Pilar Rojo recibe no Parlamento ao embaixador británico en España

Santiago, 3 de outubro de 2012.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu esta mañá no seu despacho da Cámara galega ao embaixador británico en España, Timothy Giles Paxman, que acudiu acompañado polo secretario da sección política e económica da Embaixada, Laurence Wilkes.
 
Durante a visita, o diplomático asinou no libro de ouro do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas