Unha delegación de FADEMGA FEAPS visita o Parlamento de Galicia

 
 
Santiago, 20 de marzo de 2013.- Unha delegación de  FADEMGA FEAPS Galicia visitou esta mañá a Cámara autonómica.
 
Durante a xornada, integrantes da Federación de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia mantiveron unha reunión coa presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, e con deputados dos catro grupos parlamentarios, ademais de participar nunha visita guiada á sede do lexislativo autonómico.

Imaxes relacionadas