saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 15 de xullo de 2014

 

4.1 24320 (09/PNP-001731)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Grupo Parlamentario Mixto
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co proceso de negociación que se está a desenvolver respecto do convenio pesqueiro bilateral entre España e Portugal, no tocante á frota de arrastre
Publicación da iniciativa, BOPG nº 307, do 25.06.2014
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente co obxecto de que nas negociacións para asinar un novo convenio bilateral de pesca con Portugal:
 
1º. Se demande a reafirmación na consecución dun marco igualatorio para a frota de arrastre de fondo do Cantábrico Noroeste en relación cos buques de arrastre de bandeira portuguesa que pescan nas augas xurisdicionais españolas da zona VIIIc e IXa, mediante a prohibición da actividade pesqueira dos citados buques a fin de semana.
 
2º. Se implemente a dita medida coa translación ao Convenio bilateral España-Portugal do acordo acadado pola Comisión Sectorial do Consello Galego de Pesca e que se postula na inclusión da prohibición da pesca con artes de arrastre as fins de semana para os buques de arrastre que pescan en virtude deste convenio nas augas xurisdicionais españolas».
 
 
4.5 24082 (09/PNP-001714)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Castiñeira Broz, Jaime, e sete deputados/as máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co criterio interpretativo do artigo 25 do Real decreto 20/2012, do 13 de xullo, que estendía aos plans anteriores ao 2009-2012 a supresión das novas concesións de axudas de subsidiación de préstamos do Plan estatal de vivenda e rehabilitación
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG nº 304, do 18.06.2014
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a, para todos aqueles casos afectados polo criterio interpretativo do Ministerio de Fomento, dirixirse ao dito Ministerio para:
 
1. Que modifique o criterio interpretativo do artigo 35 do Real decreto 20/2012, de tal xeito que asuma o pagamento das axudas de subsidiación de plans anteriores ao 2009-2012 aos beneficiarios que presentasen, ou non solicitasen en prazo, e cumpran os requisitos.
 
2. Revogar de oficio as resolucións que denegasen as solicitudes de axuda á subsidiación de vivenda de protección oficial dos plans estatais de vivenda anteriores ao plan estatal de vivenda 2009/2012.
 
3. Ditar, en breve, novas resolucións favorables, nas que se estimen as prórrogas, e desta maneira evitarlles aos afectados acudir aos xulgados e causarlles maiores prexuízos económicos.
 
4. Abrir un período administrativo extraordinario de seis meses para que todos os cidadáns que cumprían os requisitos de prórroga das subsidiacións dos plans estatais de vivenda anteriores ao plan 2009/2012 poidan presentar a solicitude, e que, coa previa revisión do cumprimento de requisitos de cada plan, se proceda á concesión das prórrogas a que teñen dereito».
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina