Nacemento: Melide - 1972
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 10
Email:
gp-pp@parlamentodegalicia.es
Biografía:
Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, coa especialidade en Xeografía Aplicada. Técnica en Información e Cultura.
É Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia desde abril do 2024. Anteriormente, desde xuño do 2023, foi vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Desde outubro de 2015 ata setembro de 2018 foi conselleira de Medio Rural e posteriormente conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Foi alcaldesa de Melide desde o ano 2011 ata o 2015, cargo que tamén ocupou entre os anos 2004 e 2007. No ámbito municipal, previamente ás súas responsabilidades como rexedora foi concelleira de Cultura, Deportes e Medios de Comunicación. Foi deputada no Congreso dos Deputados desde 2009 ata 2012 e tamén foi deputada provincial na Coruña entre 2007 e 2009.
Na súa traxectoria profesional ten experiencia xornalística como directora da radio municipal melidense e correspondente en medios de comunicación.