Acordos da Comisión 4.ª, Educación e Cultura, celebrada o 24 de marzo de 2017

A Comisión 4.ª, Educación e Cultura, na súa sesión do 24 de marzo de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 4032 (10/PNC-000375)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela e 3 máis
Sobre as xestións que debe realizar a Xunta de Galicia diante do Ministerio de Facenda do Estado español para dotar o Ateneo de Ourense dun espazo axeitado e coas condicións requiridas para continuar coa súa actividade sen ánimo de lucro
BOPG n.º 57, do 01.02.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dotar ao Ateneo de Ourense, antes de que remate o ano 2017, dun espazo de titularidade pública axeitado e coas condicións requiridas para que esta entidade continúe coa súa actividade sen ánimo de lucro."
 
- 5391 (10/PNC-000517)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre a dotación polo Goberno galego dunha praza máis de docente ao Centro Rural Agrupado Antía Cal de Muras
BOPG n.º 75, do 01.03.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a fornecer o Centro Rural Agrupado Antía Cal de Muras cas prazas docentes correspondentes una vez valorados os informes específicos recentes do equipo de orientación e da inspección educativa."

Imaxes relacionadas