saltar ao contido

Acordos da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 4 de outubro de 2024

A  Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 4 de outubro de 2024, adoptou os seguintes acordos:

 

Procedementos de control e impulso

Proposicións non de lei en Comisión

 

Aprobación sen modificacións

 

- 8538 (12/PNC-000882)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Barreiro Sánchez, Enrique e 8 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno de España co fin de que vele para que en todos os portos que actúan en España como puntos de saída de gando para terceiros países existan postos de control autorizados para as distintas categorías de animais

BOPG n.º 68, do 21.08.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 14 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España, en particular ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, para que poña todos os medios necesarios para emendar esta situación e que se fagan todas as xestións posibles para que cumprindo co establecido no citado Regulamento (UE) 2023/372, se vele para que en todos os portos que actúan en España como puntos de saída de gando para terceiros países, e especialmente no caso do porto de Alxeciras, por ser o máis usado polos operadores galegos, existan postos de control autorizados para as distintas categorías de animais."

 

Aprobación por unanimidade sen modificacións

 

- 5455 (12/PNC-000659)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Valcárcel Armesto, Montserrat e 4 máis

Sobre as accións que o Goberno galego debe levar adiante no relativo á determinación dos protocolos e das medidas de restauración dos solos afectados polos incendios forestais e do equilibrio hidrolóxico-forestal

BOPG n.º 37f1, do 12.06.2024

 

Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 16 deputados e deputadas presentes.

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento insta a Xunta de Galiza a:

 

. Aprobar medidas inmediatas, tal e como recolle a lexislación na materia, dotando do orzamento necesario para realizar os traballos imprescindibles que eviten a erosión, a contaminación dos ecosistemas fluviais e a restauración hidrolóxico-forestal dos montes afectados.

 

. Reclamar ao Goberno do Estado que aplique de igual forma estas medidas, xa que a Confederacións do Miño-Sil é competencia do Estado e é necesario nesa parte importante do terreo galego facer actuacións urxentes.

 

. Informar do seguimento dos traballos impulsados polo fondo público-privado da Xunta para previr os incendios."

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina