A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 14 de xullo de 2017, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 10039 (10/PNC-001042)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez-Vispo Rodríguez, Marta María e 8 máis
Sobre a elaboración polo Goberno galego dunha App para dispositivos móbiles que facilite os recordatorios, así como o acceso aos datos de vacinación dos nenos e das persoas adultas
BOPG n.º 128, do 14.06.2017
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 2 votos en contra e 3 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a elaborar unha App para dispositivos móbiles que facilite recordatorios e acceso aos datos de vacinación dos nenos e adultos."