saltar ao contido

Santalices relaciona a lonxevidade cos hábitos saudables dos galegos

 

 


 

  • Clausurou o Salón Internacional do Turismo Gastronómico en Expourense

 

  • Destaca as posibilidades de Galicia para formar parte das Zonas Azuis cos mellores estándares de calidade de vida

 

 

Santiago, 27 de outubro de 2024.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, relacionou hoxe, na clausura do Salón do Turismo Gastronómico, a lonxevidade da poboación galega cos hábitos saudables na súa alimentación.

 

“Somos unha comunidade agraria, gandeira e pesqueira, o que nos permite ter á man unha variada oferta de produtos frescos e de temporada", dixo, para apuntar aos hábitos alimenticios e á actividade física como a “receita milagrosa" que lle permite á nosa comunidade despuntar polo número de centenarios.

 

Na súa intervención, o xefe do Lexislativo autonómico, lembrou que estas características permiten que Galicia estea a piques de entrar a formar parte do club das Zonas Azuis, como un dos territorios que conforman os mellores estándares de calidade de vida.​​



Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina