saltar ao contido

Acordo da Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos celebrada o día 21-02-2019

A  Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 21 de febreiro de 2019, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións

 
- 44217 (10/PNC-003541)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Moreira Ferro, Jacobo e 7 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Fomento en relación coa definición do trazado do treito A Ermida-Pilarteiros da autovía A-57 e coa tramitación do expediente para a execución do proxecto
BOPG n.º 422, do 30.01.2019
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar ao Ministerio de Fomento que defina o trazado do treito da A-57 entre A Ermida-Pilarteiros tendo en conta o diálogo cos afectados, a fin de que se adopte unha solución que sexa socialmente asumible e na que se teñan en conta as reivindicacións veciñais que sexan técnicamente viables. E unha vez sexa acordado o trazado cos colectivos afectados, axilice a tramitación administrativa necesaria para levar adiante o proxecto”
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina