Minuto de silencio no Parlamento de Galicia en memoria das vítimas dos atentados de París

Santiago, 16 de novembro de 2015.- O Parlamento de Galicia sumouse este mediodía ás diferentes institucións públicas que hoxe gardaron un minuto de silencio en memoria das vítimas dos atentados rexistrados o pasado venres en París, ao tempo que amosa a súa solidariedade co pobo francés. A concentración de repulsa contra os atentados de París tivo lugar na escaleira exterior do Pazo do Hórreo e nela participaron deputados e persoal da Cámara lexislativa e do Valedor do Pobo.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas