saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 9 de outubro de 2024

 

                   

4.2 6570 (12/PNP-000683) Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Arias Rodríguez, Raquel e 13 máis

Sobre as demandas que a Xunta de Galicia debe trasladar ao Goberno central co fin de que cumpra determinados criterios do cofinanciamento do sistema galego de dependencia

Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 49f1, do 10.07.2024

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a reclamar ao Goberno de España:

1. Que cumpra o artigo 9 da Lei de dependencia e achegue os importes mínimos por cada dependente atendido establecidos no seu propio Real Decreto de reforma do sistema de dependencia e que está obrigado a financiar.

 

2. Que salde a débeda con Galicia polo incumprimento do pago das contías mínimas das prestacións económicas dende a entrada en vigor do Real Decreto.

 

3. Que cumpra a Lei de Dependencia que lle obriga a cofinanciar o 50% e salde a débeda acumulada con Galicia, en definitiva que aborde o déficit estrutural da financiación da dependencia"

 

​​               

4.5 7344 (12/PNP-000723)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Trenor López, Gonzalo e 12 máis

Sobre a demanda que a Xunta de Galicia debe dirixir ao Goberno central para que intensifique o compromiso coa posta en marcha do tren de alta velocidade entre Galicia e a fronteira de Portugal

Publicación da iniciativa, BOPG n.º 60, do 05.08.2024

 

O texto aprobado é o seguinte:

 

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que intensifique o compromiso coa posta en marcha do tren de alta velocidade entre Galicia e a fronteira de Portugal, para o que é imprescindible e urxente un calendario coas actuacións e investimentos precisos para facelo realidade no prazo máis breve posible e, en particular, unha reserva orzamentaria suficiente para acometer a Saída Sur de Vigo; e avanzar no tramo que vai entre Porriño e a fronteira portuguesa"

 



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina