• A presidenta do Parlamento clausurou o ciclo de conferencias “25 anos de municipalismo: pasado presente e futuro da administración local”, organizado pola Fegamp
Santiago, 27 de abril de 2013.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, afirmou esta mediodía en Santiago, que “transcorrido un cuarto de século desde a articulación do municipalismo galego, precisamos novas referencias e plantexamentos que nos axuden, a todos, a articular solucións acaídas para os retos actuais”.
Rojo Noguera fixo estas reflexións ao clausurar, acompañada polo presidente da Fegamp, José Manuel Rey, o ciclo de conferencias “25 anos de municipalismo galego: pasado, presente e futuro da administración local”. Tamén asistiron o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, e o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, entre outras personalidades.
Parlamento e concellos
Recordou a presidenta do lexislativo autonómico que “todo canto sucede no día a día dos nosos concellos ten traslado inmediato á Cámara galega, alimentando unha relación intensa que medra paseniñamente”.
Pilar Rojo fixo un percorrido a través da evolución histórica dos municipios galegos, cuia organización actual se remonta a un Real Decreto de 1835.
“Por incrible que pareza, gran parte do mapa local resultante daquela norma tense mantido con escasas variacións desde hai xa máis de século e medio, practicamente impermeable aos sucesivos cambios rexistrados”, como a implantación da democracia ou os avances rexistrados en ámbitos como as comunicacións terrestres ou as tecnoloxías da información.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.