A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 23 de abril de 2024, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 16 de abril de 2024, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Dación de conta dos asuntos tramitados pola Deputación Permanente desde a disolución da Cámara da XI Lexislatura o 26 de decembro de 2023.
Punto 2. Proposicións non de lei
2.1 425 (12/PNP-000008)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 8 máis
Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego para que siga estendendo a Rede galega de atención temperá
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9, do 11.04.2024
2.2 468 (12/PNP-000021)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Candia López, María Elena e 8 máis
Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe facer ao Goberno central co fin de que modifique o Real decreto 637/2021, polo que se establecen as normas básicas de ordenación das granxas avícolas, no que concirne ás explotacións de autoconsumo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9, do 11.04.2024
2.3 560 (12/PNP-000039)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Tabarés Pérez-Piñeiro, Iago e 5 máis
Sobre a demanda ao Goberno galego dunha auditoría externa en relación coas contratacións de emerxencia do sector público autonómico derivadas da pandemia da covid-19
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9, do 11.04.2024
2.4 804 (12/PNP-000071)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Iglesias Rey, Patricia e Castro Rey, Paloma
Sobre determinadas accións que o Goberno galego debe impulsar en relación co desenvolvemento da Lei 20/2022, do 19 de outubro, de memoria democrática
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9, do 11.04.2024
2.5 874 (12/PNP-000079)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Abalde Alonso, Julio Ernesto e Longueira Castro, Silvia
Sobre as medidas que o Goberno galego debe adoptar co fin de favorecer o acceso á educación superior mediante o establecemento de axudas económicas e a revisión do sistema de taxas académicas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9, do 11.04.2024
2.6 1135 (12/PNP-000108)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e 15 máis
Sobre as demandas dirixidas á Xunta de Galicia en relación coa información que debe trasladar ao Parlamento de Galicia relativa aos concertos co Hospital Ribera Povisa, de Vigo, así como respecto das actuacións necesarias para cubrir por medio da rede pública a atención realizada por este centro
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 9, do 11.04.2024
Punto 3. Interpelacións
3.1 566 (12/INT-000001)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 6 máis
Sobre o desenvolvemento industrial e o seu impacto ambiental
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 10, do 12.04.2024
3.2 814 (12/INT-000023)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Longueira Castro, Silvia e Espinosa Mangana, María Elena
Sobre o modelo das políticas en materia de dependencia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 10, do 12.04.2024
3.3 908 (12/INT-000029)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Gómez, Alexandra e Bará Torres, Xosé Luís
Sobre as estratexias para afrontar a actual crise de acceso á vivenda
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 10, do 12.04.2024
Punto 4. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta de Galicia
4.1 1838 (12/POPX-000001)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gómez Besteiro, José Ramón
Sobre as liñas estratéxicas en materia económica e industrial de Galicia na presente lexislatura
4.2 1841 (12/POPX-000002)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre medidas que vai adoptar o Goberno para a rexeneración democrática
Punto 5. Preguntas ao Goberno
5.1 798 (12/POP-000089)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 2 máis
Sobre o nivel de seguridade e de protección que ofrecen as sedes xudiciais galegas ás vítimas de violencia de xénero
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 10, do 12.04.2024
5.2 857 (12/POP-000103)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pomar Tojo, Carmen María e 8 máis
Sobre a valoración do pacto de investidura entre o PSOE e o PNV para transferir ao País Vasco a xestión do seu litoral ao tempo que o Goberno central ten paralizada a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 10, do 12.04.2024
5.3 776 (12/POP-000083)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Castro Rey, Paloma e 2 máis
Sobre a necesidade da construción dun pavillón cuberto no CEIP Ponte Sampaio para a práctica da actividade física do alumnado
5.4 1827 (12/PUP-000007)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Iglesias Rey, Patricia e Méndez López, Lara
Sobre os fondos cos que a Xunta de Galicia prevé financiar o proxecto de Altri
5.5 742 (12/POP-000072)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pomar Tojo, Carmen María e 8 máis
Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego co obxectivo de que Galicia sexa incluída no Programa Viena, da Sareb, que prevé a construción de 3.500 vivendas para alugueiro accesible en dez comunidades
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 10, do 12.04.2024
5.6 1622 (12/POP-000246)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Pomar Tojo, Carmen María e 8 máis
Sobre o estado en que se atopan as obras dos eixes de mobilidade sustentable que se están a desenvolver nas cidades de Ourense, Santiago e Pontevedra
5.7 1170 (12/POP-000166)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa Olalla e 2 máis
Sobre as medidas que o Goberno galego prevé adoptar para unha mellora na dotación material e profesional da nova Unidade de Coidados Intensivos do Complexo Hospitalario de Ourense
5.8 944 (12/POP-000127)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Fernández Fernández, Secundino e 3 máis
Sobre a situación dos expedientes de solicitude das axudas dos ecorréximes correspondentes á nova fase da Política Agraria Común (PEPAC 2023-2027)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 10, do 12.04.2024
5.9 1837 (12/PUP-000009)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pérez Fernández, Rosana
Sobre as actuacións que prevé levar a cabo o Goberno galego no referido ás axudas económicas para as traballadoras e os traballadores do mar afectados polas chuvias persistentes producidas desde outubro
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria a devandita reunión.
Santiago de Compostela, 16 de abril de 2024
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente