Xestores administrativos de toda España visitan o Parlamento de Galicia antes de gañar o Xubileo


Pilar Rojo ofreceulles unha recepción no Salón dos Reis acompañada polo expresidente do Parlamento, José María García Leira
 
 

 
Santiago, 11 de outubro de 2010.- Un grupo de xestores administrativos procedentes de toda España visitaron esta mañá o Parlamento de Galicia no marco das actividades organizadas por este colectivo en Galicia coincidindo coa celebración do Xacobeo 2010.
 
A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, ofreceu unha recepción aos visitantes no Salón dos Reis da Cámara galega, un acto no que estivo acompañada polo expresidente da Cámara e tamén xestor administrativo, José María García Leira.
 
Tamén asistiu a cúpula directiva do Consello Xeral de Colexios de Xestores Administrativos de España e os presidentes de diferentes colexios autonómicos e provinciais.
 
Na súa intervención, a presidenta do Parlamento de Galicia desexou unha feliz estancia en Galicia aos seus visitantes e fixo votos porque repitan a visita no futuro.
 
A estadía de máis de 300 xestores administrativos de toda España en Galicia iniciouse o pasado venres e estenderase ata mañá. Hoxe luns, pola tarde, está prevista unha invocación ao Apóstolo Santiago.
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes relacionadas