saltar ao contido

Silvia Longueira Castro

Nacemento: Brasilia - 1961

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Circunscrición electoral:

Mapa da circunscrición de A Coruña
A Coruña

Biografía:

É licenciada en Xeografía e Historia pola UNED e máster en Medios de Comunicación pola UDC.

Directora da Fundación Luis Seoane (en excedencia), traballou para diferentes institucións culturais como o CGAC ou o Museo do Mar de Vigo. En 1995 constituíu a primeira empresa de xestión cultural de Galicia, RDO, dedicada á edición derevistas de arte, de exposicións e de coordinación de certames de ensaio, literatura e teatro.

É vicepresidenta da Fundación Vázquez Cereijo/Anne Niktik, dedicada ao legado do artista lucense. Membro do colectivo de educación artística ARTEfacto, da UDC, e da Red Museos-Col (Red Académica de Museología).

Comisionou proxectos de artistas nacionais e internacionais e foi fundadora da Asociación de Críticos de Arte de Galicia. É autora de publicacións de arte e de educación artística, así como de textos en medios de comunicación, revistas e catálogos.

Actividade política:

Foi concelleira de Servizos Sociais do Concello da Coruña entre 2007 e 2019, sendo a responsábel do desmantelamento do poboado chabolista de Penamoa e da construción do Centro Cultural para o Desenvolvemento Social «Ágora». Realizou unha reestruturación dos servizos sociais do Concello da Coruña coa implantación do historial único e dun programa pioneiro en España como o «talón restaurante». É membro da Executiva Provincial do PsdG-Psoe da Coruña.

Imaxe de Silvia Longueira Castro

Grupo Partido Socialista de Galicia

Asistencias aos órganos parlamentarios nos últimos 30 días

Pleno do Parlamento

Maio de 2024
Martes
28
10:00
Mércores
29
10:00
Xuño de 2024
Martes
11
10:00
Mércores
12
10:00

Comisión 4ª, Educación e Cultura

Xuño de 2024
Martes
04
10:30
Venres
14
10:30

Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

Maio de 2024
Xoves
30
10:32
Xuño de 2024
Xoves
06
10:30
Xoves
20
10:30

Comisión Permanente non Lexislativa de Control da Corporación RTVG

Maio de 2024
Venres
31
10:35
saltar ao pe de páxina