Acordos da Comisión 8ª., Pesca e Marisqueo, do día 23 de xuño de 2017

A Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 23 de xuño de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 7162 (10/PNC-000738)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
López Crespo, Carlos Enrique e 6 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa toma de decisións dende a Administración europea referidas ao sector da pesca
BOPG n.º 96, do 05.04.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 2 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a promover contactos co marco decisorio en Bruxelas, da man do sector, para que se poida exercer como unha única voz e de xeito organizado nos momentos previos á toma de decisións que afecta á pesca, como por exemplo nas negociacións dos TACs e cotas para cada ano ou no proceso de elaboración dun regulamento que afecte ao sector pesqueiro galego”.
 
- 9606 (10/PNC-001006)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
López Crespo, Carlos Enrique e 6 máis
Sobre o apoio pola Xunta de Galicia ao proxecto "Crecemento azul", desenvolvido pola Autoridade Portuaria de Vigo, baseado no crecemento sustentable dos sectores marítimo-pesqueiros e portuario
BOPG n.º 124, do 07.06.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 5 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a seguir apoiando a estratexia “Crecimento Azul” desenvolvida pola Autoridade Portuaria de Vigo para acadar os obxectivos deste ambicioso proxecto pioneiro baseado no crecemento sustentable dos sectores marítimo-pesqueiros e portuario”.
 
- 9885 (10/PNC-001028)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente en relación co peche da pesqueira da cigala na zona VIIIc e o seu impacto para a frota de arrastre galega
BOPG n.º 124, do 07.06.2017
 
Sométese a votación separada por alíneas:
 
Alíneas 1 e 2: resultan aprobadas pola unanimidada dos 12 deputados e deputadas presentes.
Alínea 3: resulta aprobada por 10 votos a favor, 0 en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galiza insta ao Goberno galego a dirixise ao Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente co obxecto de que, ante a situación de peche da pesquería de cigala na zona VIIIc que afecta a mais de 60 buques de arrastre de Galicia, adopte as seguintes medidas:
 
1. Solicitar unha reavaliación do stock da cigala tanto na zona VIIIc e na zona IXa, esta última en augas de Galicia.
 
2. Solicitar a realización dun estudio específico por parte do IEO tal e como se está levando a cabo en augas do Golfo de Cádiz.
 
3. Solicitar  a apertura  da  pesqueira  da  cigala  na  zona  VIIIc,  e, subsidiariamente, na unidade funcional 25, xa que non é factible esperar ao ano 2019, ano en que o ICES ten previsto avaliar de novo a situación da cigala.”

- 9900 (10/PNC-001030)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Toja Suárez, María Dolores e Torrado Quintela, Julio
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co peche da pesqueira da cigala na zona VIIIc e a súa incidencia para a frota galega
BOPG n.º 128, do 14.06.2017
 
Sométese a votación separada por alíneas:
 
Alíneas 1 e 2: resultan aprobadas pola unanimidada dos 12 deputados e deputadas presentes.
Alínea 3: resulta aprobada por 10 votos a favor, 0 en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a dirixise ao Goberno central e solicitarlle que, ante a situación de peche da pesquería de cigala na zona VIIIc que afecta a máis de 60 buques de arrastre de Galicia, adopte as seguintes medidas:
 
1ª)  Unha reavaliación do stock da cigala, tanto na zona VIIIc e na zona IXa, esta última en augas de Galicia.
 
2ª) A realización dun estudio específico por parte do IEO tal e como se está levando a cabo en augas do Golfo de Cádiz.
 
3ª) A apertura da pesqueira da cigala na zona VIIIc, e, subsidiariamente, na unidade funcional 25, xa que non é factible esperar ao ano 2019, ano en que o ICES ten previsto avaliar de novo a situación da cigala."
 

Imaxes relacionadas