saltar ao contido

O presidente do Parlamento exercerá como delegado rexio na Ofrenda ao Apóstolo por designación de Felipe VI

 

  • Santalices agradece a designación e reitera a súa lealdade institucional ao Xefe do Estado

 

 

Santiago, 11 de xullo de 2024.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, exercerá como delegado rexio na Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago que se celebrará na Catedral de Santiago o vindeiro 25 de xullo. O xefe  da Casa Real, Camilo Villarino, vén de comunicar ao presidente da Cámara a designación efectuada polo Rei.

 

O presidente do Parlamento agradece o encargo do monarca e reitera a súa lealdade institucional á figura do Xefe do Estado.

 

Santalices Vieira exerceu como delegado rexio na Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago (a que se celebra cada 25 de xullo) nos anos 2016 e 2018, ao tempo que presentou a Ofrenda da Translación de 2017, 2018, 2019 e 2023.

 

A Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago, que se celebra cada 25 de xullo, foi instaurada por Felipe IV en 1643.

 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina