Acordo da Comisión 7ª. Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o día 2 de xuño de 2017

A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 2 de xuño de 2017, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 7779 (10/PNC-000814)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiros Guinarte, Silvestre José e 6 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa creación dun fondo forestal nacional co fin de incentivar as externalidades positivas dos montes ordenados, así como a regulación do seu funcionamento
BOPG n.º 100, do 19.04.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 8 votos a favor, 2 votos en contra e 1 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para:
 
.              Crear  un  FONDO  FORESTAL  NACIONAL,  co  obxecto  de  incentivar  as externalidades positivas dos montes ordenados, cos seguintes obxectivos:
 
-              A compensación ós titulares de montes que cunha xestión sostible xeran servizos medioambientais dos que disfruta a sociedade en xeral.
 
-              A ampliación da superficie forestal que xera os devanditos servizos, ben por reforestación  ou  ben  por  implantación  de  xestión  forestal  sostible  sobre masas persistentes.
 
-              A protección das masas forestais xeradoras de servizos ambientais fronte ós factores que as ameazan singularmente a adaptación do cambio climático.

-              Potenciar o efecto sumidoiro dos nosos montes.
 
.              Regular o funcionamento do FONDO FORESTAL NACIONAL, que garantizará a participación das Comunidades Autónomas e establecerá a orixe das contribucións ó Fondo, máis concretamente en:
 
-              A  porcentaxe  que  regulamentariamente se determine da subhasta  de dereitos de emisión.
 
-              As taxas que deberían aboar as empresas de abastecemento e depuración de augas e as compañías de distribución de combustibles fósiles polos servizos que o monte lles presta.
 
-              A cantidade que se asigne nos Presupostos Xerais do Estado”.
 
 

Imaxes relacionadas