A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, na súa sesión do 8 de setembro de 2017, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 12875 (10/PNC-001214)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre a demanda á Xunta de Galicia relativa á auditoría das condicións de cesión e uso, por parte da fundación privada Cipri Gomes, do antigo instituto de Viana do Bolo
BOPG n.º 156, do 02.08.2017
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego acorda instar á AGADER seguindo o Plan de controis e disposicións do Feader en Galicia, a elaborar e remitir ao Concello de Viana do Bolo e as partes afectadas, unha auditoría sobre a obtención e uso de recursos públicos o abeiro do exp. nº. Expediente L12-413-11-063 para a creación do Centro de Tecnificación de actividades físico deportivas de lecer e formación instado pola Fundación Cipri Gomes, no que se avalíe o grao de cumprimento dos servizos subvencionados e comprometidos para a obtención da cesión gratuíta das instalación do Concello de Viana do Bolo."