O Parlamento de Galicia designa tres membros do Consello Consultivo de Galicia

 

• No Pleno deste martes tamén elixiu a un membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela


Santiago, 27 de maio de 2014.- O Pleno do Parlamento de Galicia designou esta mañá como membros do Consello Consultivo de Galicia a José Luis Costa Pillado, Ignacio de Loyola Aranguren Pérez e José Abelardo Blanco Serrano, de acordo co establecido no artigo 3.2 da Lei  3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia

(http://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaLeisdeGalicia/Lei-03-14.pdf).

 


O Pleno do Parlamento elixiu tamén a Juan Luis Castro Rodríguez como membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.


 


Imaxes relacionadas