saltar ao contido

Acordo da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 15 de setembro de 2017

A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 15 de setembro de 2017, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 15262 (10/PNC-001326)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
González Vázquez, José e 6 máis
Sobre a aprobación polo Goberno galego, no ano 2018, dun plan de ordenación de pastos extensivos en Galicia. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 170, do 06.09.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a aprobar no ano 2018 un Plan de Ordenación de Pastos extensivos en Galicia."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina