Pilar Rojo participa nunha reunión do Comité Permanente da COPREPA na Asemblea de Madrid

 

Santiago, 20 de novembro de 2015.-  A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, participou hoxe nunha reunión do Comité Permanente da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos de España (COPREPA) convocada pola presidenta da Asemblea de Madrid, Mª Paloma Adrados, para abordar aspectos organizativos desta entidade.
 
Na xuntanza participaron tamén a presidenta do Parlamento Vasco, Bakartxo Tejeria; e mailo presidente do Parlamento de Andalucía, Juan Pablo Durán Sánchez.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas