Nacemento: Santiago de Compostela - 1971
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 10
Email:
gp-pp@parlamentodegalicia.es
Biografía:
Licenciada e doutora en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Igualdade de Oportunidades, Xénero e Educación Social e en Dirección de Persoal e Recursos Humanos. Avogada especialista en dereito civil e de familia.
Secretaria xeral do Partido Popular de Galicia desde maio de 2022. Directora de campaña nas eleccións autonómicas de 2024 e nas eleccións municipais e xerais de 2023.
Deputada no Parlamento de Galicia na VIII, IX, X e XI lexislaturas. Na última lexislatura foi vicevoceira primeira do Grupo Popular e, na anterior, presidenta da Comisión non Permanente de Estudo para a Igualdade e os Dereitos das Mulleres.
Ademais, exerceu como voceira das áreas de Igualdade, Xustiza, Interior, Administracións Públicas, Emigración, Presidencia e Vicepresidencia. Elixida senadora en decembro de 2015, desempeñou o cargo de voceira adxunta do Grupo Popular ata outubro de 2016 e foi vogal nas comisións Constitucional, de Interior, de Xustiza, Xeral das Comunidades Autónomas e do Regulamento.
Voceira do PPdeG de xaneiro de 2013 a xuño de 2014. Foi concelleira en Santiago desde 2007 ata 2013.