A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 21 de novembro de 2019, adopto o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 57646 (10/PNC-004588)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Barreira, María Julia e 7 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa posible introdución por Renfe de modificacións no tren nocturno que une Galicia con Barcelona, así como a realización de melloras nesta conexión
BOPG n.º 552, do 23.10.2019
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar ao Goberno de España que:
1.- A operadora Renfe desista de implantar calquera modificación que represente un incremento no tempo da viaxe e/ou unha diminución do confort dos viaxeiros no tren nocturno que une Galicia con Barcelona.
2.- Levar a cabo actuacións de mellora nas conexións entre Galicia e Barcelona, tanto nas frecuencias, como na duración da viaxe e no confort dos pasaxeiros, e tanto no que atinxe ás conexións diúrnas como nocturnas”