Parlamento de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexan independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

O contido está en formato HTML - unha linguaxe de composición de hipertexto, estándar aberto desenvolvido e recomendado polo W3C, o Consorcio da Web. Os elementos que constitúen o contido (imaxes, texto, estruturas, ligazóns) están escritos de xeito concorde ao nivel de prioridade AA das Directrices de accesibilidade para contido web do W3C (WCAG 2.1). Empréganse follas de estilo (CSS, outro estándar do W3C) para asignar os formatos de presentación e para distribuír nas páxinas os contidos e as ligazóns. Recoméndase empregar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Internet Explorer, etc.

Actualmente este sitio web estase a auditar para que todas as súas páxinas cumpran os requisitos de conformidade da Norma UNE-EN 301549:2019 (Que fai referencia ás directrices WCAG 2.1). Os requisitos da norma verificanse e comprobaronse cunha análise manual da accesibilidade mediante diferentes ferramentas semiautomáticas polo Servizo de Tecnoloxías da Información do Parlamento de Galicia.

Periodicamente realízanse revisións manuais e automáticas para garantir o nivel adecuado de accesibilidade. A última auditoría realizouse o día 20 de xuño de 2019.

Ligazóns acerca do contido web accesible:

  1. Recomendacións de accesibilidades do Consorcio da Web - W3C, que explica as razóns de cada recomendación.
  2. Técnicas de accesibilidade do Consorcio da Web - W3C, que explica como implementar cada recomendación.
  3. Iniciativa de accesibilidade do Consorcio da Web - W3C.

Características de accesibilidade

Para facilitar a navegación este sitio web dispón das seguintes axudas:

Atallos de teclado:

Atallos de teclado
Atallos de teclado Seccións do PG Páxinas do PG
0 Accesibilidade Páxina de accesibilidade do Parlamento de Galicia
1 Saltar ao contido Sitúase no contido central da páxina.
2 Saltar ao pe de páxina Saltar ao pe de páxina.
3 Mapa Web Mapa da web do Parlamento de Galicia.
4 Buscador Sitúase no buscador.
5 Páxina de inicio Vai á páxina de inicio da web.
6 Directorio Ver páxina co directorio telefónico do parlamento.
7 Contacto Ver a páxina de contacto
L Escoitar a páxina Arranca o lector por voz da páxina web.
G galego Cambiar ao sitio web en galego.
C Castelán Cambiar ao sitio web en castelán.

Dependendo do navegador que use para acceder ao portal, será necesario utilizar unha combinación distinta de teclas para o uso dos atallos de teclado:

Combinación de teclas
Sistema Operativo Navegador Combinación de teclas
Windows Internet Explorer Alt + Tecla de atallo
Google Chrome Alt + Tecla de atallo
Safari Alt + Tecla de atallo
Firefox Alt + Mayúscula + Tecla de atallo
MAC Safari Ctrl + Alt + Tecla de atallo
Google Chrome Ctrl + Alt + Tecla de atallo
Firefox Ctrl + Tecla de atallo
Ubuntu Firefox Alt + Mayúscula + Tecla de atallo
saltar ao pe de páxina