saltar ao contido

Acordos da Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, celebrada o 17 de marzo de 2021

A Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, na súa sesión do 17 de marzo de 2021, adoptou os seguintes acordos:


 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións

 
- 5437 (11/PNC-000654)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Verea Fraiz, Borja e seis máis
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a ampliación do programa de apoio á celebración do Ano Santo Xacobeo 2021
BOPG n.º 52, do 25.11.2020
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a solicitar do goberno de España a ampliación programa de apoio ao Xacobeo 2021 mediante desgravacións fiscais ata o 31 de decembro de 2023."
 
 
- 8039 (11/PNC-000861)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e seis máis
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia instando o Goberno de España a garantir a viabilidade da industria naval por medio do mecanismo de recuperación e resiliencia dos fondos Next Generation e a reclamación ante a Unión Europea da garantía do principio de igualdade na recepción das axudas
BOPG n.º 82, do 26.01.2021
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 3 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a demandar do Goberno de España:
 
1) A que garanta a viabilidade e o financiamento da industria naval, a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia dos Fondos Next Generation.
 
2) A que acompañe ao sector na súa reclamación ante a Unión Europea para que vele por garantir o principio de igualdade e que as axudas doutros Estados membros se axusten ás directrices comunitarias."
 
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 9621 (11/PNC-000994)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e tres máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa introdución de posibles cambios no actual mapa de xeodestinos turísticos de Galicia, a súa publicación e o desenvolvemento dun marco normativo para esas áreas
BOPG n.º 91, do 10.02.2021
 
Sométese a votación a transacción coa emenda do G. P. Popular de Galicia doc. núm. 12878 e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a que una vez atendidas as consultas e achegas relativas á modificación do Mapa de Xeodestinos presentadas polas entidades locais, e segundo o artigo 23 da Lei de Turismo de Galicia, previa consulta aos concellos e entidades supramunicipais, proceder á elaboración e publicación do Mapa Definitivo dos Xeodestinos turísticos de Galicia, así como a desenvolver un marco normativo que regule esta figura e a definición dos seus órganos xestores, funcións, competencias e os mecanismos de modificación do mapa."


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina