Santiago, 17 de abril de 204.- O embaixador de Ucraína en España, Serhii Pohoreltsev, visitou esta mañá o Parlamento de Galicia, onde mantivo unha reunión de traballo co presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira.
Durante o encontro, Santalices trasladou ao embaixador ucraíno a solidariedade do Parlamento de Galicia e reiterou a súa firme defensa do dereito internacional e a integridade territorial.
Saúdos, Gabinete de Comunicación.