O Parlamento de Galicia garda un minuto de silencio en memoria das vítimas do 11-M, dos mariñeiros do “Santa Ana” e de Luciano Fariña

Santiago, 11 de marzo de 2014.- O Pleno do Parlamento de Galicia gardou esta mañá un minuto de silencio en memoria das vítimas do atentado do 11-M, dos mariñeiros do pesqueiro “Santa Ana”, afundido onte fronte ao Cabo Peñas, e de D. Luciano Fariña Busto, conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia falecido a pasada semana.

 

“O recordo de todos permanecerá para sempre na nosa memoria e para eles pido que gardemos un minuto de silencio”, afirmou a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo Noguera, para a que o 11 de marzo é “un día para o recordo”.


Imaxes relacionadas