Pilar Rojo agradece o traballo realizado pola Fiscalía e enmarca a reunión dentro da “normalidade institucional” que caracteriza as relacións entre os poderes do Estado de Dereito
Santiago, 23 de xullo de 2009.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu esta mañá, no seu despacho da Cámara, ao fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, que lle fixo entrega da Memoria da Fiscalía correspondente ao exercicio de 2009.
Rojo Noguera agradeceu o traballo desenvolvido pola Fiscalía e enmarcou a reunión celebrada esta mañá na “normalidade institucional” que caracteriza as relacións entre o Parlamento de Galicia e os demais poderes que integran o Estado de Dereito.
Coa presentación da Memoria de 2009 da Fiscalía, dase cumplimento ao mandato do Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal. O trámite de hoxe terá continuidade cunha próxima comparecencia do fiscal xeral de Galicia na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, do Parlamento de Galicia.
Saúdos, Gabinete de Comunicación