saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 11 de xullo de 2017

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 11 de xullo de 2017, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 4 de xullo de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Textos lexislativos
 
1.1 Proposta de tramitación polo procedemento de especial de lectura única do Proxecto de lei de impulso ao crecemento económico e reforzo do gasto social e de modificación da Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017 (tramitado polo procedemento de urxencia) e, se é o caso, debate e votación do dito proxecto (doc. núm. 11320, 10/PL-000004)
 
1.2 Debate de toma en consideración da Proposición de Lei, do Grupo Parlamentario de En Marea, Integral de Identidade de Xénero de Galicia (doc. núm. 8698 -corrección erros 8779-, 10/PPL-000004)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112, do 10.05.2017
 
1.3 Debate de toma en consideración da Proposición de Lei, do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, integral de identidade de xénero na Comunidade de Galicia (doc. núm. 8700, corrección erros 8746, 10/PPL-000005)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112, do 10.05.2017
 
1.4 Debate de toma en consideración da Proposición de Lei, do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, integral de identidade de xénero da Comunidade Autónoma de Galicia (doc. núm. 8701, 10/PPL-000006)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112, do 10.05.2017
 
Punto 2. Comparecencias
 
2.1 11428 (10/CPP-000030)
 Da señora conselleira de Infraestruturas e Vivenda, por petición propia, para informar da situación e perspectivas do Plan de Transporte Público de Galicia
 
Acumúlase na anterior, a seguinte:
2.2 10919 (10/CPP-000028)
 Da señora conselleira de Infraestruturas e Vivenda, a iniciativa do G. P.  de En Marea, do G. P. dos Socialistas de Galicia e do G. P. do BNG, para explicar o novo escenario en relación co transporte público de viaxeiros e viaxeiras por estrada en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 136, do 28.06.2017
 
2.3 11430 (10/CPP-000031)
 Do señor conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por petición propia, para informar sobre a reorganización de centros
  
Acumúlase na anterior, a seguinte:
2.4 10938 (10/CPP-000029)
 Do señor Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a iniciativa do  G. P. de En Marea, do G. P. dos Socialistas de Galicia e do G. P. do Bloque Nacionalista Galego, para explicar o peche de centros educativos, a supresión de postos docentes e a oferta educativa para o vindeiro curso
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 136, do 28.06.2017
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 10932 (10/MOC-000038)
 Lago Peñas, José Manuel e Sánchez García, Antón
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de emprego. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 9766, publicada no BOPG n.º 124, do 07.06.2017, e debatida na sesión plenaria do 20.06.2017)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 136, do 28.06.2017
 
3.2 10939 (10/MOC-000039)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa atención hospitalaria durante os meses de verán. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 9360, publicada no BOPG n.º 120, do 31.05.2017, e debatida na sesión plenaria do 20.06.2017)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 136, do 28.06.2017
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 8042 (10/PNP-000741)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa materia de historia da filosofía, de 2º de bacharelato, e as probas de avaliación final de bacharelato, así como os aspectos que debe incluír ao respecto nas negociacións co Ministerio
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 105, do 26.04.2017
 
4.2 8631 (10/PNP-000810)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Quiroga Díaz, José Antonio e Pérez Seco, José Manuel
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación co control e seguimento dos incendios forestais provocados en Galicia, así como a axilización dos xuízos por esa causa
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 112, do 10.05.2017
 
4.3 9648 (10/PNP-000901)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Murillo Solís, María Guadalupe e 14 máis
 Sobre a demanda ao Goberno de España para a promoción e establecemento de medidas que contribúan a garantir a seguridade viaria dos ciclistas
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 124, do 07.06.2017
 
4.4 9980 (10/PNP-000932)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre a actuación que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación cos complementos de nocturnidade e festividade que están a cobrar os profesionais dos puntos de atención continuada
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 128, do 14.06.2017
 
4.5 10414 (10/PNP-000970)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 González Vázquez, José e 13 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa modificación do texto refundido da Lei reguladora de facendas locais no relativo ao imposto sobre os incrementos de valor dos terreos de natureza urbana, así como as destinadas a demandar dos concellos galegos a habilitación dos mecanismos destinados a axilizar os trámites necesarios para proceder á devolución das cantidades cobradas aos contribuíntes afectados
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 132, do 21.06.2017
 
