saltar ao contido

Santalices participa na asamblea da Conferencia de Presidentes e Presidentas de Parlamentos Autonómicos (COPREPA)

​​

 

  • Abordou cos seus homólogos doutras CCAA os retos e oportunidades que afrontan os sistemas parlamentarios

     
  • O presidente da Asamblea de Madrid, Enrique Ossorio, nomeado novo presidente deste foro institucional

     

Santiago, 4 de outubro de 2024.-  O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Veira, participou hoxe, xunto cos seus homólogos doutras CCAA, na asamblea da Conferencia de Presidentes Presidentas de Parlamentos Autonómicos (COPREPA) que se celebrou nas Illas Baleares.

 

Nesta reunión, os presidentes das cámaras autonómicas abordaron os problemas retos e oportunidades que afrontan os sistemas parlamentarios en xeral e intercambiaron información e experiencias sobre as súas respectivas cámaras autonómicas.

 

A reunión de hoxe aprobou tamén o traspaso formal da Presidencia da COPREPA  ao presidente da Asamblea de Madrid, Enrique Ossorio, quen avogou por defender o marco de actuación que teñen asignado os  parlamentos autonómicos na Constitución, nos estatutos de autonomía no ordenamento xurídico

​ 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina