O Parlamento de Galicia expresa a súa condolencia a Portugal polos falecidos no incendio de Pedrógão Grande

Santiago, 19 de xuño de 2017.- O Parlamento de Galicia celebrou este mediodía unha concentración dun minuto de silencio nas escaleiras exteriores do edificio para expresar a súa solidariedade e condolencia a Portugal polos falecementos rexistrados no incendio forestal iniciado no municipio de Pedrógão Grande, no interior do país.
 
Encabezada polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, a concentración contou coa participación de deputados e deputadas e persoal da Cámara e dos grupos parlamentarios. Tamén acudiu a valedora do Pobo e persoal da  institución.
 
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas