Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o día 22 de abril de 2014

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 22 de abril de 2014, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.

De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 11 de abril de 2014, a orde do día da sesión é a seguinte:
 
Punto 1. Textos lexislativos
 
1.1 Debate e votación do ditame, elaborado pola Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, da Proposición de lei do Consello Consultivo de Galicia (doc. núm. 16735, PPL-000016).
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 219, do 02.01.2014
Publicación da toma en consideración, BOPG n.º 236, do 12.02.2014
Publicación da asignación a Comisión e apertura de emendas, BOPG n.º 237, do 13.02.2014
Publicación da ampliación do prazo de presentación de emendas, BOPG n.º 246, do 27.02.2014
Publicación da ampliación do prazo de presentación de emendas, BOPG n.º 252, do 12.03.2014
Publicación da ampliación do prazo de presentación de emendas, BOPG n.º 256, do 19.03.2014
Publicación de emendas ao articulado, BOPG n.º 262, do 27.03.2014
Publicación da designación da Ponencia, BOPG n.º 270, do 10.04.2014
 
1.2 Debate de totalidade do Proxecto de lei de medidas urxentes derivadas da entrada en vigor da Lei 27/2013, do 27 de decembro, de racionalización e sustentabilidade da  Administración local (doc. núm. 21335, 09/PL-000017).
Publicación do acordo, BOPG n.º 260, do 25.03.2014
Publicación da ampliación do prazo de presentación de emendas, BOPG n.º 265, do 02.04.2014
Publicación e asignación á Comisión, BOPG n.º 266, do 03.04.2014
Publicación da ampliación do prazo de presentación de emendas, BOPG n.º 269, do 09.04.2014
 
1.3 Debate de toma en consideración da Proposición de lei formulada polo G.P. Mixto, de modificación da Lei 5/2010, do 23 de xuño, pola que se regula unha rede de apoio á muller embarazada (doc. núm. 19052, 09/PPL-000021).
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 241, do 20.02.2014
 
Punto 2. Comparecencias en pleno
 
19411 (09/CPP-000149)
Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias
Da Sra. conselleira de Sanidade, por petición propia, para informar sobre a Estratexia galega contra a obesidade infantil. Plan Xermola
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 240, do 19.02.2014
 
Punto 3. Mocións

 
3.1 22095 (09/MOC-000068)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pombo Rodríguez, Cosme Eladio
Sobre o sistema de préstamo universal dos libros de texto. (Moción, consecuencia da Interpelación núm. 19518, publicada no BOPG núm. 245, do 26.02.2014, e debatida na sesión plenaria do 08.04.2014)
 
3.2 22154 (09/MOC-000069)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Martínez García, María Consuelo
Sobre o  sector da construción naval. (Moción, a consecuencia da Interpelación núm. 12585, publicada no BOPG núm. 166, do 25.09.2013, e debatida na sesión plenaria do 08.04.2014)
 
3.3 22160 (09/MOC-000070)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Calvar, María Carmen
Sobre a nova carteira de servizos en materia de inclusión social. (Moción, a consecuencia da Interpelación núm. 15514, publicada no BOPG núm. 204, do 28.11.2013, e debatida na sesión plenaria do 08.04.2014)
 
Punto 4. Proposicións non de lei en Pleno
 
4.1 17194 (09/PNP-001236)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Baamonde Díaz, Agustín e 6 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego con motivo da conmemoración no ano 2014 do trixésimo quinto aniversario do pasamento de Eduardo Blanco Amor
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 230, do 04.02.2014
 
4.2 20180 (09/PNP-001399)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre a creación dunha comisión parlamentaria de investigación sobre as causas e a determinación de responsabilidades no accidente de Angrois e sobre o estado das infraestruturas ferroviarias de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 250, do 06.03.2014
 
4.3 20429 (09/PNP-001408)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Martínez García, María Consuelo e Beiras Torrado, Xosé Manuel
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de recuperar os salarios e loitar contra a precariedade laboral da mocidade, así como sobre a presentación no Parlamento de Galicia dun plan de incentivación para a creación de traballo cualificado
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 252, do 12.03.2014
 
4.4 21151 (09/PNP-001449)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda e Sánchez García, Antón
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa situación laboral en que se atopan os bombeiros da empresa concesionaria Nanutecnia, o desenvolvemento da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, e a recuperación da xestión dos parques de bombeiros privatizados
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 261, do 26.03.2014
 
4.5 21221 (09/PNP-001453)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sánchez Bugallo, José Antonio e 2 máis
Sobre a presentación polo Goberno galego no Parlamento de Galicia dun plan de xestión do solo industrial, así como a elaboración dun programa de incentivos e axudas para as empresas e os emprendedores que se instalen neses polígonos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 261, do 26.03.2014
 
4.6 21511 (09/PNP-001478)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Adán Villamarín, María do Carme e Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre as modificacións que debe introducir o Goberno galego na Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, co fin de definir a figura de persoa consumidora vulnerable
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 269, do 09.04.2014
 
4.7 21785 (09/PNP-001504)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
González Santín, Juan Carlos e 2 máis
Sobre o desenvolvemento pola Xunta de Galicia das actuacións necesarias para incorporar cláusulas de carácter social nos pregos das súas contratacións públicas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 269, do 09.04.2014
 
4.8 21814 (09/PNP-001505)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez González, Román e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para facilitar o acceso das familias galegas aos libros de texto
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 269, do 09.04.2014
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 15216 (09/INT-000518)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sestayo Doce, Beatriz e 2 máis
Sobre a reforma da Administración de Xustiza
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 199, do 20.11.2013
 
5.2 16162 (09/INT-000568)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Acuña do Campo, María Carmen e 2 máis
Sobre implantación en Galicia das unidades de xestión clínica
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 215, do 16.12.2013
 
5.3 21000 (09/INT-000727)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa
Sobre as consecuencias da posible sobreprodución de leite na campaña 2013-2014
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 261, do 26.03.2014
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 (22185) 09/POPX-000071
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
José Luis Méndez Romeu
Sobre a valoración da xestión do Goberno galego nos últimos cinco anos
 
6.2 (22234) 09/POPX-000072
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Sobre a evolución do nivel de vida da poboación galega
 
6.3 (22235) 09/POPX-000073
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Yolanda Díaz Pérez
Sobre a rectificación da política económica e social

 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 22111 (09/PUP-000105)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para evitar o impacto en Galicia da redacción que presenta o Anteproxecto de lei orgánica do poder xudicial
 
7.2 22131 (09/PUP-000106)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 7 máis
Sobre a valoración do Goberno galego do informe do Ministerio de Xustiza respecto do Anteproxecto de lei orgánica do poder xudicial
 
 
7.3 21645 (09/POP-001915)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Gallego Calvar, María Carmen e 2 máis
Sobre as actuacións levadas a cabo polo Goberno galego para o cumprimento do acordo parlamentario referido á tributación das persoas con pensións da emigración
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 269, do 09.04.2014

7.4 21462 (09/POP-001898)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Barreira, María Julia e Camino Copa, Angel
Sobre a valoración da Xunta de Galicia das medidas necesarias para a mellora do sistema de saneamento e depuración de augas residuais do concello de Monforte de Lemos
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 266, do 03.04.2014
 
7.5 21646 (09/POP-001916)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Quintas Álvarez, María Remedios e 4 máis
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para solucionar o problema de saúde pública que presenta o abastecemento de auga do concello ourensán de Punxín
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 269, do 09.04.2014
 
7.6 21539 (09/POP-001903)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat
Sobre a opinión do Goberno galego respecto da existencia de demanda comercial para o establecemento doutra gran superficie comercial en Vilagarcía de Arousa
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 269, do 09.04.2014
 
7.7 22161 (09/PUP-000107)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Beiras Torrado, Xosé Manuel e 7 máis
Sobre as previsións do Goberno galego respecto da rectificación da política de recortes e privatizacións que está levar a cabo a Consellería de Sanidade
 
7.8 20320 (09/POP-001796)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda e Solla Fernández, Eva
Sobre a política do Goberno galego en materia de dereito á saúde sexual e reprodutiva
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 250, do 06.03.2014
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

Santiago de Compostela,11  de abril de 2014
 
Pilar Rojo Noguera
Presidenta

Imaxes relacionadas