4.6 10444 (10/PNP-000975)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Sobre a ampliación de competencias da Comisión das Caixas para investigar a caída do Banco Pastor
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 132, do 21.06.2017
 
4.7 10795 (10/PNP-001014)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María e 2 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impacto da venda do Banco Popular Pastor na marca Banco Pastor, nos postos de traballo existentes e nas persoas e colectivos afectados, así como nas actividades da Fundación Barrié de la Maza en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 136, do 28.06.2017
 
4.8 10801 (10/PNP-001016)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e a demanda que debe realizar ao Goberno central en relación coas propostas de legalización e normalización da práctica dos ventres de alugueiro ou xestación subrogada
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 136, do 28.06.2017
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 1468 (10/INT-000054)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Chao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
 Sobre a política do Goberno galego en materia de ensino no medio rural
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 21, do 29.11.2016
 
5.2 6953 (10/INT-000285)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
 Sobre a política da Xunta de Galicia en relación co desmantelamento de servizos ferroviarios Renfe-Feve no territorio galego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 92, do 29.03.2017
 
5.3 7198 (10/INT-000298)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación co financiamento do Fondo de Compensación Interterritorial
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 96, do 05.04.2017

5.4 10071 (10/INT-000428)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
 Sobre a política do Goberno galego en relación co intrusismo profesional no ámbito sanitario
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 128, do 14.06.2017
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 

6.1 11322 (10/POPX-000043)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre o balance que fai o Goberno galego respecto da súa defensa dos intereses de Galicia no que vai da X lexislatura
 
6.2 11394 (10/POPX-000044)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre o balance da xestión levada a cabo polo Goberno galego no primeiro semestre de 2017
 
6.3 11395 (10/POPX-000045)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre a avaliación que fai o Goberno galego respecto da xestión levada a cabo en relación cos últimos conflitos xurdidos en Galicia
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
 
7.1 7011 (10/POP-000931)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e 3 máis
 Sobre as medidas previstas polo Goberno galego para facilitar o acceso das pemes aos contratos públicos autonómicos, en concreto, no sector dos servizos de limpeza de edificios e locais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 92, do 29.03.2017
 
7.2 11388 (10/PUP-000100)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Prado, Martín e 10 máis
 Sobre o posicionamento do Goberno galego en relación coa creación da Área Metropolitana da Coruña
 
7.3 11392 (10/PUP-000101)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
 Sobre a posición que vai adoptar o Goberno galego en relación coas propostas de actuación urbanística en Liñeiriños, no concello de Vigo
 
7.4 10373 (10/PUP-000091)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre a reconstrución do estaleiro de ribeira de Casqueiro, situado na parroquia de San Martiño, no concello de Moaña, para adicalo a museo como estaba previsto
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 128, do 14.06.2017
 
7.5 2648 (10/POP-000244)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 5 máis
 Sobre a valoración pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde da implantación do Plan ictus
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43, do 12.01.2017
 
7.6 3857 (10/POP-000470)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
 Sobre as previsións do Goberno galego respecto do restablecemento do Servizo de Cirurxía Pediátrica as vinte e catro horas do día, durante todo o ano, no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 58, do 02.02.2017
 
7.7 10347 (10/POP-001397)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre a política da Xunta de Galicia en relación coa atención da cirurxía pediátrica en Ourense
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 132, do 21.06.2017
 
7.8 10481 (10/POP-001412)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
 Sobre as provisións de fondos para cooperar cos concellos a través do Plan de camiños rurais 2017-2018
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 132, do 21.06.2017
 
7.9 10738 (10/POP-001450)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Rodríguez Estévez, David e Quinteiro Araújo, Paula
 Sobre o número de brigadas de prevención e extinción de incendios dos concellos que subscribiron o convenio de colaboración coa Consellería do Medio Rural para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais nos anos 2013, 2014, 2015, 2016 e 2017
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 137, do 29.06.2017
 
7.10 11333 (10/PUP-000096)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Toja Suárez, María Dolores
 Sobre as intencións da Xunta de Galicia respecto da realización das actuacións necesarias para tentar acadar a implantación en Galicia do Laboratorio Comunitario de Control Bacteriolóxico de Bivalvos
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria a devandita reunión.
 
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2017
 
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

 

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina