A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar unha sesión o próximo día 8 de febreiro de 2022, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 1 de febreiro de 2022, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Comparecencias
1.1 29446 (11/CPP-000074)
Da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, por petición propia, para informar sobre as políticas da Xunta na loita fronte ao cambio climático
Acumúlase na anterior a seguinte:
1.2 29283 (11/CPP-000072)
Da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, por petición das 19 deputadas e deputados do G.P. do Bloque Nacionalista Galego, para informar e dar explicacións polo acontecido o mércores 26 de xaneiro na xuntanza do Consello Galego do Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel na que se interrompeu de xeito abrupto a xuntanza para impedir a votación dunha proposta sobre o desenvolvemento do sector eólico en Galicia
Punto 2. Mocións
2.1 29365 (11/MOC-000079)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís
Sobre a política do Goberno galego en relación coa licitación do contrato da planta de incineración de Sogama en Cerceda (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm. 21993, publicada no BOPG núm. 202, do 22 de setembro de 2021, e debatida na sesión plenaria do 25 de xaneiro)
2.2 29380 (11/MOC-000080)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Alfonzo, Ramón
Sobre a política da Xunta de Galicia en relación coa crise industrial que asola Galicia (Moción a consecuencia da Interpelación doc. núm 11407, publicada no BOPG núm. 101, do 24 de febreiro de 2021, e debatida na sesión plenaria do 25 de xaneiro)
2.3 29385 (11/MOC-000081)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Arangüena Fernández, Pablo
Sobre a política do Goberno galego respecto da publicidade de datos estatísticos (Moción a consecuencia da Interpelación doc. num. 26939, publicada no BOPG núm. 255, do 12 de xaneiro de 2022, e debatida na sesión plenaria do 25 de xaneiro)
Punto 3. Proposicións non de lei
3.1 6444 (11/PNP-001736)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Por un sistema público galego de servizos de atención ás persoas
Publicación da iniciativa e dos acordos, BOPG n.º 80, 158 e 162, do 21 de xaneiro, e 23 e 29.06.2021
3.2 11710 (11/PNP-001147)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Queixas Zas, Mercedes e 2 máis
Sobre a demanda á Xunta de Galicia para elaborar un plan estratéxico de actuación dirixido a atraer parte dos fondos Next Generation para a reactivación e o impulso da cultura galega
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 105, do 03.03.2021
3.3 12938 (11/PNP-001274)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Nóvoa Iglesias, Marta e 6 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa industria electrointensiva
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 115, do 24.03.2021
3.4 27972 (11/PNP-002466)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Dacosta, María del Carmen e 4 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para que as corporacións locais sexan beneficiarias do Programa de primeira experiencia profesional
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 26.01.2022
3.5 28238 (11/PNP-002481)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Sanromán, María Leticia e Seco García, Martín
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para incrementar o orzamento do programa para impulsar a innovación nas pequenas e medianas industrias
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 264, do 26.01.2022
3.6 28529 (11/PNP-002497)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Feijóo, Alberto e 41 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para dar prioridade ao proceso de deseño da primeira fábrica de fibras téxtiles en España e reiterar ao Goberno de España a necesidade de establecer liñas de apoio no marco dos fondos europeos Next Generation
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 264, do 26.01.2022
Punto 4. Interpelacións
4.1 27317 (11/INT-001404)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e 2 máis
Sobre as actuacións do Goberno galego en relación coa implantación da fábrica de fibras téxtiles da multinacional lusa Altri na comarca da Mariña lucense
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 259, do 19.01.2022
4.2 28362 (11/INT-001429)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
Sobre a política do Goberno galego respecto da execución dos fondos de achega estatal do IV Plan de rescate
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 265, do 27.01.2022
4.3 28627 (11/INT-001436)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre a política eólica da Xunta de Galicia
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 265, do 27.01.2022
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
5.1 29456 (11/POPX-000055)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Álvarez Martínez, Luis Manuel
Sobre as liñas estratéxicas do Goberno galego para facer efectivo o acceso á vivenda
5.2 29458 (11/POPX-000056)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para que a mocidade galega deixe de estar á cola en emancipación
Punto 6. Preguntas ao Goberno
6.1 27419 (11/POP-003979)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Francisco Rivera, Juan Carlos e Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
Sobre os prazos previstos pola Xunta de Galicia para sacar a licitación pública e de libre concorrencia o contrato de xestión da estación de esquí de Manzaneda
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 260, do 20.01.2022
6.2 29457 (11/PUP-000233)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Otero Rodríguez, Patricia e Francisco Rivera, Juan Carlos
Sobre o funcionamento do transporte interurbano de viaxeiros por estrada na comarca do Eume
6.3 29412 (11/PUP-000231)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Verea Fraiz, Borja e 9 máis
Sobre a opinión do Goberno galego respecto das consecuencias de que as desgravacións fiscais aos patrocinadores do Xacobeo non se estendan ata o 31 de decembro de 2023
6.4 26306 (11/POP-003657)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 2 máis
Sobre a recuperación para o público do convento de Santa Clara, en Pontevedra
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 250, do 03.01.2022
6.5 26642 (11/POP-003748)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e 6 máis
Sobre a situación en que se encontra a elaboración dos novos currículos derivados da aplicación da Lei orgánica pola que se modifica a Lei orgánica de educación para a súa aplicación en Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 12.01.2022
6.6 26923 (11/POP-003855)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodeiro Tato, Ovidio e 6 máis
Sobre a situación actual do procedemento para as oposicións no ensino galego
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 12.01.2022
6.7 28740 (11/POP-004273)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre a valoración da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural respecto da Sentenza 14/2020 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 265, do 27.01.2022
6.8 29439 (11/PUP-000232)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Lourenzo Sobral, Manuel Antonio e 2 máis
Sobre a necesidade de ofrecer bacharelato de artes no concello de Redondela
6.9 27413 (11/POP-003978)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e 3 máis
Sobre a actuación do Goberno galego para repoñer a totalidade dos profesionais de atención primaria que teñen asignados o centro de saúde e o PAC de Vilalba
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 260, do 20.01.2022
6.10 28746 (11/POP-004274)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana e 18 máis
Sobre a consideración do Goberno galego respecto da sanción imposta a unha profesional do Servizo de Urxencias do Centro Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 265, do 27.01.2022
6.11 26787 (11/POP-003803)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Egerique Mosquera, Teresa e 6 máis
Sobre as accións postas en marcha para iniciar o desenvolvemento do Plan da cultura marítima de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 255, do 12.01.2022
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, ao abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2022
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente