saltar ao contido

Acordos da Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 4 de xullo de 2024

A Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 4 de xullo de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 5074 (12/PNC-000613)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Amigo Díaz, María Encarnación e 7 máis

Sobre o traballo que debe levar adiante o Goberno galego co fin de seguir impulsando os seus proxectos e compromisos en materia de saúde mental

BOPG n.º 34f1, do 05.06.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 7 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

1º.- Seguir traballando no eido da saúde mental cumprindo o seu compromiso de desenvolver un novo plan nesta materia, como oportunidade para avanzar no fortalecemento da nosa saúde pública, actualizar os nosos programas e intervencións e dotar de recursos para o seu desenvolvemento.

2º.- Continuar co desenvolvemento de proxectos psicoeducativos entre a mocidade galega, impulsando recursos e programas que dean resposta ás características específicas médicas e psicosociais daqueles que a idades temperás presentan un trastorno mental ou risco de padecelo".

 

- 5902 (12/PNC-000709)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Arias Rodríguez, Raquel e 7 máis

Sobre a demanda dirixida ao Goberno galego co obxecto de que aumente a cobertura do programa Xantar na Casa a un maior número de beneficiarios

BOPG n.º 43f1, do 26.06.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 15 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que continúe estendendo o programa Xantar na Casa para que un maior número de galegos poidan beneficiarse do mesmo".

 

Aprobación con modificacións

 

- 3909 (12/PNC-000487)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Carreira Pazos, Iria e Prado Cores, María Montserrat

Sobre as actuacións que a Xunta de Galicia debe levar a cabo respecto da situación material e da dotación profesional do Centro de Saúde de Santa Comba

BOPG n.º 28f1, do 22.05.2024

 

Sométese a votación separada por puntos o texto transaccionado co resultado seguinte:

Punto 1º: resulta rexeitado por 6 votos a favor, 9 votos en contra e 2 abstencións

Punto 2º e Punto 3º (punto 2º da emenda do G.P. Popular de Galicia, doc. 6621): resultan aprobados por 15 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións

Punto 4º: resulta rexeitado por 8 votos a favor, 9 votos en contra e 0 abstencións

 

O texto aprobado é o seguinte:

"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

1º. Acordar co Concello de Santa Comba, no prazo máis breve posíbel, os termos de uso das instalacións municipais para a realización das clases de preparación ao parto garantindo o seu desenvolvemento nun espazo digno e que responda ás necesidades de pacientes e profesionais.

2º. Acordar a firma dun convenio a través do cal acometer as obras oportunas para solucionar as deficiencias do centro".​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina