saltar ao contido

Patricia Iglesias Rey

Nacemento: Carballo -

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de A Coruña
A Coruña

Biografía:

Xurista con gran vocación de servizo público, feminista, progresista e con fortes conviccións de xustiza social e igualdade.

Letrada da Xunta de Galicia, logo de superar a oposición no ano 2005 ao corpo Superior da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Galega (subgrupo A1- escala letrados/as). Ocupou distintos postos como letrada en diferentes consellerías, sociedades e axencias públicas da Xunta de Galicia. Dende maio de 2019 foi designada letrada maior do Consello de Contas de Galicia, órgano fiscalizador das contas públicas do sector público galego.

É a coordinadora galega da Asociación de Mulleres no Sector Público, unha asociación de base nacional que aglutina case mil socias e que ten como obxectivo dar maior visibilidade ao talento e ao traballo que desenvolven as empregadas públicas nas diferentes administracións públicas, á presenza paritaria das mulleres no seu seo e ás medidas de corresponsabilidade.

A súa traxectoria profesional centrouse no asesoramento xurídico e na defensa en xuízo, moi especialmente no ámbito do dereito público e nos sectores regulados como o industrial, o enerxético e o mineiro, ao ocupar durante máis de oito anos a asesoría xurídica da consellería da Xunta de Galicia con competencias en economía, industria e innovación. Tamén destaca a súa especialización nos eidos da contratación pública, da integridade institucional e da transparencia e bo goberno.

Directora e relatora de cursos, mestrados e conferencias organizados por diferentes universidades e escolas oficiais das administracións públicas en temas relacionados coas distintas áreas do dereito administrativo. Autora de artigos doutrinais e coautora en obras colectivas sobre contratación pública, subvencións públicas, integridade institucional e prevención da corrupción.

Membro do grupo de integridade da contratación pública da FEMP. Forma parte da Sección de Public Compliance do Consello Superior de Letrados de Comunidades Autónomas.

Imaxe de Patricia Iglesias Rey

Grupo Partido Socialista de Galicia

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Mesa do Parlamento

Maio de 2024
Luns
27
18:30
Xuño de 2024
Luns
03
13:00
Martes
04
10:30
Luns
10
18:30
Martes
18
10:30

Xunta de Portavoces

Xuño de 2024
Martes
04
11:30
Martes
18
11:32

Pleno do Parlamento

Maio de 2024
Martes
28
10:00
Mércores
29
10:00
Xuño de 2024
Martes
11
10:00
Mércores
12
10:00

Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior

Xuño de 2024
Mércores
05
10:30
Mércores
19
10:30

Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Ser.

Xuño de 2024
Venres
07
10:31

Comisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Xuño de 2024
Xoves
13
10:30

Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo

Xuño de 2024
Martes
04
16:05

Mesa da Comisión de Peticións

Xuño de 2024
Luns
10
00:00
Martes
18
00:00
saltar ao pe de páxina