saltar ao contido

Noelia Otero Lago toma posesión como deputada do Parlamento de Galicia

 
 
 
Santiago, 22 de xuño de 2021.- O Pleno do Parlamento de Galicia acolleu esta mañá a toma de posesión de Noelia Otero Lago como deputada do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia pola circunscrición de Pontevedra. Substitúe a Isaura Abelairas Rodríguez, recentemente falecida.
 
Noelia Otero Lago (Vigo, 1980) é licenciada en Xornalismo e conta co título de especialista en Información Internacional e países do sur.
 
Exerceu como redactora en Onda Cero entre 2004 e 2005. Dez anos editora e locutora en Cadena Ser Radiovigo. Tres como directora presentadora de programas en TVG con Productora Faro e dous en Telecinco, como reporteira xornalista de El Programa de Ana Rosa. Codirectora do programa Las Cosas Claras, de TVE, entre 2020 e 2021.
Foi directora e coordinadora do Laboratorio de Ideas do PSdeG en 2020.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina