saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 11 de xuño de 2024

3.1    417(12/PNP-000005)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Candia López, María Elena e 8 máis

Sobre as accións que a Xunta de Galicia debe demandar ao Goberno central, así como as que debe poñer en marcha xunto coa Deputación de Ourense, para mellorar o apoio económico á optimización do regadío na Limia

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 6, do 05.04.2024

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta ao goberno galego a:

 

Instar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a que promova un cambio lexislativo que permita non repercutir o IVE non deducible aos regantes e no caso de que este non fora posible, asumir a financiación do 80% de dito IVE.

 

Instar ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a que revise o esquema de financiamento do convenio para evitar que os regantes teñan que avalar o montante total do seu investimento.

 

Instar á Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense a que asuman a financiación do 20% do IVE da actuación, no caso de que non se acade o cambio lexislativo que permita a súa non repercusión."

 

3.2    697 (12/PNP-000057)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Pomar Tojo, Carmen María e 8 máis

Sobre determinadas demandas que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central e á Sareb co obxectivo de garantir o fin social das vivendas propiedade da devandita sociedade

en Galicia

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 9f1, do 11.04.2024

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España e solicite á Sareb (Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria):

1º.- A inclusión de Galicia no Programa Viena para a construción de vivenda en alugueiro.

2º.- Que as vivendas propiedade desta sociedade en Galicia se destinen a usos sociais coa súa cesión gratuíta á Xunta de Galicia, que deberán integrar as vivendas cedidas no parque público de vivenda en alugueiro que xestiona o IGVS. Cederanse á Xunta as vivendas que se atopen en condicións adecuadas para o seu uso ou que precisen pequenas reparacións e non se atopen en ningún tipo de situación legal que impida o seu alugueiro unha vez cedidas".​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina