Eventos de Presidencia para o día 11 de decembro de 2020
10:00 -Parlamento de Galicia
Constitución da Comisión de investigación para analizar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforros e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex directivos.
10:30 -Despacho
Audiencia con África González, V Premio Executivas de Galicia, investigadora en inmunoloxía, acompañada de Carla Reyes, presidenta de Executivas de Galicia.
10:30 -Parlamento de Galicia
O presidente do Parlamento de Galicia recibe no seu despacho da Cámara a África González, catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo, galardoada co Premio Executivas 2020.
19:00 -Vigo
Acto de toma de posesión de Jesús Vázquez Almuiña como presidente da Autoridade Portuaria de Vigo