O presidente do Parlamento recibe ao novo presidente da Real Academia, ao que desexa un mandato fructífero


 
Santiago, 8 de maio de 2017.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu esta mañá no seu despacho da Cámara ao novo presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, que acudiu acompañado pola tesoureira da institución, Marilar Aleixandre, e polo vicesecretario, Andrés Torres Queiruga.
 
Nesta primeira visita do novo presidente da Real Academia Galega ao Parlamento logo da súa elección, Santalices Vieira desexou a Fernández Freixanes un “mandato fructífero en beneficio da lingua galega, como principal elemento diferenciador da cultura de Galicia”.
 
Os presidentes do Parlamento e da Real Academia falaron tamén da posibilidade de que as dúas institucións podan abordar nun futuro próximo diferentes proxectos de colaboración no ámbito da promoción do idioma e da literatura galega, na liña dos xa acometidos no pasado.

 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas