Nacemento: Ourense - 1987
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Circunscrición electoral:
Teléfono: 981 55 15 45
Biografía:
Licenciada en Filoloxía Galega e Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, máster de Profesorado pola USC. Traballou esporadicamente como lingüista e no ensino non regrado. É teleoperadora en excedencia e forma parte do Consello e da Executiva nacional do BNG coa responsabilidade de Acción Feminista. Deputada desde a X lexislatura, durante a que foi portavoz das áreas de Economía, Facenda e Orzamentos e de Industria e Enerxía, ademais das temáticas específicas do territorio de Ourense.