A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 6 de xuño de 2017, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 30 de maio de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Solicitude de creación dunha comisión de
investigación
A proposta dos Grupos Parlamentarios do Bloque Nacionalista Galego e de En Marea, para investigar as autorizacións, contratos, concesións e en xeral todas as relacións do grupo Villar Mir co sector público galego, nomeadamente o seguimento, análise e investigación do intento de venda e segregación das centrais dos ríos Xallas e Grande (doc. núm. 9589, 10/SCI-000004)
Punto 2. Textos lexislativos
2.1 Debate de totalidade do Proxecto de lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia (doc. núm. 8133, 10/PL-000003)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 104, do 25.04.2017
Publicación emenda totalidade, BOPG n.º 115, do 18.05.2017
2.2 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, de modificación da Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017 (doc. núm. 7958, 10/PPL-000002)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 100, do 19.04.2017
Punto 3. Comparecencia
9583 (10/CPP-000025)
Do Sr. conselleiro de Política Social, por petición propia, para informar dos proxectos aprobados na primeira convocatoria do programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) en materia de política social
Punto 4. Mocións
4.1 9552 (10/MOC-000032)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas instrucións ditadas para a realización no curso 2016-2017 das probas de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade, así como as demandas que debe realizar ao Goberno central ao respecto (Moción a consecuencia da Interpelación nº 8005, publicada no BOPG nº 105, do 26.4.2017, e debatida na sesión plenaria do 23.5.2017)
4.2 9555 (10/MOC-000033)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co servizo de atención de emerxencias 112. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 7030, publicada no BOPG nº 92, do 29.03.2017, e debatida na sesión plenaria do 23.05.2017)
4.3 9588 (10/MOC-000034)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón
Sobre as actuacións que se deben levar a cabo en relación coa elaboración do Plan de transporte público e do novo Mapa de transportes de Galicia (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 8666, publicada no BOPG nº 112, do 10.05.2017, e debatida na sesión plenaria do 23.05.2017)
Punto 5. Proposicións non de lei
5.1 5489 (10/PNP-000462)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 4 máis
Sobre a solicitude do Goberno galego ao Goberno central da creación ex novo de sete xulgados de reforzo en Galicia, cos medios humanos e materiais necesarios para afrontar, en cada unha das grandes cidades galegas, o probable aluvión de demandas polas cláusulas chan
Publicación do acordo, BOPG n.º 78, do 06.03.2017
5.2 7348 (10/PNP-000662)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego e as medidas que debe implantar en relación coa expansión das plantacións de eucalipto en Galicia, nomeadamente de "Eucalyptus nitens", respecto das previsións do Plan forestal
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 96, do 05.04.2017
5.3 7448 (10/PNP-000675)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 6 máis
Sobre a elaboración e aprobación dun calendario vacinal para o adulto
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 100, do 19.04.2017
5.4 7575 (10/PNP-000688)
Grupo Parlamentario de En Marea
Chao Pérez, Luca
Sobre a demanda ao Goberno de España no relativo a axilizar o proceso de traslado de persoas refuxiadas a España a través da recolocación e asentamento, e cumprir no prazo establecido os compromisos acordados coa Unión Europea en materia de acollemento
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 100, do 19.04.2017
5.5 8011 (10/PNP-000735)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos atascos e retencións que se veñen producindo na autoestrada AP-9
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 105, do 26.04.2017
5.6 8174 (10/PNP-000758)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa elaboración do novo Mapa de servizos de transporte público de viaxeiros por estrada
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 109, do 03.05.2017
5.7 8382 (10/PNP-000782)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sobre a posición do Parlamento de Galicia respecto da supresión do instituto do aforamento dos deputados e das deputadas e a incorporación desta posición ao conxunto de reformas do Estatuto de autonomía de Galicia que se aborden no seu momento
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 109, do 03.05.2017
5.8 8990 (10/PNP-000842)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cuña Bóveda, María de los Ángeles e 2 máis
Sobre o remate polo Goberno galego do proceso de aprobación do Plan de ordenación dos recursos naturais de Pena Trevinca e o inicio do procedemento para a declaración dese espazo protexido como parque natural
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 115, do 18.05.2017
Punto 6. Interpelacións
6.1 1950 (10/INT-000081)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación coa negociación dun novo modelo de financiamento para Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 28, do 14.12.2016
6.2 7014 (10/INT-000290)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Losada Álvarez, Abel Fermín e Pérez Seco, José Manuel
Sobre a política do Goberno galego en relación co relevo xeracional nos negocios dos autónomos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 92, do 29.03.2017
6.3 9280 (10/INT-000391)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón
Sobre a política do Goberno galego en relación coas emisións industriais contaminantes
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 117, do 24.05.2017
Punto 7. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
7.1 9580 (10/POPX-000037)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia para frear a eucaliptización poñendo en marcha unha nova política para o monte galego
7.2 9591 (10/POPX-000038)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre a data prevista polo Goberno galego para a dispoñibilidade dunha oferta ampla de solo industrial alcanzable e ben comunicado no sur de Galicia
7.3 9603 (10/POPX-000039)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis
Sobre a valoración do Goberno galego en relación cos orzamentos xerais do Estado para o ano 2017
Punto 8. Preguntas ao Goberno
8.1 8265 (10/POP-001081)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e 4 máis
Sobre a opinión do Goberno galego respecto da posibilidade de mellorar o servizo de medicina forense que se está a ofrecer na costa da Mariña lucense
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 109, do 03.05.2017
8.2 8673 (10/POP-001130)
Grupo Parlamentario de En Marea
Santos Queiruga, Carmen e Merlo Lorenzo, Juan José
Sobre as medidas que vai adoptar a Xunta de Galicia diante do escaso investimento previsto nos Orzamentos xerais do Estado para a dragaxe da ría do Burgo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 113, do 11.05.2017
8.3 9238 (10/POP-001189)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre as previsións do Goberno galego respecto da modificación dos criterios de acceso ás axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG establecidos na Orde do 11 de abril de 2017, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 117, do 24.05.2017
8.4 9594 (10/PUP-000088)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Burgo López, María de la Concepción e 2 máis
Sobre os criterios que vai seguir a Xunta de Galicia para a execución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia referida á repartición de fondos do Plan de financiamento do Sistema universitario de Galicia 2011-2015
8.5 8662 (10/POP-001129)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
Sobre os datos referidos ao tratamento da hepatite C
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 113, do 11.05.2017
8.6 9239 (10/POP-001190)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
Sobre a data de entrada en funcionamento da ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 117, do 24.05.2017
8.7 9586 (10/PUP-000087)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat
Sobre as actuacións que vai levar a cabo o Goberno galego para solucionar a situación dos servizos de radiodiagnóstico por imaxe dependentes do Sergas
8.8 8477 (10/POP-001106)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
García Míguez, María Ángeles e 7 máis
Sobre as razóns das demoras que se están a producir na tramitación dos recursos de servizos sociais municipais no Concello de Vigo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 113, do 11.05.2017
8.9 8734 (10/POP-001133)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 6 máis
Sobre o número de familias beneficiarias do Bono Concilia con cargo á orde que regula a súa concesión no ano 2016
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 115, do 18.05.2017
8.10 9602 (10/PUP-000089)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis e 13 máis
Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o cumprimento do seu compromiso referido á garantía con fondos públicos da cobertura da demanda de prazas en escolas infantís de 0 a 3 anos no curso 2017-2018
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2017
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente